PEQUECIES

PEQUECIES
El blog de Educación Infantil del CEIP Illas Cies

viernes, 29 de noviembre de 2019

Totem indio en 4 anos

Este curso escolar estamos a traballar, no noso centro, un proxecto sobre as linguas do mundo.
A aula de 4 anos centrámonos nos indios nativos americanos.
Este ano faremos a actuación do Nadal cunha danza sobre a choiva e ademais estamos aprendendo moitas cousas sobre esa cultura.
Hoxe coñecemos que era un totem: unha especie de monumento, normalmente relacionado con algún animal, que lles protexía.
Na nosa aula creamos o noso propio mini totem.
Gustariavos velo??




Sesión psicomotricidade 4 anos

Hoxe en psicomotricidade xogamos a Galiñas e Vermes. Trátase dun xogo por parellas na que un neno/ a desempeña o rol dun verme e debe desprazarse polo chan arrastrándose, un pouco despois a súa parella (a galiña) debe tentar de atrapar ao verme, tirando del pola pernas.
Foi xenial!!


Cuadro Mondrian. 3 anos

Seguimos traballando no cuadro de Mondrian neste caso en formato A4. Debian completar os cadrados pintando coas cores azul,vermello e amarelo con pincel.

Cumpreanos Erika. 3 anos.

Celebramos o cumpreanos de Erika coa metodoloxía Montessori e decoramos a súa coroa. Qué divertido. Parabens Erika.

Letras Chinas Cartel. 3 anos

Cada clase temos que poñer "Bo Nadal" no idioma da danza a realizar. Neste caso a 3 anos tocounos China. 
Previamente feito o trazo facemos as letras chinas con gomets asi como o marco do cartel. Asimesmo pintamos dous dragóns para decoralo.

Maleta Viaxeira Saleta. 3 anos

Saleta contounos que o conto que mais lle gustou foi Corre Corre Cabaciña e que lle gusta moito debuxar.

jueves, 28 de noviembre de 2019

Gorros de rusos. 5 anos.

Para o festival de Nadal tocounos preparar unha danza rusa xa que este ano vanse tratar as danzas do mundo. Na aula xa comezamos a elaborar os gorros de rusos.








Caracol, col, col. 5 anos.

Hoxe falamos da importancia de coidar e respetar a natureza e os seres vivos e na hora do recreo deixamos o caracol de Daniela en liberdade.




Medimos os caracois. 5 anos.

Cando comezamos o proxecto do caracol unha das cousas que queríamos saber era canto miden os caracois así que hoxe tocou medir.


Patio de infantil. 5 anos.

Xa colocaron o céspede no patio de infantil e hoxe  estreamolo.
Como nos divertimos!!


Farolillo Chino. 3 anos.

Cada clase debe decorar para a árbore de Nadal do escenario un adorno. Os de 3 anos fixemos farolillos chinos. 

Patio novo de Infantil. 3 anos

Hoxe estreamos o patio novo. Que ben o pasamos facendo rolos polo céspede. Encántanos o patio novo.

Domino de figuras. 3 anos

Xogamos a un novo xogo da aula o dominó. Debíamos buscar a metade da figura que correspondía. E unha actividade de simetría e atención.

miércoles, 27 de noviembre de 2019

Diademas indios en 4 anos

Estamos preparando a nosa actuación para o festival do Nadal. Este ano o tema será as Danzas do mundo. A nosa aula tócounos facer un baile sobre os indios nativos americanos. Para dito evento debemos vestirnos axeitadamente e por iso xa comenzamos a preparar os nosos traxes, facendo unhas diademas de indios/as. Os traxes os remataremos no obradoiro do martes 3 de decembro pola tarde. Queredes ver como van os nosos traxes?





Dragon Chino. Calendario. 3 anos.

Para facer un calendario a cada clase tocoulle facer un debuxo. Os de 3 anos tocounos o mes de Novembro. Comezamos a traballar a tecnica de collage. Para elo pegamos varios papeles de cores para compoñer un dragon chino.


Bloques loxicos. 3 anos

Traballamos cos bloques loxicos hoxe cos de  forma cadrada temos que buscar entre todalas figuras os cadrados e describilos son grandes/pequenos a sua cor.

martes, 26 de noviembre de 2019

Caracois. 5 anos.

Hoxe Daniela e Iago trouxeron caracois á aula. Poidemos observar as características, tocalos  e aprender máis cousas sobre os caracois.



Maleta viaxeira. 5 anos.

Hoxe Iago trouxo a maleta viaxeira. O conto que máis lle gustou foi "el gran oso polar".


Xogo no patio de maiores.5 anos.

O luns e o martes fixemos o recreo no patio de maiores xa que no patio de infantil están colocando céspede para deixalo moi bonito.
Pasámolo xenial!


Día violencia contra a muller 4 anos

O 25 de novembro é o día internacional para a eliminación da violencia contra a muller. Na aula de 4 anos reflexionamos sobre a violencia, porque non nos gusta, que nos provoca a violencia (dor e enfado) e que podemos facer cando alguén nos fai dano. Todos os nenos/as coincidiron en que temos que falalo cos adultos que nos rodean: as nosas familias ou os mestres. Aprendemos a dicir NON Á VIOLENCIA. 
Para rematar plasmamos nunha ficha o noso rechazo á violencia cunha bolboreta que voa libremente.


Boliñas Plastilina. 3 anos

Seguimos exercitando a motricidade fina para elo hoxe fixemos boliñas de plastilina para decorar os marcos dos cuadros de arte. 

Cumpreanos de Miguel. 3 anos

Celebramos o cumpreanos de Miguel coa metodoloxia Montessori dimos 3 voltas ca terra arredor do sol e falamos do paso do tempo. Parabens Miguel.

lunes, 25 de noviembre de 2019

Mural do caracol. 5 anos.

Decoramos o noso caracol. Recortamos anaquiños de papel de moitas cores, pegámolos na concha e logo pintamos con pincel.





Recuncho do proxecto "o caracol". 5 anos.

Seguimos investigando sobre o caracol.


Proxecto caracol. 5 anos

Na aula temos un recuncho do Proxecto onde colocamos as cousas que traen da casa relacionadas co caracol. Gracias ás familias pola colaboración.

 

Xogo dobles en 4 anos

Hoxe descubrimos un novo XOGO na nosa aula, que xa coñeciamos porque o curso pasado a profe Marina e os alumnos/as da súa clase nolo emprestaron.  O xogo se chama Dobles e consiste en buscar as imxes iguaís en dúas cartas con varias imaxes. Traballamos así a velocidade, a atención e o léxico animal.

Patio 4 anos

Estamos cambiando o pavimento de terra do noso patio de infantil por un de céspede, por iso os días 25 e 26 de novembro sairemos ao patio de Primaria. Pero que ben que o pasamos no patio dos maiores!!!

Patio dos maiores. 3 anos.

Estos dias estan poñendo cesped no patio de Infantil asi que mentras o arranxan xogamos no patio dos maiores cando estos suben as aulas. Como nos gustou o patio dos maiores e como disfrutamos.

Bossa Nova. 3 anos.

A actividade consiste en pintar con tempera  cos dedos o ritmo da cancion "Bossa Nova". Esta cancion ten cambios de ritmo o que implica ter que pintar mais rapido ou mais lento dependendo do ritmo da musica.

25 Novembro. Non a violencia de xenero.3 anos.

Hoxe falamos da importancia de non empregar a violencia. A importancia de querernos e respetarnos. Para deixar constancia puxemos a nosa pegada nun mural en contra da violencia e o maltrato.

domingo, 24 de noviembre de 2019

O MAGOSTO EN EDUCACIÓN INFANTIL

O venres 22 de novembro celebramos a festa do Magosto no noso cole.
Fixemos dúas fogueiras para asar as castanas, xogamos a 4 xogos relacionados coas castanas (o tragacastanas, a castana por detrás, carreira de castanas e xogo de equilibrios), degustamos as castanas e pintámonos coas cinzas da fogueira. Foi divertidísimo!!


viernes, 22 de noviembre de 2019

Maleta Viaxeira Lucia. 3 anos

Lucia trouxo a maleta viaxeira contounos que o conto que mais lle gustou foi o de Bichos Divertidos porque lle gustan moito os animais.

jueves, 21 de noviembre de 2019

Bolsa Muda Artai 4 anos

Artai terminou de pintar a súa bolsa para a muda. Nunha cara pintou unha árbore e na otra un pingüino cos seus pes.

Sesión estimulación linguxe oral en 4 anos

Hoxe Ana, a mestra de AL, cóntounos un conto sonoro. Queredes velo?


Elaboración caixas xogo Magosto en 4 anos

Esta semana por fin imos celebrar a festa do Magosto, por iso imos organizar 4 xogos relacionados coas castañas.
A nosa clase tócounos decorar dúas caixas para xogar ao Tragacastañas, xogo que consiste en tentar de introducir castañas polo buraco dunha caixa (o tragacastañas).


Proxecto "o caracol". 5anos.

Esta semana, na aula de 5 anos, comezamos un novo proxecto "o caracol".




Resolución de problemas. 5 anos.

Empregamos os policubos para resolver problemas matemáticos.




A recortar! 5 anos.

Gústamos moito recortar coas tesoiras...


Regletas. 5 anos.

Con este material e a través do xogo e a manipulación traballamos a medida, a comparación e ordenación e os conceptos maior que, menor que e igual...


Maleta viaxeira. 5 anos.

Esta semana Alba trouxo a maleta viaxeira. O conto que máis lle gustou foi "El gran oso polar".




Asociacion numero/cantidade. 3 anos.

Continuamos traballando cos numeros e coa asociacion do numero e cantidade. Neste caso tiñan que fixarse no numero de dedos da man e poñer o mesmo numero de coches.

miércoles, 20 de noviembre de 2019

Cuadro Mondrianitos. 3 anos

Seguimos traballando co cadro de Mondrian neste caso empregamos a tempera solida para completar os cadrados do cadro do famoso pintor.

martes, 19 de noviembre de 2019

Grafia do numero 2.

Seguimos traballando os numeros neste caso completamos a grafia do numero 2 con papel de seda. Desta forma traballamos a motricidade fina e a grafia o mesmo tempo.

Asociacion numero-cantidade. 3 anos

Facemos un xogo asociativo  do numero  e a sua cantidade. Comezamos co 1 e o 2. Debian poñer segundo a orde dada a cantidade de animais correspondentes.