PEQUECIES

PEQUECIES
El blog de Educación Infantil del CEIP Illas Cies

miércoles, 30 de octubre de 2019

Cociñando en Samaín

Este ano para celebrar a festa do Samaín decidimos realizar un obradoiro de cociña terrorífica co alumnado nas diferentes aulas de infantil.


  • en 4º de infantil fixemos mans terroríficas e xiringas de sangue.
  • en 5º de infantil momias e escobas de bruxas.
  • e en 6º de infantil mazás podres e dedos cortados.
Pero o máis divertido foi a merendola que fixemos despois, onde degustamos todas as nosas creacións.

Taller de Audicion e Linguaxe. 3 anos

No taller de Audicion e Linguaxe coa profe Ana aprendemos campos semanticos de froitas e animais

Disfraces de Samain. 3 anos.

Que ben o pasamos na festa do Samain e que guapos todos disfrazados.


Cabazas de 3 anos

Amosamos as cabazas feitas cos nenos e as suas familias. Grazas pola colaboracion.

martes, 29 de octubre de 2019

Búsqueda do tesouro. 5anos.

Hoxe visitamos a biblioteca do cole . Crocus, a mascota, deixounos unha serie de pistas para que atopásemos un tesouro agochado na biblioteca. Eran unhas moedas de chocolate e uns marcapáxinas que logo pintamos na aula.


Xogo orientación espacial en 4 anos

Este xogo consiste en reproducir unha imaxe, seguindo un modelo determinado. Con este tipo de xogos o alumnado traballa nocións básicas espaciais como arriba e abaixo, esquerda e dereita, a lateralidade e a orientación espacial.

Cumple Gabriel 4 anos

Hoxe Gabriel cumpliu 4 anos. Celebramos o seu cumpleanos vendo algunhas fotos de cando era máis pequeniño. Para celebrar o seu cumple empregamos o método "A celebración da vida" de Montessori, onde o neno se sitúa no mes do seu nacemento (neste caso outubro) e mentres lle cantamos unha canción, o alumno debe percorrer os doce meses do ano co globo terráqueo nas mans.
Con esta celebración os nenos/as profundizan na comprensión do paso do tempo ao recoñecer canto creceron e como cambiaron dende que naceron, ademais pouco a pouco o alumnado introdúcese en conceptos como o ano, os meses e que a Terra xira ao redor do Sol.

Parabens Gabriel!!!!


Busqueda do tesouro. 3 anos

Inauguramos a Biblioteca o 28 de outubto coa busqueda do tesouro. Crocus a mascota foinos deixando pistas e finalmente atopamos o tesouro.

lunes, 28 de octubre de 2019

Exposición de cabazas. 5 anos.

Levamos as cabazas ao corredor do terror.





Pintamos a Meiguiña. 5 anos.




Joel veunos ler un conto. 3 anos

Joel e Lucas viñeron ler un conto de Samain "Como mola a escoba" encantounos.

Búsqueda do tesouro en 4 anos

Hoxe 28 de outubro inauguramos a biblioteca do cole para este curso escolar. E fixémolo cunha actividade moi divertida que nos propuxo Crocus, a mascota da biblioteca: unha búsqueda de tesouro.
Finalmente atopamos o tesouro: unhas monedas de chocolate e un marcapáxinas, que despois decoramos na aula. Queredes velo???


Exposicion de cabazas. 3 anos

Fomos levar as nosas cabazas o corredoiro terrorifico e puxemos caras de susto. 

domingo, 27 de octubre de 2019

viernes, 25 de octubre de 2019

Exposición cabazas 4 anos

Así quedaron as nosas cabazas na exposición de Samaín. Tamén colaboramos coa decoración deste espazo, facendo dous esqueletos con rollos de papel hixiénico e monstruos Frankestein cos nosos pés.



jueves, 24 de octubre de 2019

Portada contos de medo. 5 anos.

Estas son as portadas que fixemos para os contos de medo que inventaron os alumnos de primaria.


Clase de Musica. 3 anos

Imos coñecendo novos instrumentos na clase de Musica. Melanie nos presentou o bombo e quedamos abraiados.

Xogo Caperucha Vermella. 3 anos

Descubrimos un xogo novo debemos axudar a Caperucha a chegar a casa da sua avoa pero debemos escoller o camiño correcto. Neste xogo traballamos a capacidade loxica-matematica.

Obradoiro cabazas terroríficas en 4 anos

Hoxe fixemos un obradoiro moi divertido na nosa aula: decoramos unhas cabazas de Samaín. Tivemos que vaciar as cabazas coas mans ou coa axuda de culleres. Despois as decoramos e finalmente lle metemos unha vela para iluminadas. Ademais fixemos un obradoiro de maquillaxe, pintando ao alumnado cunha cabaza na cara. Foi divertidísimo!!! ;-)
Moitas grazas as nais de Carla, Julia e Sara pola idea e pola cosa colaboración.  



miércoles, 23 de octubre de 2019

Saída Fundación Sales

O mércores 23 de outubro fomos de saída a visitar a Fundación Sales, onde descubrimos, a través de diversas pistas, moitas árbores e plantas que descoñeciamos, divertímonos no xardín/laberinto de bambús e prantamos unha  bellota. Foi estupendo!!!


Portadas contos de medo. 3 anos

O equipo de Dinamizacion da Lingua Galega propuxo facer contos de medo e os cativos de Infantil fixemos unhas portadas terrorificas: unha pantasma, unha araña e cabazas.

martes, 22 de octubre de 2019

Portada contos de medo 4 anos

Para traballar a festa do Samaín, dende a equipa de dinamización de lingua galega, este curso escolar propúxose que o alumnado de primaria inventase unha  breve historia de medo e que o alumnado de infantil crease as portadas deses contos de medo. Estas son as portadas que fixemos na aula de 4 anos.


Libro Viaxeiro. Enzo e Teo. 3 anos.

Enzo e Teo viviron un monton de aventuras co Monstro das Cores e nolo amosaron os compañeiros.

Beehives. 3 anos

Traballamos a motricidade fina co xogo de Beehives debian atrapar a abella coas pinzas e depositala na colmea da mesma cor. 

Manualidade esqueleto Samaín en 4 anos

Para decorar os corredoiros do noso cole, coa temática do Samaín, fixemos un esqueleto humano, o que nos permitiu traballar as partes do noso corpo e os nosos osos. Para elo pedimos a colaboración do noso esqueleto favorito: Anacleto!!


lunes, 21 de octubre de 2019

domingo, 20 de octubre de 2019

viernes, 18 de octubre de 2019

O dado das emocions. 3 anos

Xogamos o dado das emocions cada neno tiña que poñer a expresion da emocion que lle tocaba. Traballamos as emocions fundamentais na etapa Infantil.

jueves, 17 de octubre de 2019

Sesión estimulación linguaxe oral en 4 anos

Hoxe traballamos coa mestra Ana de AL a pronuncia e discriminación dos fonemas /m/, /p/ e /b/.


Sesión contacontos en Infantil

O xoves 17 de outubro tivemos unha sesión de contacontos con Ángeles Escribano, onde poidemos coñecer 3 contos:

  • Todo el mundo va 
  • Cuquedo 
  • Cocodrilo 

Tamén fixemos unhas actividades sobre Palabras con corazón e O monstruo de colores

Foi moi divertido!!! Aquí poderes velo!! 


Marcapaxinas de Igor. 3 anos

Tivemos un contacontos fabuloso e previamente fixemos un marcapaxinas con tempera solida de Igor a mascota do conto.


miércoles, 16 de octubre de 2019

Cumpreanos Alan. 3 anos

Alan cumpriu 3 anos celebramolo co metodo Montessori.

Hora de ler en 4 anos

Hoxe recibimos a visita de Ángel, de 2° de Primaria e irmán de Miguel, que na hora de ler veu a nosa aula a lernos un conto. 


Xogos matemáticos 4 anos

Para traballar as habilidades cognitivas e concretamente o pensamento lóxico matemático, a mellor maneira é a través dos xogos, que favorecen a aprendizaxe de forma lúdica. No xogo de hoxe, o alumnado tiña que xuntar punzóns ata obter unha cantidade determinada. Plantexamos tres posibles alternativas e o alumnado deberá escoller a opción correcta.  

Manualidade Frankenstein 4 anos

Esta semana decoramos a nosa aula, con motivo do Samaín, cunha manualidade de Frankenstein, feita cos nosos pes.


martes, 15 de octubre de 2019

Libro Viaxeiro. Thiago. 3 anos

Thiago amosounos o que fixo coa nosa mascota o Monstro das Cores a fin de semana. 

Gato Samain. 3 anos

Estivemos facendo un gato negro de Samain e poñendolle pelos con boliñas de papel charol. Desta forma seguimos traballando a motricidade fina moi necesaria.