PEQUECIES

PEQUECIES
El blog de Educación Infantil del CEIP Illas Cies

lunes, 28 de junio de 2021

Pechado por vacacións!!

Chega o momento de despedir este curso escolar.
Ímonos de vacacións pero voltamos en setembro con máis enerxía!! 

martes, 22 de junio de 2021

Despedida 5 años

Hoxe foi un día cheo de emocións!!! O final dun ciclo e o comezo dunha nova etapa e por iso... fixemos unha festa por todo o alto!!!


Ademais déixovos un resume dos mellores momentos vividos durante estes 3 anos!!


Pásade unhas boas vacacións e vémonos a volta, porque espero que me fagades moitas visitas a miña aula!!


Botáreivos moito de menos!! ❤️

Despedida do curso. 4 anos

Grazas por todo. Deíxovos un resumo deste curso e de todo o que fixemos. Felices vacacións!

 

lunes, 21 de junio de 2021

Color Esperanza. 4 anos

Bailamos as 12.30 a canción Color Esperanza pasámolo moi ben todos xuntos neste acto simbólico de fin de curso.

Cumpreanos de Martina. 4 anos

Martina cumpriu 5 anos qué contenta estaba. Demos cinco voltas arredor do sol e cantamos cumpreanos feliz. Parabens Martina!

Cumpreanos de Xián. 4 anos

Celebramos o aniversario de Xián seguindo o método Montessori e ensinounos un montón de recordos de cando era pequeno: fotos, pulseira do hospital..Parabéns Xián!

viernes, 18 de junio de 2021

Últimos aniversarios da aula e letras con policubos en 5 anos

Hoxe conmemoramos os aniversarios do alumnado que cumpre anos en verán. 



Tamén aproveitamos para traballar o abecedario, construindo as letras cos policubos. 
Os policubos son un material moi versátil que nos serve para traballar series, conteo, construcción, medicións... 

Fai uns días falamos de que con este material podemos construir os números e as letras e hoxe aproveitamos para facelo!! 



Como vedes estaban entusiasmados creando as diferentes letras!!!


Última manualidade do curso

Hoxe fixemos a última manualidade do curso: pintamos un pao de madeira, dos que fomos recoller hai xa algún tempo, na zona da horta escolar.


Este pao servirá para poder suxetar o corazón no acto de despedida do vindeiro luns. 
Para elo empregamos témpera de diversas cores.

Tamén vimos a orla escolar que levarán ás casas o 22 de xuño e colocamos una cinta e unha pegatina co noso nome nelas.
Cada vez quédannos menos cousiñas por rematar....

jueves, 17 de junio de 2021

Marcapáxinas de Dinosaurio. 4 anos

Rematamos o Proxecto dos Dinosaurios facendo un Marcapáxinas de Dinosaurio. Empregamos o papel de burbulla para estampar a témpera e botámoslle purpurina por riba. Mañá levarémolos para as nosas casa.

Hermanito de Xián. 4 anos

Xián hoxe veu moi emocionado ó colexio, por fin coñeceu o seu irmán Anxo. Enseñounos unhas fotos del na pantalla e explicounos un montón de cousas: o que come, cómo chora, que usa pañal.. Noraboa familia qué sorte vai ter Anxo con ese irmán maior.

miércoles, 16 de junio de 2021

Manualidade corazóns en 5 anos

Estamos a piques de rematar o curso e temos previsto organizar un acto de  despedida con todo o alumnado o luns 21 de xuño no patio exterior.

Para este acto cada curso debía decorar un corazón cunha determinada cor. 

A nosa aula tocounos o dorado e non podíamos estar máis contentos/as!!! 
Así que puxémonos a facer unha especie de mosaico con todos os elementos dorados que temos na aula: pedras, abelorios, fios, cintas, gómets, goma eva e, por suposto, non podía faltar a purpurina. 


Mañá recortarémolos e pegarémoslles un pao de madeira e listos!! 


Mural de Thiago. 4 anos

Fixemos con traballo colaborativo un mural para Thiago enchémolo de recordos especiais e firmamos co noso nome e algún debuxo por detrás. Thiago moita sorte nesta nova andaina!.

martes, 15 de junio de 2021

Portadas rematadas eb 5 anos

Hoxe rematamos as portadas dos nosos traballos. 

Para facer o fondo (onte) empregamos a técnica de pintar con pulverizador, mesturando cor negra, branca e azul escura con un pouco de auga.

E hoxe creamos as escaleiras con depresores de cores, recortamos as nosas fotos subiendo as escaleiras e tentando tocar a lúa, creamos a lúa con discos de algodón desmaquillante (que pintamos con pipeta) e finalmente decoramos o ceo con gómets de estrelas doradas e prateadas.

Tamén tivemos tempo de xogar un ratiño por rincóns a xogos de lóxica, regletas e construccións. 

Extinción dos Dinosaurios. 4 anos

Esta semana remataremos o Proxecto dos Dinosaurios. E comezamos a facer hipóteses de porqué de extinguiron: un volcán, meteoritos. Vimos un vídeo onde nos explicaba que a teoría científica é que desapareceron por unha choiva de meteoritos. Así que recreamos a Terra cos Dinosaurios e cada neno e nena con pompóns fixemos unha choiva de meteoritos. Qué divertido!

lunes, 14 de junio de 2021

Bolsas fin de curso e portadas terceiro trimestre en 5 anos

Xa estamos rematando o curso e o ciclo de infantil!!! Por iso, durante estes días estamos rematando as últimas cousiñas que nos quedan para levar os nosos traballos a casa e os agasallos da graduación.
Hoxe rematamos de decorar as bolsas de fin de curso, onde levaremos as orlas e os agasallos.

Tamén comezamos coas portadas para levar a casa os nosos traballiños.
Para elo empregamos unha nova técnica artística moi divertida: pintar con pulverizador.


Nos vindeiro días iredes vendo como están quedando as nosas portadas... 

viernes, 11 de junio de 2021

Circuito de Educación Vial e grafismo animais equipos en 5 anos

Hoxe foi venres e tocaba ir ao aula de informática. Nesta ocasión cada neno/a elixiu o xogo co que quería xogar, de entre todos os que fomos xogando neste último trimeatre.


Tamén na hora de lecer, coa profe Raquel, aproveitamos para estrear o circuito de Educación Vial, que construí o noso cole. 




E finalmente comezamos a facer cousiñas para decorar a bolsa onde levarán os agasallos de fin de curso. 


Cada neno/a tiña que pintar e decorar con grafismos o animal do seu equipo de traballo. 



jueves, 10 de junio de 2021

Grafismo creativo e preparándonos para a graduación en 5 anos

Hoxe rematamos o grafismo creativo do Arco da Vella.

Ademáis fomos probar on nosos birretes, e comprobamos que nos quedan xenial!


Circuito Vial. 4 anos

Estreamos o novo Circuito Vial do colexio coas motos. Fíxonos moitísima ilusión e pasámolo moi ben. Eso sí debíamos fixarnos nas sinais para conducir ben¡.

Pluma voando. 4 anos

Apareceron unhas plumas na clase e vimos se eran pesadas ou lixeiras. Despois pegamos as plumas na folla cada un do color que quixo. A continuación escoitamos a música do vento e debíamos recrear o camiño da pluma voando co vento. Facemos grafismo dunha forma divertida.

miércoles, 9 de junio de 2021

Papel de burbulla en 5 anos

Hoxe empregamos unha nova técnica plástica na aula: pintura con papel de burbulla.
Para esta técnica temos que forrar os rodillos de plastilina con papel de burbulla. Logo xiramos o rodillo, empapado en témpera nun folio en blanco e a divertirse...

O obxectivo era crear o fondo dun ceo para unha actividade de grafismo creativo dun arco da  Vella, que estamos facendo estes días. E que mañá remataremos.


Como o papel de burbulla é moi motivador. Despois da actividade, aproveitamos para empregar diferentes técnicas e experimentar con el. 
Cada neno/a colleu un novo anaco e experimentamos: explotamos as burbulla, pintamos con xiz, pintamos con acuarela e con rotuladores e logo botamoslle auga por enriba, recortamos, pegamos Gomets, creamos cometas, estampamos con simetrías coloreando una metade e dobrando despois o papel para que se transferise a cor na outra metade.... En fin, un sinfín de experiencias que xurdiron de forma espontánea polos propios alumnos/as. 

Tamén rematamos os nosos birretes para a graduación e festa de infantil, que celebraremos na aula o día 22 de xuño.

Corazón con Puntillismo. 4 anos

Comezamos a preparar unhos corazóns para o acto conmemorativo de fin de curso. Empregamos a técnica do puntillismo con bastoncillos. Enchemos o corazón con puntiños verdes cómo nos gustou.

martes, 8 de junio de 2021

Bocata vexetal en 5 anos

Hoxe preparamos para merendar un delicioso bocata vexetal, pois aínda nos  quedaba algunha leituga no horto escolar.

 
Con moito coidado lavamos as leitugas e preparamos os ingredientes para facer os bocatas.


Recibimos a visita dun chef moi especial, que nos explicou o saudable que é comer vexetais, verduras e hortalizas. 



E por fin chegou o mellor... degustalos nos patio!! 😋


Tamén rematamos de facer os birretes e borlas que nos quedaron onte pendentes. 

E eliximos a cor do lápiz que nos imos levar, como agasallo de recordo por ter rematado educación infantil.



Un bonito agasallo que levarán a casa o último día de clase, para que no se esquezan de min nin desta bonita etapa escolar.