PEQUECIES

PEQUECIES
El blog de Educación Infantil del CEIP Illas Cies

jueves, 19 de mayo de 2022

Camiña cara a cultura galega. Letras Galegas 2022

Esta semana festexamos a 1° Semana Cultural do CEIP Illas Cíes.

Hoxe tocaba centrarnos no noso folclore e o traxe Galego. Así que da man do grupo folclórico No colo do Vento, tivemos unha súper exhibición de Baile Galego. 


O alumnado de infantil quedou abraiado co vestuario e cos bailes. Ao final, mesmo nos animamos a practicar algún pasiño de baile e a tocar a pandereta e as cunchas. 


Foi moi divertido!!
Moitas grazas pola vosa colaboración!! 

jueves, 5 de mayo de 2022

Creamos extraterrestres. 5 anos.

Fixemos unha actividade moi divertida. Debíamos crear cada un os seus extraterrestres empregando material libre: goma eva, limpiapipas, ollos móviles, cartolina. Quedaron de maravilla sodes unhos artistas!.

Conferencia de Alan. 5 anos

Alan expuxo o planeta Neptuno. Contounos que é un planeta moi frío e non hai vida. Queda moi afastado do Sol. Qué ben o fixeches Alan. Noraboa!.

martes, 3 de mayo de 2022

Proxecto Universo

Hoxe Xoel mostrounos o marabilloso traballo que fixeron na casa seu pai, súa nai e él, e así poidemos ver de cerca os planetas, que por certo causaron unha gran motivación n@s pequen@s. ¡Moitas grazas pola vosa colaboración familia! Sodes uns artistas!!!

lunes, 2 de mayo de 2022

Galaxia. 5 anos

Creamos unha galaxia con goma eva brillante, goma eva normal e cartolina. Cada neno e nena co material debía construír a súa propia Galaxia. Quedáronos moi bonitas todas e cada unha distinta.

Conferencia de Lucía S. 5 anos.

Lucía S. fixo moi ben a súa exposición aínda que o principio lle daba algo de vergoña. Contounos que Saturno ten varios aneis, é o segundo planeta máis grande, é gaseoso e moi lixeiro se houbera un mar flotaría. Parabens Lucía S. o fixeches fenomenal.

Conferencia de Érika. 5 anos

Érika presentounos o planeta de Urano é un planeta moi frío xa que queda moi afastado do sol. Ademais ten 27 lunas e é de cor azul. Qué ben o fixeches Érika noraboa!.