PEQUECIES

PEQUECIES
El blog de Educación Infantil del CEIP Illas Cies

viernes, 25 de febrero de 2022

Festa de Entroido. 5 anos

Festexamos o Entroido. Primeiro sacamos unhas fotos de grupo. Grazas as familias por sacarse tamén unha foto con nós. A continuación, collemos as moedas do Camiño de Santiago na clase e fomos buscar un choripán que nos daban a cambio dunha moeda. Degustámolo no patio estaba riquísimo. Despois xogamos un pouco e enseguida saímos para o desfile onde vimos os disfraces dos outros grupos e bailamos a canción de Tanxugueiras. Qué día máis divertido!. Podedes velo no vídeo.

jueves, 24 de febrero de 2022

Xogo do Camiño de Santiago. 5 anos.

Fixemos un Xogo con Pistas do Camiño de Santiago había sete pistas que nos indicaban onde buscar sete obxetos relacionados co Camiño de Santiago. Pasámolo de maravilla e aprendemos un montón de cousas. Atopamos unha cuncha coa que beben os peregrinos, un sombreiro para o sol, cómo se fai o camiño: a pé, a cabalo ou coa bici,  tamén sinais do camiño, unha mochila e por último un puzzle da Catedral de Santiago. Ó resolver tódalas pistas obtivemos a Compostelana do Camiño.

Día de Rosalía de Castro. Infantil.

Conmemoramos o dia de Rosalía de Castro grabando a canción do Moucho todo Infantil. Podedes vela e ver o ben que o fixeron os nenos. Ademais escribimos e decoramos a canción con forma de Moucho e a colgamos na capa do Meco de Rosalía de Castro.

Cumpreanos Lucía P. 5 anos

Lucía Pillado cumpriu 6 anos. Celebrámolo seguindo o método Montessori e demos 6 voltas arredor do sol. Ademais sopramos as velas e ensinounos un peluche e un montón de fotos preciosas de cando era pequena. Parabens Lucía.

miércoles, 23 de febrero de 2022

Filloas Entroido en 3 anos

Esta semana cociñamos filloas de Entroido para merendar no cole. 
Estaban boísimas!! 

Os ingredientes, por se quedes facer a receita nas vosas casas, son: 

▪️300g de fariña
▪️60 g de azucre
▪️400 ml leite
▪️4 ovos

Filloas. 5 anos.

Fixemos filloas de Entroido na clase. Primeiro escribimos os ingredientes: 400 de fariña, 400 de leite, 100 de auga, 3 ovos e unha cucharada de azucre. Primeiro botaron os nenos os ingredientes, os mesturamos coa batidora e despois fomos botando a masa na crepera. Qué ben nos quedaron degustámolas e os que quixeron botáronlle chocolate..

lunes, 21 de febrero de 2022

Cuarta etapa: Vigo-Redondela. 5 anos

Traballamos a cuarta etapa Vigo-Redondela. Érika enviounos unhas fotos preciosas desta etapa. Facemos unha ficha na clase na que falamos do Entroido de verán de Redondela e debemos debuxarnos do disfraz que trouxemos. Qué ben nos quedaron os debuxos.

Luz Negra. 5 anos

Fixemos dúas actividades con luz negra: Primeiro pintamos coa luz negra un antifaz de colores flúor que refletían coa luz. Encantounos pintar con esta técnica. Despois con distintos elementos de provocación e música como fixéramos no Samaín xogamos a disfrazarnos e a bailar. Pasámolo en grande.

Disfraces. 5 anos

Hoxe o Meco deixounos vir libre. Viñemos todos guapísimos e guapísimas de superheroes, princesas, etc. Qué ben o pasamos fixemos un desfile de disfraces con música.

viernes, 18 de febrero de 2022

Cumpreanos de Enzo e Teo. 5 anos

Enzo e Teo xa cumpriron seis anos. Demos seis voltas arredor do sol e sopramos as velas. A continuación, vimos un vídeo chulísimo que nos enviou a familia de Enzo e Teo e podedes ver. Finalmente, repartiron un detalliño entre os compañeiros da clase. Parabens Enzo e Teo!.

jueves, 17 de febrero de 2022

Minimundo Camiño de Santiago. 5 anos

Creamos un minimundo do Camiño de Santiago coas sinais, o seu camiño, as nosas miniaturas de pelegrín e como non a Catedral de Santiago. Encántanos percorrer o Camiño xogando coas figuras e aprendemos xogando.

Manualidade de Entroido. 5 anos.

Comezamos a preparar cousiñas para o Entroido. Primeiro imprimimos as nosas fotos e despois debíamos decoralas empregando moitísimo material: limpiapipas, pompóns, confetti normal e decorativo, gomets, etc. Debíamos mediante a creatividade decorar a nosa figura como se fósemos disfrazados de Entroido. Quedounos fenomenal!.

miércoles, 16 de febrero de 2022

Mariquitas de Pelegrin. 5 anos

Estamos a preparar unhas Mariquitas de Pelegrin. Primeiro sacamos unhas fotos ó aire libre e as plastificamos. Hoxe pintamos con témpera e acuarelas as vestimentas típicas de pelegrín e unha vez secas despois do recreo as recortamos. Así, podemos xogar a vestirnos a nós mesmos de pelegrín.Qué divertido aprendemos xogando.

Grabación da Canción do Moucho. 5 anos

Grabamos a canción do Moucho. Pasámolo super ben. Primeiro a grabamos en ritmo lento e despois en ritmo rápido. O Moucho é un poema que fixo Rosalía de Castro e que versionou o grupo musical Migallas. Así que traballamos esta canción para conmemorar o día de Rosalía de Castro o 24 de Febreiro.

Proxecto "A Pasiños facemos camiño" en 3 anos

O martes fixemos unha búsqueda do tesouro relacionada co camiño de Santiago, onde o alumnado tiña reponder diversas preguntas para  que encontrar diferentes obxectos seguindo pistas (cunchas, sombrero peregrin...).
Como recompensa, unha vez rematada con éxito a búsqueda, levaron as súas casas un certificado de bo peregrin e unha mochila. 



Ademáis queremos agradecer a todas as familias a súa participación aportando fotos das nosas propostas do Camiño portugués. 



martes, 15 de febrero de 2022

Coidado das Galiñas. 5 anos

Comezamos coa semana do Coidado das Galiñas. Collemos palla para facerlle o nido, cereais para darlle de comer e pan que troceamos en trociños. Por equipos cada un fixo unha función: abrir as galiñas, darlles de comer os cereais, darlles de comer o pan, recoller os ovos e metelas de novo. Encántanos coidar as galiñas como podedes ver no vídeo.

lunes, 14 de febrero de 2022

Día de San Valentín. 5 anos

En Valores traballamos o día de San Valentín e recortamos un corazón o decoramos con gomets e escribimos unha dedicatoria. Cánto amor!.

sábado, 12 de febrero de 2022

Terceira etapa: Baiona-Vigo. 5 anos

Esta semana o Camiño de Santiago atravesou Vigo. Alejandro foi ver varias sinais no seu recorrido. Ademais fixemos unha ficha do Paseo do Lagares, algunhos nenos dende a clase e outros dende casa. Nesta ficha debíamos unir distintos envases co seu contedor de reciclaxe.

viernes, 11 de febrero de 2022

Rosalind Franklin. 5 anos

Hoxe conmemoramos o Día da Nena e Muller na Ciencia con Rosalind Franklin. Primeiro coloreamos o seu rostro con pinturas e despois a continuación fixemos o Experimento de colocar a nosa pegada na tinta e despois no papel e así descubrimos a nosa Pegada Dactilar. Podedes animarvos a facelo na casa senón tedes tinta cunha pouca auga mesturada azafrán.

jueves, 10 de febrero de 2022

Cartel de Presentación do Meco. 5 anos

Decoramos as letras do Cartel de Presentación do Meco que se fixo conxuntamente con todo o Equipo de Infantil. Unha clase pintou o fondo, outra decorou con serpentinas e os de cinco anos pintamos as letras do Cartel de Presentación. Quedáronnos moi ben!.

miércoles, 9 de febrero de 2022

O Moucho. Rosalía. 5 anos

Estamos traballando a canción do Moucho de Rosalía de Castro e aprendéndonos a letra. Deíxovos o vídeo por se os nenos queren ir repasándoa na casa. Comezamos a escribir unha parte da canción do Moucho.

lunes, 7 de febrero de 2022

Segunda etapa: Oia-Baiona. 5 anos

Continuamos o Camiño coa Segunda Etapa que pasa por Baiona. Héctor mandounos unhas fotos moi bonitas coas recomendacións. Ademais fixemos unha ficha na que nos debíamos debuxar traballando o esquema corporal e situándonos no Parador de Baiona.

domingo, 6 de febrero de 2022

Skyline Catedral de Santiago en 3 anos

Esta semana fixemos, como creación artística, un skyline de Santiago de Compostela, coa técnica do estampado.

Un Skyline, tamén chamado panorama urbano, é a silueta ou a visión total ou parcial das estructuras e edificios máis altos dunha cidade. 

miércoles, 2 de febrero de 2022

Primeira Etapa: A Guarda-Oia. 5 anos

Esta semana algúns nenos e nenas da clase foron recorrer a primeira etapa do camiño Portugués pola costa: A Guarda-Oia e mandáronnos unhas fotos preciosas que xa miraremos na clase. Así pois elaboramos unha ficha coa primeira fase da etapa debemos decorar os castros da Guarda con palla e facerlle o tellado. Qué ben bos quedaron.