PEQUECIES

PEQUECIES
El blog de Educación Infantil del CEIP Illas Cies

viernes, 29 de abril de 2022

Día do Libro. 5 anos

Este venres celebramos o día do Libro posto que o venres pasado non puidemos por mor do tempo. Cada neno e nena escolleu o seu libro preferido e o vimos sentados no horto. Despois tamén lles limos un conto as profes. Cómo nos gusta os libros!.

miércoles, 27 de abril de 2022

Coidado das Galiñas. 5 anos

Esta semana tócanos o Galiñeiro: picamos o pan para darlles de comer, collemos pienso, tamén palla para facerlles o niño e collemos os ovos que van poñendo as galiñas. Cada día por equipos repartimos estas tarefas e coidamos as galiñas. Encántanos o Galiñeiro como podedes ver no vídeo!.

Cinturón de Asteroides. 5 anos.

Creamos un Cinturón de Asteroides. Mollamos o tubo de papel hixiénico en pintura e estampamos para crear un asteroide e despois enchemos o asteroide con plastilina. Qué ben nos quedou o cinturón de asteroides.

martes, 26 de abril de 2022

Conferencia de Shalma. 5 anos

Shalma trouxo pintado o planeta Saturno quedoulle moi bonito e contounos varias cousas sobre o planeta: ten aneis como outros planetas pero o seus brillan. Queda afastado do Sol. Parabens Shalma unha gran exposición!.

Conferencia de Alejandro. 5 anos

Alejandro fixo unha maqueta de cohete co planeta Marte e tamén pintou un planeta. Na exposición deulle un poco de vergoña pero o final fíxoo moi ben. Contounos que se chama o planeta vermello que ten color polo óxido e hai moitos cráteres. Noraboa Alejandro polo traballo e esforzo.

Burato Negro. 5 anos

Seguimos traballando o Espazo co tema dos Burato Negros e fixemos grafismos simulando un burato negro. Qué ben nos quedou!.

Conferencia de Xián. 5 anos

Xián expuxo o planeta Venus é igual de tamaño ca terra, chámase así pola deusa do Amor, e tamén se chama Estrela do Pastor. Ademais trouxo unha maqueta chulísima de Venus. Qué ben o fixeches Xián noraboa!

lunes, 25 de abril de 2022

Conferencia de Saleta. 5 anos

Saleta explicounos o Planeta Terra. Ademais trouxo unha maqueta chulísima da Terra e do Sol. Contounos que a Terra se chama Planeta Azul pola cantidade de Auga que ten vida e xira o redor do Sol. Parabens Saleta un traballo extraordinario!.

Conferencia de Lucía P. 5 anos

Lucía P. a semana pasada estivo maliña e expuxo hoxe o seu traballo de Neptuno. É un planeta moi afastado unha nave tarda 12 anos en acadar Neptuno. Qué ben expuseches Lucía P. Noraboa polo teu traballo.

Conferencia de Sergio. 5 anos

Sergio falounos do planeta Mercurio. O planeta máis pequeno do Sistema Solar e con moito frío pola noite e moita calor polo día. Tamén ten nubes de tormenta. Qué ben o fixeches. Parabens Sergio!

sábado, 23 de abril de 2022

Día do Libro. Marcapáxinas. 5 anos

Decoramos unhos marcapáxinas polo día do Libro tamén íamos saír a facer unha lectura ó aire libre pero debido o mal tempo pospúxose a vindeira semana. Qué ben nos quedaron os marcapáxinas.

viernes, 22 de abril de 2022

Xogos do Espazo de Enzo e Teo. 5 anos.

Enzo e Teo trouxeron as súas tablets e ensináronnos dous xogos incribles do Espazo. Nun víamos en varias dimensións o Sistema Solar e nos achegaba a varios planeta, noutro completábamos misións e tiñamos que adiviñar acertijos do Sistema Solar. Qué divertidos. Grazas Enzo e Teo.

Burato Negro. 5 anos

Continuamos co Proxecto do Espazo. Hoxe falamos dos Buratos Negros e os seus perigos. A continuación, fixemos unha ficha na que debíamos colorear un burato negro e pintar con témpera azul ó seu redor.

jueves, 21 de abril de 2022

Choiva de Estrelas. 5 anos

Facemos unha choiva de Estrelas cunha nova técnica: o cepillo de dentes. Mollamos o cepillo en pintura fosforita e movemos as cerdas de adiante a atrás e coas salpicaduras facemos pequenas estrelas. Qué divertido foi pintar así.

miércoles, 20 de abril de 2022

Lectoescritura espacial. 5 anos

Na Asamblea xogamos a un Xogo novo. Debíamos ler as palabras que viñan na tarxeta e das tres palabras soamente unha se correspondía coa imaxe da tarxeta. Así, léndoas averiguábamos cal se correspondía e cales non. Foi un xogo moi divertido e ao mesmo tempo nos iniciamos na lectura de cara a Primaria.

Nebulosas espaciais. 5 anos

Falamos das Nebulosas espaciais e facemos unhas con papel de burbulla impregnado en pintura branca. Qué ben nos quedaron!.

martes, 19 de abril de 2022

Conferencia de Miguel. 5 anos

Miguel tamén trouxo unha maqueta do Sol e o resto de planetas alineados en torno a él. Expuxo moi ben o Sol explicounos que é unha estrela non un planeta. Emite luz e calor e é de cor amarelo. Parabens Miguel fixéchelo de maravilla!.

Conferencia de Héctor. 5 anos

Héctor fixo unha maqueta de Urano coa axuda do seu pai incrible. Onde aparecía Urano e o resto de planetas do Sistema Solar ademais de cinturóns de Asteroides. Explicounos que Urano é un planeta moi frío e non ten vida porque é gaseoso e líquido. Qué bo traballo Héctor noraboa!.

jueves, 14 de abril de 2022

The Rocket. 5 anos

Traemos un novo Xogo relacionado co Proxecto do Espazo e as matemáticas: The Rocket. É un xogo de matemáticas Abn onde podemos realizar varias actividades: descompoñer o número 10, pares e impares, xogar por parellas a compoñer o número que nos toca nas tarxetas... É un xogo moi divertido e completo e ademais traballamos as matemáticas de forma manipulativa.

viernes, 8 de abril de 2022

Tocador. 5 anos.

A familia de Julia restaurounos un moble que había na escola e fixéronnos un tocador para o Recuncho da Casiña. Estábamos moi emocionados o abrir o papel e ver que era un moble novo. Agora quédanos equipar ese novo Recuncho e desfrutalo moito xogando. Grazas familia por facelo posible.

Esgrafiado. 5 anos

Facemos unha técnica que nos encanta: o Esgrafiado. Primeiro pintamos todo a folla con ceras de cores como se fose un arco iris, despois cubrimos todo o que pintamos con cera negra. Foi moi traballoso pero había que cubrilo ben. Finalmente con punzóns debuxamos cousa relacionadas co espazo e descubrimos que o debuxar aparecen de novo as cores. Qué ilusión!.

jueves, 7 de abril de 2022

Estrela Fugaz. 5 anos

Continuamos co Proxecto do Espazo e falamos das estrelas fugaces.Primeiro debíamos estampar a estrela cunha esponxa e despois facer a cola con outra esponxa de semicírculo. Qué ben nos quedou.

Conferencia de Martina. 5 anos.

Martina presentounos o Planeta Marte. O segundo planeta máis pequeno, cheo de ferro por eso o seu color de óxido. Parabens Martina. Fixéchelo moi ben.

miércoles, 6 de abril de 2022

Búsqueda de Ovos e Poliño de Pascua. 5 anos

Fixemos un Poliño de Pascua picámoslle o corpo, pegámoslle dous olliños e plumas e troquelamos goma eva para decorar o cascarón. Quedou moi bonito. Ademais repetimos a experiencia do ano pasado da búsqueda de ovos de Pascua. Estaban escondidos no Patio e por equipos debíamos encontralos e metelos na cesta. Despois na merenda os degustamos. Qué ricos sabían!.

Búsqueda de ovos de Pascua. 3 anos

Hoxe foi un día moi especial, o coelliño de Pascua deixounos no patio escondidos, un moontón de ovos de Pascua deliciosamente chocolateados. Pasámolo xenial.

martes, 5 de abril de 2022

Astronauta. 5 anos

Falamos do que precisa un Astronauta para viaxar ó espazo. Despois debíamos picar os distintos elementos necesarios: casco, botas,guantes, gafas.. e pegarllo encima para que puidera viaxar ó espazo.

Conferencia Enzo e Teo. 5 anos

Teo expúxonos o planeta Venus contounos un montón de cousas: hai moitos volcáns, é moi quente e se chama así pola deusa Venus. Ademais decorou un planeta de Venus con poliespán quedoulle xenial. Enzo expuxo Mercurio o planeta máis pequeno, ten moitas rochas e minerale está moi preto do sol. Tamén decorou o seu planeta Mercurio en tamaño máis pequeno e de cor gris. Parabens Enzo e Teo qué ben o fixestes!.