PEQUECIES

PEQUECIES
El blog de Educación Infantil del CEIP Illas Cies

viernes, 22 de junio de 2018

GRADUACIÓN 6º INFANTIL


O alumnado de 6º Infantil representamos a obra de teatro "A princesa que bocexaba a todas horas". Aquí podedes vela!!!!!





Teatro: A princesa que bocexaba a todas horas





domingo, 17 de junio de 2018

festa da auga

O venres 15 de xuño foi un dos días máis divertidos do curso porque celebramos a Festa da Auga, con catro divertidísimos xogos relacionados coa auga: Carreira de relevos, pañuelito con globos de auga, bomba con esponxas de auga e búsqueda de obxectos sumerxidos na auga.

jueves, 14 de junio de 2018

CUMPLE DE DAVID

Sesión Psicomotricidade co pai de Lola en 6º Infantil

O pasado martes 12 de xuño tivemos unha visita moi especial en Infantil: o pai de Lola, que veu para impartir unha divertidísima sesión de psicomotricidade co noso alumnado. Foi xenial e os alumn@s están desexando que volva outra vez a impartir outra sesión!!! Moitas Grazas pola túa colaboración!!!!

martes, 12 de junio de 2018

visita familia Silvia e Lola

Para rematar este curso escolar, hoxe visitounos todo un superheroe: o pai de Silvia e Lola, Dany!!Veu cargado dun montón de probas que tivemos que superar!!Queredes velo?Pois adiante!!!

domingo, 10 de junio de 2018

Os Maios

E seguimos coas tradicións no cole e, agora, é o turno do alumnado de 3 anos para que nos amosen que tradición investigaron, construíron, decoraron e,sobre todo, aprenderon, traballaron e desfrutaron!!!Mirade!!!

sábado, 9 de junio de 2018

Novo patio infantil

Estamos transformando o patio de infantil nun espazo máis constructivo con novos xogos. Así de ben o pasamos o alumnado de 6° de infantil.

SAÍDA A GRANXA ESCOLA SERANTELLOS

O PASADO MARTES 5 DE XUÑO FOMOS VISITAR A GRANXA DE SERANTELLOS EN CAMBADOS. ALÍ DIVIDIRON O ALUMNADO EN CATRO GRUPOS (PORCOS, COELLOS, PATOS E GATOS) PARA FACER OS DIVERSOS OBRADOIROS .
FOI UN DÍA XENIAL, ONDE APRENDIMOS A FACER PAN, SEMENTAMOS XIRASOIS, E COIDAMOS GALIÑAS, CABALOS, PATOS, COELLOS E OVELLAS.

miércoles, 6 de junio de 2018

Novas no patio de Infantil!!

Hoxe tivemos a sorte de inaugurar a rampa-escaleira na que poderemos subir, baixar, trepar, agocharse...Así o noso alumnado, a través deste "xogo",terá a oportunidade de desenvolver a súa forza, mellorar o seu equilibrio e a súa coordinación, terá que establecer unha conexión corpo/mente e estará obrigado a establecer, tamén, razoamentos lóxicos. Aínda nos quedan máis sorpresas para o noso patio que, pouco a pouco, imos transformar!!Queremos agradecer a Xosé a súa axuda na construción de todos os materiais que temos pensado realizar: moitísimias grazas!!!Mirade que ben o pasaron!!






lunes, 4 de junio de 2018

visita familia Mateo

Hoxe tivemos a visita da familia de Mateo. Ensináronnos un pouquiño da nosa cultura. Queredes saber que nos trouxeron a clase?Pois só tedes que ver o vídeo!!Adiante!!