PEQUECIES

PEQUECIES
El blog de Educación Infantil del CEIP Illas Cies

miércoles, 21 de diciembre de 2022

Felicitación Nadal en 6° infantil

Dende a nosa aula desexámosvos unhas Felices Festas!!


E agardamos que os gusten estes pequenos agasallos que vos temos preparado! 😊

martes, 20 de diciembre de 2022

Recital de panxoliñas

Hoxe viñeron o alumnado de 4° e 6° de Primaria a cantar, as nosas aulas de infantil, unhas panxoliñas en francés, que aprender on coa profe Joana. 

Fixéronno xenial!!! 


domingo, 18 de diciembre de 2022

Adornos e postais de Nadal en infantil

Durante estes días estivemos creando nas nosas aulas as postais para felicitar o Nadal e un adorno navideño para levar e decorar as nosas casas.

🎄 Decoración postais en 3 anos


❄️Portavelas en 4 anos

⛄ Portavelas en 5 anos

O resultado do portavelas

Envío postais infantil

O venres fomos enviar as nosas felicitaciones de Nadal. 
Aproveitando que facía bo tempo decidimos pasar parte da nosa xornada escolar nun parque da contorna e facer xogos de equipo como o Pañueliño e a Bomba, que tanto nos gusta facer no patio ou en psicomotricidade.

Esperemos que pronto recibades as vosas felicitacións!!! 

miércoles, 7 de diciembre de 2022

Lendas Galegas en infantil

Co motivo da Semana da tradición oral e relacionado co proxecto "Galicia Máxica", hoxe recibimos unha visita moi especial na nosa escola: os nosos familiares, que viñeron a contarnos lendas galegas.


Estas foron as 3 lendas que nos narraron:

✔️ Emilio, o avó de Iris, contou “O Coruxo asolagado". 

✔️ Xoán, o avó de Cíes, "A lenda da Bruxa da pedra Choca". 

✔️ Manuel, o tío de Greta, "A lenda do pirata Drake". 


martes, 6 de diciembre de 2022

Calendario Nadal en 4 anos

Xa comezamos o mes de decembro e por tanto xa estamos moi preto de recibir a visita de Papa Noel nos nosos fogares.

Por iso na nosa aula creamos un calendario de Nadal, para saber exactamente cantos días faltan para  Noiteboa. Neste calendario, cada día recibimos unha misteriosa carta cunha misión moi especial. 

O luns, ao chegar a clase, descubrimos unha nova misión, a de crear un adorno de Nadal: uns bastociños navideños con abalorios e limpiapipas. 

En primeiro lugar dímoslle a forma de bastociños aos limpiapipas e logo decorámolos con abalorios vermellos e brancos, ensartándoos nos limpiapipas.
Estivemos moi concentrados para crear uns adornos preciosos. 

Queredes velo?