PEQUECIES

PEQUECIES
El blog de Educación Infantil del CEIP Illas Cies

domingo, 31 de mayo de 2020

ACTIVIDADES DO 1 AO 5 DE XUÑO. 5 ANOS

Esta semana as actividades están relacionadas co día do medio ambiente e propostas polo equipo de actividades complementarias  e extraescolares do colexio. Atoparédelas máis abaixo.

Aquí vos deixo outras actividades para esta semana:

Canción"Eu son un Artista".Canta e baila con esta canción.



Xogos matemáticos on line:

Completar a serie:

Formas xeométricas:


Números: anterior e posterior

Recta numérica:


Agora colle papel e lapis para facer a recta numérica. Escribe os números do 1 ao 10 e logo utiliza un boneco ou outro obxecto para movelo pola recta numérica como se indica:
-Coloca o boneco no número 3 . Cantos saltos ten que dar para chegar ao número 8?
-Coloca o boneco no número 4. Cantos saltos ten que dar para chegar ao número 10?

Equivalencias: Tantos como



Reparto irregular de cantidades:

Conto: "Las jirafas no pueden bailar".




Tamén vos deixo estas actividades para estimular a linguaxe propostas pola mestra Ana. Precisades ter instalado Flash Player. Non é necesario facelas todas.



Este mes de xuño cumplen 6 anos Alba C. e Carmen Parabéns!


Máis abaixo atoparedes as actividades relacionadas co día do Medio Ambiente. Escollede as que máis vos gusten.

Actividades do 1 ao 5 de xuño. 3 anos


A primeira proposta é visionar o conto de Corre Corre Cabaciña un dos nosos preferidos da aula. Podedes velo é intentar comentar cál foi a serie dos animais: cal aparece primeiro,  cal despois..

A segunda proposta é escoitar a canción e cantala de Corre Corre Cabaciña. 


A terceira proposta é continuar traballando as series  Lóxico-matemáticas neste caso ímolo facer con xoguetes que teñamos na casa: coches, barcos, avións... Primeiro facemos series de un elemento un coche, un avión despois intercalando dous coches unha grúa, etc. Aquí tedes un exemplo.

A cuarta proposta é escoitar a canción dos números que escoitábamos na clase. Deíxovos o vídeo para que a escoitedes .


A quinta proposta é animaros a facer o experimento do Medio Ambiente da choiva precisamos espuma de afeitar, colorante alimentario, e auga. Poñemos a metade do vaso de auga, botamos espuma de afeitar e a continuación gotas de colorante que son as gotiñas da choiva.


Ademais tedes outras propostas moi divertidas do Medio Ambiente. Ánimo.
Finalmente felicitar a Thiago que está de cumpreanos Parabens Thiago.




Actividades Día do Medio Ambiente para TODO INFANTIL. Semana 1 ao 5 de xuño.

Dende o Equipo de actividades complementarias e Extraescolares propóñennos traballar o Día Mundial do Medio Ambiente, que se celebra o 5 de xuño, en 4 grandes bloques:
  1. O coidado da auga, qué é un recurso agotable.
  2. O coidado dos bosques, a deforestación e a extinción de determinadas especies.
  3. A contaminación e os seus efectos.
  4. E finalmete os tipos de enerxía e o seu impacto no mundo actual.
Cada un destes bloques será traballado por un determinado curso.

En Infantil imos centrarnos no primeiro bloque: a auga e o seu coidado.

Aquí van as nosas propostas!!!


Semana do 1 ao 5 de xuño. 4 anos. Mestra Mónica

Como xa sabedes esta semana as propostas de actividades están centradas no día do Medio Ambiente e veñen propostas polo equipo de actividades complementarias e extraescolares, pero dende a equipa de infantil queremos que NON perdades as vosas rutinas de traballo, tan importantes de manter en estes días de confinamento, para proporcionar seguridade ao noso alumnado.

Por iso esta semana vos deixaremos unha serie de enlaces a recursos didácticos, contos e cancións para facer máis divertidos este días.
Pásade unha boa semana!!!


🔲 Exercicio de articulación. Praxis  orofaciais minions.



🔲 Agora vos deixo algúns xogos para traballar conceptos lóxico matemáticos.
 
➡️ Manter o mismo orde.

http://www.penyagolosaeduca.com/ca/pollitos-en-orden-lineal-abierto/

➡️ Estimación cantidades (moito/pouco).


http://www.penyagolosaeduca.com/ca/muchos-algunos-ninguno/

➡️ Conceptos grande, mediano, pequenos.


🔲 Finalmente o conto "Ñam, Ñam", que estaba na nosa mochila viaxeira e que todas as semanas cando líamos cal era o conto favorito de cada neno/a siempre me pedían que puxera a canción de Ñam, Ñam, así que por votación popular, por fin póñovola!! 👏🏻👏🏻👏🏻👏🏻


domingo, 24 de mayo de 2020

Mindfulness na casa IX

   Ola a todos

   Esta semana comezamos traballando a respiración. Aínda que o vídeo está en inglés podedes seguilo con facilidade. Basicamente cando se achega a imaxe inspiramos (respiramos polo nariz.) e cando se afasta expiramos (expulsamos o aire pola boca). Hai algunhas inspiracións que son algo longas, nestes casos mantemos o aire agardando  o momento para expulsalo .



   Propóñovos agora un xogo en equipo de máxima concentración. Imos debuxar unha espiral grande e ancha como a da imaxe. O obxectivo é realizar un trazo polo medio do que xa temos. A complicación é que imos facer o trazo sen suxeitar o útil de escritura (preferiblemente un rotulador de punta grosa). Para iso imos atar dúas cordas, fíos, limpiapipas... ao rotulador. Cada persoa collerá dous extremos da mesma corda e tirando entre ambos farán o percorrido.




   Para rematar un xogo para exercitar a memoria e a concentración. Necesitades follas de cores sendo sempre dúas da mesma cor. Sentamos un fronte ao outro e colocamos diante de cada un as follas de cores exactamente na mesma orde. Comenzaremos soamente con dúas cores e podemos ir complicando a actividade en función da resposta da nosa crianza. Déixovos un vídeo para que vexades como se desenvolve a actividade ( o adulto propón unha serie de cor e a crianza reproduce o modelo, cando comprenda a dinámica podemos cambiar roles)



   Boa semana a todos.
   Biquiños.

ACTIVIDADES DO 25 AO 29 DE MAIO. 5 ANOS

Neste vídeo veredes algunhas das actividades que fixestes esta semana. Grazas a tod@s polo esforzo e noraboa polo gran traballo.







Esta semana propóñovos as seguintes actividades:

1. Conto "El pirata Pata de lata".


A continuación facer un debuxo do pirata Pata de Lata.
Na semana pasada vimos un xogo de rimas. Podemos xogar a buscar palabras que rimen con pirata, loro, espada, tesoro... 
Facer unha búsqueda do tesouro: esconder un obxecto pola casa e o nen@ terá que atopalo por medio de pistas.
Colorear o barco pirata on line (actividade para facer co ordenador):https://www.colorear-online.com/colorear-piratas/pirata6/index.php

2. Manualidades sobre o conto. Crear un barco pirata con caixas de ovos, un garfio cun vaso e papel de aluminio, un pirata cun rolo de papel, un catalejo...
Escolle o que máis che guste.






3. Canción. Bailar e cantar a canción "O Pirata Metepata" de Mamá Cabra.


4. Diferencias: Observar as imaxes e buscar as 5 diferencias. É moi importante estar nun ambiente tranquilo que facilite a concentración.



5. Problemas de piratas. Intentamos resolver problemas sinxelos. Vemos antes uns vídeos de sumas e restas sinxelas.




Logo plantexamos estes problemas. É importante resolvelos de xeito manipulativo. Podedes empregar moedas de chocolate, caramelos, chapas, canicas ou outros obxectos que o nen@ poida manipular. Tamén poden empregar monecos como se fosen piratas, caixas como cofres...
Podemos variar as cantidades e o grado de dificultade dependendo do nen@.
O adulto debe plantexar o problema e o nen@ debe resolvelo por sí mesmo sen darlle a solución no caso de que a resposta non sexa correcta. O adulto pode axudar a través de preguntas que o fagan pensar se a resposta fose errónea.





-Un pirata ten 7 moedas nun cofre e 3 noutro,  cantas moedas ten en total?

-Un pirata ten 3 cofres en cada cofre garda 3 moedas. Cantas moedas ten en total?

-Un pirata ten 10 moedas e regálalle 4 a outro pirata. Cantas moedas lle quedan?

-Repartir moedas entre 2 piratas para que teñan a mesma cantidade.

Tamén poden facer as operacións nun papel escribindo os números, debuxando os piratas, os cofres, as moedas, pegando gomets ou o que os nenos consideren necesario para chegar á solución.


Infórmovos que a vindeira semana as actividades estarán propostas polo equipo de Actividades Complementarias e Extraescolares do colexio e esa semana as actividades estarán relacionadas co respeto e coidado do medio ambiente que se celebra o día 5 de xuño.

Grazas. Que pasedes boa semana!




Actividades do 25 ao 29 de Maio. 3 anos.




A primeira proposta é o conto da Oruga Larpeira. Despois temos que tentar recordar qué alimentos saíron no conto. Cáles son os teus alimentos favoritos. Podes elaborar unha receita coa túa familia.

A segunda proposta é facer unha actividade de psicomotricidade fina collemos un prato de cartón e facemos unhos buracos coa axuda da nosa familia. Despois pintamos co cartón sobrante unha eiruga e a unimos a un trozo de lá o outro extremo o unimos o prato e agora temos que ir sacando e metendo a lá polos distintos buracos.


A terceira proposta é facer unha eiruga estampada con globos é moi sinxelo temos q mollar o globo en pintura de dedos e estampar nun folio branco. Despois podemos debuxar a cara e as patas.


A cuarta proposta como estamos no mes de Maio é facer un Maio: temos dúas opcións facer un maio con cartolina ou goma eva precisamos un soporte dun cono e logo colocar as flores ou se tedes posibilidade de ir a pasear coas vosas familias e buscar flores de distintas cores e formas e facer o voso Maio, tamén coa base dun cono de herbas e colocar flores por enriba.




A quinta proposta é un novo experimento imos facer un cadro con papel de seda. Mollamos os distintos trozos de papel de seda en auga abundante e os poñemos enriba dunha cartolina branca e así con distintos trozos de cores. Despois retiramos os trozos e vemos o resultado fixemos maxia co papel mollado.












Actividades do 25 ao 29 de maio en 4 anos. Mestra Mónica

Comezamos felicitando a Laura, porque o día 26 de maio é o seu aniversario.  Parabéns, Laura!!! 🥳🎂🎈🎁

Aquí a miña felicitación para Laura. Parabéns!!!!  




1. Bolsa sensorial. Creamos a nosa bolsa sensorial para traballar os números, as letras e o concepto de cantidade.

Para a súa creación só necesitades:

▪️Bolsas zip para conxelar. 
▪️Cinta adhesiva resistente para sellar os laterais e evitar que o contido se derrame.
▪️Líquido ou material máis ou menos denso para encher a bolsa (xel para el pelo, aceite para bebé, agua con colorante ou tempera….)
▪️Obxectos pequeños como garbanzos, arroz, abalorios para que o alumnado poida descubrir, observar e tocar.
▪️Tamén podedes engadir purpurina para que a experiencia visual resulte máis intensa.
Aínda que o máis habitual é facelas con bolsas zip para conxelar tamén hai quen utiliza láminas para plastificar A5 ou plásticos de arquivos. 





Aquí podedes ver unha breve explicación dunha bolsa sensorial de asociación número e cantiddae (da segunda imaxe). 



2.  Tarefas de estimulación de linguaxe infantil. Aquí vos deixo unha proposta da mestra Ana, especialista en Audición e Linguaxe, que é a responsable destes obradoiros en infantil. Para poder facelas será necesario ter instalado e habilitado flash player. 

3. Creamos o nos propio dominó. Este xogo incentiva a coordinación, o respeto as quendas e xogo e axuda a adquirir os conceptos matemáticos da asociación de cantidades a números.



Como facer un dominó caseiro, materiales necesarios:

🔸28 pezas de cartón grueso (ou folio) rectangulares de 6 cm x 3 cm
🔸Lápiz ✏️
🔸Regla
🔸Papel de color que más te guste
🔸Tesoiras ✂️
🔸Puntos de diferentes cores (Debuxados con cores ou feitos con troqueladora)
🔸Pegamento
🔸Rotulador negro.

Aquí vos deixo un video explicativo de cómo facer o vosos propio dominó.


Agora toca o mellor: A Xogar en familia!!!


Tamén podemos escribir nun Folio os números do 1 ao 6 ou do 1 ao 12 e logo colocar, enriba do folio, as pezas do dominó (sumando o número que sae despois de contar as dúas partes do dominó. Por exemplo, colocar a peza con 6 puntos en cada lado enriba do número 12). 




4. Flores de papel que florecen. Experimento moi sinxelo, no que só necesitamos un papel no que debuxar unhas flores con pétalos ben separados.
Con este experimento explicamos a importancia da auga para as flores e prantas.



5. Canción para aprender atar os cordóns.

 

Propóñovos que elaboredes as vosas propias plantillas de zapatos para practicar. Necesitamos un cartón, material para decoralo (trozos de teas, abalorios, rotuladores, pompóns ou o que teñades) e uns cordóns ou la.






Agora só temos que practicar!!!

Aviso importante!! 
A vindeira semana as actividades serán propostas polo equipo de actividades complementarias e extraescolares  do noso centro, que versarán sobre o coidado e respeto ao  medio ambiente, que se festexa o 5 de maio.
Pásade unha boa semana!!! 😘😘😘

miércoles, 20 de mayo de 2020

BAILE LETRAS GALEGAS INFANTIL

As mestras de educación infantil queremos agradecer a vosa participación nas actividades  propostas durante a semana das Letras Galegas. Con todos os vídeos que mandastes dos bailes, fixemos esta pequena montaxe!!!



domingo, 17 de mayo de 2020

Mindfulness na casa VIII

   Ola familias!

   Comezamos semana con novas propostas.

   Meditación: A forma das nubes.- Esta actividade é ideal para facer ao aire libre pero tamén a podedes facer na casa tumbados preto dunha fiestra. Imos tumbarnos no chan e imos mirar ao ceo concentrándonos na forma das nubes e despois dun tempo observando podemos verbalizar en voz alta se atopamos  semellanza con algunha figura, animal, obxecto... Podemos falar de como cambian de forma, se se movem rápido ou lento...



   Aloumiño en parellas.- Sentamos en parellas un fronte ao outro. Observamos as nosas mans , xuntámolas unha coa outra facendo forza  e soltando, facendo forza  e soltando (repetimos varias veces). Agora pechamos as mans  e abrimos suavemente notando como se estiran, volvemos pechalas con forza e notamos como as unllas  apertan suavemente a pel. Extendemos as mans e suavemente collemos as da nosa crianza. Pasamos o dedo índice por todo o contorno, lentamente, recorrendo dedo a dedo, gozando do aloumiño. Agora imos recorrer os liñas da man e somos conscientes do cosquilleo que produce. Repetimos cambiando de man e posteriormente cambiaremos roles para recibir ambos ese aloumiño.

   Frecuencia da felicidade.- Propóñovos o visionado do seguinte vídeo. Consta dunha seria de mandalas  que van cambiando como nun caleidoscopio, a música que o acompaña favorece a relaxación. Podedes ver uns minutos ou poñelo  de fondo mentres practicades  a respiración ou unha masaxe.


   Feliz semana a todos


ACTIVIDADES DO 19 AO 22 DE MAIO. 5 ANOS


Antes de comenzar coas tarefas, deixovos o vídeo dos traballos que fixestes na semana das Letras Galegas. Parabéns!






1. Canción dos días da semana.

Repasamos os días da semana con esta canción que xa a coñecedes tod@s porque a cantamos moito na aula e forma parte das rutinas. Logo imos nomeando os días da semana fixandonos no son da letra e na letra pola que comezan, separamos en sílabas acompañando con palmas...


A continuación podedes facer un calendario semanal onde escribir os días da semana parando o vídeo para poder copialos se fose necesario,  facer un pequeno debuxo do que fixestes ese día ou o tempo que fai ( sol, nube), escribir o mes no que estamos, anotar o día do mes, (podedes fixarvos nalgún calendario que teñades na casa) escribir algunha palabra relacionada con algo que fixestes ese día da semana. Deixovos este modelo pero non o tedes que imprimir. Podedes elaborar o voso propio nun folio, cartulina... Logo podedes decoralo como queirades.


Tamén podedes escoitar como papá ou mamá che recitan esta poesía dos días da semana.



2. Visionado do filme de OQO "El viaje de las mariposas"


A continuación podes facer unha bolboreta coa técnica que máis che guste. Pode ser algunha destas ou outra.





Froita creativa: Tamén podedes crear unha mariposa con froita. Será moi divertido!





Con este vídeo aprenderedes moitas cousas sobre os insectos:






3. Debuxamos cos números. Colle papel e rotulador, lapis...
Primeiro escribe os números e logo fai un debuxo que queiras a partir dese número. 



Se escribes un 6 e un 4 debaixo podes facer o teu retrato.



4. Continuamos traballando a conciencia fonolóxica coa seguinte proposta, un xogo de rimas:




Agora intenta atopar a letra perdida:





Que pasedes boa semana!





Actividades do 19 ao 22 de Maio. 3 anos.

A primeira proposta é ver o conto ¿De qué color es un beso? . Este conto traballa as emocións algo que traballábamos na aula coa nosa mascota e nas rutinas.



A segunda proposta é adiviñar catro obxectos diferentes cos ollos vendados identificándoos polos sentidos: un polo tacto, un polo olfato, un polo oído, e un polo gusto. A ver quen os adiviña todos. 


A terceira proposta é continuar traballando os sentidos desta vez imos pintar con chocolate de comer. Fundimos o chocolate negro  e o botamos nun bol despois pintamos coas mans  ou con pincel  como prefirades. A ver que obras de arte facedes.



A cuarta proposta é xogar a imitar os diferentes movementos dos animais: elefantes... Podedes atopalo no seguinte vídeo.



A quinta proposta é imprimir os corazóns e decoralos ao noso gusto despois os podemoa unir cunha lá ou cordel  e crear un móvil para poñer na nosa habitación ou sala de estar. 


Finalmente felicitar a Saleta que está de cumpreanos o 23 de Maio: Parabens Saleta un abrazo enorme!.


Actividades do 19 ao 22 de maio en 4 anos. Mestra Mónica


Espero que tod@s vos atopedes moi ben e que sigades tendo moita enerxía e optimismo.
Para facer un pouco máis divertidos estes días de confinamiento e seguir mantendo as rutinas e hábitos de traballo, esta semana imos traballar a creatividade e imaxinación, os conceptos de reparto de cantidades de maneira igualitaria e equilibrada, a motricidade fina e as habilidades de escoita e atención a través dun conto.

Comezamos felicitando a Miguel, que o día 18 de maio cumpre 5 anos. PARABÉNS MIGUEL!!!
AQUÍ PODES VER A MIÑA FELICITACIÓN 🎂🎁🎉🥳.



IMPORTANTE: Non esquezades mandarlle unha mensaxe a Miguel no seu aniversario!!

1. Actividades para traballar as letras a través dos nomes e imaxes dos compañeiros/as da aula. Aquí vos propoño 3 tipos de actividades, elaboradas por min na plataforma educaplay, que me deron a coñecer a mestra Raquel de 4° de infantil e a mestra María de pedagoxía terapéutica.

▪️Memory: Emparella o nome do meu compañeiro/a coa súa foto.



▪️ Elixe a resposta correcta

2. Conto "el pollito de la avellaneda". Este conto está narrado por Bea Campos, que xa veu o curso pasado ao noso centro para facer unha sesión de contacontos. É moi parecido ao conto O galo traganoces, que trouxo prestado Julia a nosa aula despois de Nadal.
   

Despois de escoitar o conto, podedes facer unha manualidade moi divertida: crearemos o noso propio polliño. Espero que vos guste!!!

Imos crear un polliño cun pompón. Necesitamos la para crear o corpo e as patas, facer dous círculos medianos de cartón e cartolina para facer o pico e os ollos.


No seguinte video podedes ver como facer o polliño cun pompón.


Neste video como se fai con dous pompóns. 


3. Reparto igual de cantidades. Para facer esta actividade o alumnado deberá coller un conxunto de obxectos e repartilos equilibradamente.
Para comenzar colleran obxectos iguais, por exemplo 10 pezas de lego e as repartirán en dous montonciños, logo repartirán as 10 pezas en 4 montóns e finalmente en 6 montóns.

Despois podemos complicar a actividade collendo 11 colores e deberán repartirlos en 2 montóns, deben entender que para facer un reparto igualitario a única consigna é que os montóns teñen que ter o mesmo número de elementos, pero non é necesario empregar todos os elementos.

Finalmente podemos complicar aínda máis a actividade collendo obxectos diferentes. Por exemplo repartir 6 pezas de fruta (3 mazás, 2 peras e 1 plátano) en 2 pratos.

Aquí vos deixo fotos desta actividade, que fixemos na aula.



Nos seguintes enlaces podedes xogar online a xogos de reparto igualitario. 

▪️Reparto desigual magdalenas:

http://www.penyagolosaeduca.com/ca/repartir-magdalenas-entre-3-bandejas-3-9/

▪️Reparto abellas nos pana is, de formas diversas:

http://www.penyagolosaeduca.com/ca/repartir-abejas-en-2-partes-de-3-maneras-diferentes-1-6/

▪️Reequilibrio de repartos de policubos:

http://www.penyagolosaeduca.com/ca/igualar-visualmente-torres-de-encajables-1-10/

4. Mensaxe segreda. Esta actividade fixémola na aula ao longo deste curso, escribindo o nosos propios nomes.
Nesta ocasión imos cambiala un pouquiño.  Podemos crear unha mensaxe segreda para as nosas familias ou os compañeiros/as da aula, escribiendo unha pequena mensaxe ou ben con debuxos.


Aquí vos deixo a miña mensaxe segreda!! 


Por último, non vos esquezades que esta semana tamén están de aniversario David e María o Día 22 de maio. Moitísimas felicidades aos dous!!! 🥳🥳🎁🎁🎂🎂