PEQUECIES

PEQUECIES
El blog de Educación Infantil del CEIP Illas Cies

viernes, 29 de octubre de 2021

Luz negra en 3 anos

Hoxe rematamos a semana do Samain e para finalizar creamos unha impresionante instalación de xogo baseado na luz negra. 

O poder da luz para educar dende o asombro, multiplicando as posibilidades de xogo e aprendizaxe. 

Queredes velo?? 


Ademais tamén fixemos una actividade de realidad aumentada. 


Luz Negra en 4 anos

Esta semana estaba adicada a conmemorar a festa do Samaín. 

O Samain está relacionado co medo e, hoxe pásamolo de medo, cun obradoiro de Luz Negra. 

No cole fixemos moitísimas actividades pero hoxe tocaba despedirse do Samaín, cunha gran festa. 

O obradoiro estaba dividido en diferentes rincóns, que tiñan como obxectivo estimular todos os sentidos e potenciar a creatividade do alumnado. 

✅ Zona de arte e debuxo
✅ Mesa de luz
✅ Photocall
✅ Mesa sensorial
✅ Circuito motriz e xogo twister 
✅ Zona de lectura e contos
✅ Prococación con diferentes elementos (telas, máscaras, sombreros, pelotas...) 

Queredes ver o moito qué nos divertimos? 

Sesión psicomotricidade 3 anos

A sesión de hoxe centrouse nun único material, con múltiples posibilidades: os aros.

Luz Negra. 5 anos

Fumos a festa da Luz Negra e pasámolo en grande había moitos xogos e actividades. Deíxovos un vídeo-resumo do ben que o pasaron.

Cabaza Máxica. 5 anos

Traballamos coa Realidade Aumentada. Primeiro pintamos unaha cabaza con ceras, despois debuxamoslle a cara. Finalmente coa aplicación Quivermasks enfocamos a nosa cabaza e maxia vimos o que pasaba coa nosa cabaza. Qué ilusión!.

Ceras Terrorificas. 5 anos

Elaboramos unhas ceras terroríficas. Primeiro quitámoslle o papel as ceras vellas, despois clasificámolas por cores e botámolas o molde. Finalmente metémolas o forno e agardamos 20 minutos. Ó enfriar desmoldámolas e empaquetámolas con papel. Podedes ver o proceso no video.

jueves, 28 de octubre de 2021

Semana Samain en 3 anos

Esta semana estamos de festa no cole e non paramos de traballar coa temática relacionada co Samain.

Creamos monstruos, ceras e portavelas terroríficos, quedamos abraiados e fascinados coa decoración do cole, na que cada ano o ANPA  superase máis e máis... (MOITAS GRAZAS A TODOS). 

Coñecemos a biblioteca do cole e a Bruxa Regañadentes, que resultou ser unha meiga moi simpática. Disfrazámonos, fixemos desfiles, bailamos, cantamos e limos moitísimos contos de monstruos e bruxas. 


Neste vídeo podedes ver un resume de todo. 


Ademais seguimos traballando co proxecto das galiñas e pitiños, coidándoos, alimentándoos e sobre todo, dándolles moitos arrumacos. Tamén aprendimos o ciclo da súa vida. 
Un a un, o alumnado foi contando o que aprendeu. 
Neste video podedes ver un exemplo de Xiana, explicando como nacen as galiñas. 


E sobre todo, na nosa aula respetámonos, querémonos e fomentamos valores de traballo en equipo. 

Conferencia de Shalma: o Rinoceronte. 5 anos

Shalma expuso moi ben o rinoceronte explicounos que é mamífero, ten dous cornos, come herbas e está en perigo de extinción. Parabens Shalma fixéchelo fenomenal!. Con Shalma finalizamos as Conferencias de Animais pero cando fagamos o Proxecto do Espacio volveremos a repetilo.

miércoles, 27 de octubre de 2021

Inauguración biblioteca 4 anos

O luns ao chegar ao aula atopámonos cunha gran sorpresa. 
CROCUS, a nosa mascota da biblioteca, deixounos unha carta e unhas invitacións.
Na carta Crocus explicounos que o mércores 27 nos convidaba á biblioteca para coñecer a Bruxa Regañadentes para a inauguración da biblioteca e deixounos un ticket/entrada para que poidesemos acudir.

Moi emocionados, onte decoramos as invitacións e hoxe fomos coñecer a Bruxa, que era moi simpática. 
Alí a mestra Mónica cóntounos o conto "A todos los monstruos le da miedo la ocuridad", da editorial Kókinos. 


Ademáis, como todos os días, fomos visitar os nosos pitiños, démoslles mimiños, comida e cambiámoslles a augua. Que grandeciños están xa!!! 

Samaín e Biblioteca. 5 anos

Pasámolo xenial fixemos un desfile de disfraces no patio e sacamos fotos. A continuación, visitamos a Biblioteca levamos as nosas entradas e estaba alí a Bruxa Regañadentes menuda sorpresa!. Ademais limos un conto de medo. Cómo disfrutamos podedes velo no vídeo!.

Cabaza de Pitiño. 5 anos

Co motivo da festa de Samaín decoramos unha cabaza. Primeiro a baleiramos coas mans separando as pepitas. Como estamos co Proxecto de Animais fixemos un Pitiño. Pintamos con témpera amarela a cabaza e pegámoslle plumas, as ás e pico. Qué bonita nos quedou e qué ben o pasamos, podedes velo no vídeo.

martes, 26 de octubre de 2021

Ceras terroríficas en 4 anos

Esta semana estamos a festexar o Samain no colexio. 

Hoxe creamos unhas ceras moi terroríficas, cos restos de ceras antiguas de cores que tiñamos na aula.


Primeiros clasificamos as ceras por cores, logo as metimos en moldes de silicona e finalmente ao forno.

Cando estaban frías, desmoldámolas e agora xa están listas para levar as nosas casas.

Queredes ver o divertido que foi? 

Decoración cabaza aula 3 anos

Esta semana estamos a festexar o Samain no cole e o alumnado de 3 anos decorou a súa propia cabaza, coa temática do proxecto do cole. 
Vaciaron a cabaza e finalmente crearon un pitiño con ela. 

Ademáis tamén aproveitamos, que os nosos pitiño xa naceron, para indagar sobre o ciclo da vida deles. 

Invitacións para a festa de Samaín. 5 anos

Decoramos as invitacións para ir a festa de Samaín da Biblioteca. Debíamos debuxar o noso conto favorito e decorar a entrada da Bruxa. Qué emocionados estamos coa festa de mañá!.

Conferencia de Lucía P: O Oso Polar. 5 anos

Lucía investigou moito sobre o Oso Polar contounos que vive no Polo Norte, come peixes e focas, ten unhas garras moi fortes e o pelo branco. Ademais tróuxonos varios debuxas e un peluche para ensinarnos. Noraboa Lucía fixéchelo xenial!.

Conferencia de Héctor: O Canguro. 5 anos

Héctor expuxo fenomenal o Canguro. Contounos que vive en Australia, salta moi alto, comer herbas e froitos e leva as crías na súa barriga. Ademais ensinounos as fichas que trouxo e a manualidade tan bonita. Parabens Héctor.

lunes, 25 de octubre de 2021

Cestas para as castañas en 4 anos

Xa queda pouquiño para conmemorar a festa do Magosto no noso cole.

O pasado venres comenzamos a elaborar as cestas para o Magosto. 
Pintamos de cor marrón os bricks de leite que trouxo o alumnado e hoxe creamos uns cucuruchos para decorar as nosas cestas. 


Rasgamos cos dedos trouciños pequeniños dun xornal, que posteriormente pegamos no cucurucho, e logo pintamos con acuarela as castanas.

 
O resultado final das nosas cestas en breve... 

Psicomotricidade en 3 anos

Hoxe practicamos lanzamientos na aula de psicomotricidade. Nesta ocasión tiñamos que lanzar aros de diferentes tamaños (grande, mediano e pequeno), intentando encestalos nun como.

Traballamos así a precisión, o cálculo de distancias, a forza e a destreza.

A Bruxa Regañadentes. 5 anos

Esta semana adicámola a cousas de Samaín e contamos un conto e vimos a curtametraxe da Bruxa Regañadentes. A continuación, pintamos a cara de bruxa e o título do conto e despois con témpera negra decoramos o gorro. Qué bruxa máis arrepiante!.

Conferencia de Miguel: o Loro. 5 anos.

Miguel fixo unha exposición increíble do Loro. Trouxo unhas tarxetas e nos ía explicando un montón de cousas sobre o Loro: cómo é, onde vive e qué come e moitas curiosidades máis. Ademais vimos unhos vídeos que trouxo sobre o Loro.

viernes, 22 de octubre de 2021

Vampiro. 5 anos

Continuamos co Vampiro. O primeiro día picáramos a capa e paxarita, o segundo día pintamos a cara coa man de dúas cores e hoxe, o terceiro día puxémoslle ollos, boca e dous colmillos e tamén lle pegamos a capa e paxarita. Qué ben está quedando!.

Bricks de Castañas. 5 anos

Pintamos os noso bricks de castañas con témpera vermella e alkil. Temos que deixar que sequen ben para a vindeira semana decoralos. Cómo nos gusta pintar con pincel!.

jueves, 21 de octubre de 2021

Pitiños. 5 anos.

Fomos ver oa pitiños e levamos unha sorpresa ó ver que naceran dous máis de cor amarela. Puxémolos na caixiña cos seus irmáns e démoslles de comer. Iremos tódolos días a darlles de comer, beber e cambiarlles a herba.Estamos tan contentos cos pitiños!.

Nubes de algodón. 5 anos

Continuamos coa actividade que iniciaron coa profe Mónica. O primeiro día fixeron choiva con pintura de dedos e pipetas, calculando a cantidade de auga e pintura. Hoxe pegamos algodón nas nubes con cola e tamén decoramos o marco con rotuladores máxicos que cambiaban de cor o frotalos. Qué ben quedaron!.

Conferencia de Martina: a Xirafa. 5 anos.

Martina fíxonos a exposición da Xirafa, explicounos que ten o pescozo moi longo, gústalle comer follas dos árbores, ten a lingua de cor púrpura e vive na Sabana. Parabens Martina saiuche fenomenal!.

miércoles, 20 de octubre de 2021

Sorpresa, sorpresa....na incubadora en 3 anos

Hoxe ao chegar ao cole a mestra Leti cóntounos que recibiu unha mensaxe da vaca Margorie no seu correo electrónico. 


Onte pola tarde comenzaron a eclosionar os primeiro Ovos e hoxe xa naceran 4 pitiños!!

 

Moi emocionados escoitamos a súa mensaxe. 

Analizamos a mensaxe e desciframos que a vaca nos gastou unha broma e ela non foi a que puxo os Ovos, xa que naceron 4 pitiños e non 4 vaquiñas!!!!

Ademais na aula comenzamos a escoitar piar aos pitiños, así que fomos coñecelos. E nos demos conta que tiñamos que crear un novo fogar para eles/as, porque xa non se podían seguir quedando na incubadora. Puxémonos mans á obra e creamos unha especie de niño cunha caixa e trouciños de palla e papeis de periódico. 

Preparamos auga e un pouco de pienso, porque descubrimos que aínda son moi pequeniños para comer millo e pan. 

Tesouros Marinos con Xiz. 5 anos

Falamos dos animais do mar e pintamos con xiz algúns tesouros que podemos atopar no mar: algas, peixes, medusas, conchas, rocas, etc. Cada un plasmou a súa idea con xiz no fondo marino.

Nacemento dos Pitiños. 5 anos

Levamos unha sorpresa hoxe ó visitar os ovos. Naceran 4 pitiños!!. Estamos moi emocionados e estivemos preparándolle unha caixiña para coidalos con palla, auga e pienso. Qué bonitiños son podedes velos no vídeo.