PEQUECIES

PEQUECIES
El blog de Educación Infantil del CEIP Illas Cies

sábado, 24 de septiembre de 2022

Festa da vendima en infantil (3, 4 e 5 anos)

Durante este curso escolar levaremos a cabo un proxecto titulado "Galicia Máxica". Neste proxecto profundizaremos sobre aspectos típicos de Galicia: dende festas, tradicións, construccións, seres mitolóxicos e máxicos... E non podíamos comenzar doutra maneira que festexando a Vendima.  

Nela puidemos ver todo o proceso: dende a recolección das uvas, o pisado e prensado das mesmas ata a obtención do zumo das uvas.

Foi una festa moi divertida!!! Queredes velo? 

miércoles, 21 de septiembre de 2022

Psicomotricidade en 3 anos

Esta semana coñecimos a aula de psicomotricidade. Un aula chea de novos  xoguetes e materiais cos que imos pásalo xenial. A ela que acudiremos dous días a semana a facer xogos moi divertidos. 
Na sesión de hoxe fixemos un breve percorrido con obstáculos. 

Ademáis fixemos un sendeiro con aros, para practicar os nosos saltos e a destreza motora. 




jueves, 8 de septiembre de 2022

Inicio curso en 4 anos

Por fin comezamos o novo curso escolar!!! 👏🏻👏🏻👏🏻
Hoxe foi un día cheo de emocións. 
Nada máis chegar ao cole atopámonos cunha provación con xornais. 

As provocacións son unhas estratexias metodolóxicas moi empregadas en infantil, que consisten nunha actividade non dirixida que invita  ao alumnado a  explorar, disfrutar, actuar e xogar libremente con diferentes materias propostos polo docente, segundo as motivacións de cada neno/a. 

Tamén tivemos tempo de visitar as galiñas e comprobar o moito q medraron nestes meses de verán. 
Pero sobre todo,  hoxe divertimos e socializamos cos amigos/as da escola.

Quedamos con moitas ganas de voltar mañá de novo ao colexio!!