PEQUECIES

PEQUECIES
El blog de Educación Infantil del CEIP Illas Cies

viernes, 29 de enero de 2021

Día da Paz e cumple de Nayara en 5 anos

Hoxe rematabamos o mes de xaneiro no cole (aínda que o mes remata o domingo pero xa non temos máis días de clase de xaneiro). Por iso, o encargado fixo hoxe o rexistro meteorolóxico do tempo.



Tamén conmemoramos o día da "Paz e non violencia" cunha actividade artística: o debuxo máxico do símbolo da PAZ. 

Nun folio en branco, debuxamos o símbolo da Paz con cera branca, axudándonos os uns aos outros, fomos calcando un bloque lóxico para facer o círculo da Paz e despois debuxamos as patiñas da pomba no seu interior. 

Acto seguido, con acuarelas pintamos todo o folio facendo líneas horizontais de diversos cores. E maxicamente aparece o símbolo da Paz, porque a cera branca repele a auga.  

Aquí podedes ver o vídeo da actividade. 


Finalmente celebramos o aniversario de Nayara que é a primeira en cumprir 6 anos da nosa aula.  


Visitamos o Mural da Paz. 4 anos

Hoxe celebramos o día de Paz. Visitamos o mural " Mar de Emocións pola Paz" e vimos todos os botes de recordos que había. Cada un escolleu o que máis lle gustou e porqué. Encantounos quedou precioso grazas pola colaboración.

Cumpreanos de Héctor. 4 anos

Héctor foi o primeiro da clase en cumprir 5 anos e estaba moi contento. Celebramos o cumpreanos seguindo o método Montessori dando cinco voltas arredor do sol e sopramos as velas. Parabéns Héctor.

Collage con Goma Eva. 4 anos

Decoramos una lámpara con trozos de goma eva con purpurina debíamos recortalos e pegalos. Tamén pintamos a base con témpera sólida. Quedaron moi bonitos.

jueves, 28 de enero de 2021

Interpretamos unha receita de cociña en 5 anos

Hoxe tivemos que interpretar una receita de cociña. 


Vimos a lista de ingredientes e marcamos na ficha os que necesitábamos. 

Posteriormente pensamos que poderíamos cociñar con eses ingredientes (ovos, vasos de leite, galletas, laranxas e onzas de chocolate). Fomos diciendo o que poderíamos cociñar: tartas, bizcoitos, magdalenas e tronquiños de nadal.
Finalmente na parte trasera da ficha debuxamos a nosa receita, feita con eses ingredientes. 

E como xa estaba rematado o mural da Paz, con todos os botes colocados, fomos ver o resultado. 

Estivemos buscando os botes dos nosos irmáns/ás e vendo o fantástico traballo que fixechedes nas vosas casas e nas aulas.

Tobogáns no patio. 4 anos

Comezamos a empregar os tobogáns no patio. Os nenos e nenas o pasaron xenial e tiñan moitas ganas de tirarse neles.

Recetario en 4 anos

Imos facer un recetario entre todo o Equipo de Infantil. Escribimos o nome das nosas receitas: o ourizo de froita e a palmeira de froita. Despois decoramos as fotos das nosas receitas con marcoa de gomets e tamén a contraportada. Vainos quedar xenial.

miércoles, 27 de enero de 2021

Pensamos un título para as nosas receitas saudables en 5 anos

Hoxe decidimos os títulos das nosas recetas saudables.


Individualmente fomos pensando como titular as receitas e escribiendo no encerado da aula. Logo por grupos decidieron e votaron cal era o que máis lles gustaba porque reflexaba mellor o que fixemos nesa receita. 
Con esta actividade votamos e decidimos de forma democrática, sen conflictos e respectando as opinións dos demais compañeiros/as. 

 
Tamén comezamos a escribir a nosa receita.  Vemos as partes que compoñen as receitas : o título, os ingredientes e o modo de preparación. Ademais fomos elixindo as fotos de todo o proceso para facer un libro de cociña saudable para o proxecto do centro.

Florero con churros de plastilina. 4 anos

Decoramos o florero con churros de plastilina debíamos estirala ben. Costounos un pouco pero desta forma melloramos a motricidade fina. Despois debuxamos unhas flores con rotulador.

martes, 26 de enero de 2021

Segunda receta saudable e desexos encargados da aula en 5 anos

Hoxe fixemos unha segunda receita saudable coa froita da semana da foia no colexio. Nesta ocasión empregamos prátano, mazás e mandarinas para crear un día chuvioso.

O alumnado pelou as pezas da fruta, separou os trozos da mandarina para facer o paraguas e cunha palliña creamos a asa do mesmo. Logo cortou o prátano para crear as nubes e a mazá cortada en dadiños para facer un verme. 



Outra das actividades de hoxe, partindo da idea da miña sustituta Andrea, foi continuar coas frases dos encargados. Dado que non tiñamos suficientes frases para completar un ciclo completo para que todo o alumnado tivese un desexo cando lle tocase ser encargado (faltábannos 4 frasea). 
A idea era converter as cousas negativas que lle dicían os nenos/as do conto de Orellas de Bolboreta  a Mara en cousas bonitas. 
Así creamos as frases e desexos para os encargados da aula. Cada semana o encargado/a escolle un e o le en voz alta aos seus compañeiros. 

Por equipos decidieron o que querían desexarlle, logo reproducíronno individualmente nas súas pizarras e finalmente en grupo o escribiron nun anaquiño de papel, que logo decoraron. 


Cadeira con Whasi Tape. 4 anos

Iniciámonos nunha técnica nova o Whasi Tape. Son unhas cintas adhesivas con diferentes formas e cores que sirven para crear formas, decorar... Debíamos crear unha cadeira coas cintas de Whasi Tape cada un escollía o seu modelo. Gustounos moito faremos máis traballos con esta nova técnica.

Colocación dos botes no mural" Mar de Emocións pola Paz". 4 anos

Fumos colocar os botes o mural "Mar de Emocións pola Paz". Observamos as características do mural: tiña ondas como o mar, as letras tiñan espuma... Despois cada un colocou o seu bote dos recordos no Mural.

lunes, 25 de enero de 2021

Rematado o grafismo creativo e colocación botes mural Paz en 5 anos

Hoxe rematamos o grafismo creativo das folerpas de neve.  Ademais aprendimos esta nova palabra en galego. 

 

Remataron de pintar o marco, debuxando pedras de cores e crearon a súas propias folerpas, facendo aspas cos rotuladores.


Tamén fomos colocar os nosos botes dos recordos ao mural da Paz. Moitísimos grazas a todas ás familias polo traballo tan maravilloso que fixechedes nas vosas casas!!!

E vimos que bonitas quedaron as ondas do mar e os barcos que eles crearon. Pero  tamén descubrimos as letras e o fondo mariño que fixeron as outras aulas de infantil.  

Finalmente tivemos tempo de xogo libre por equipos. Aquí podedes ver unha foto, duns dos xogos favoritos deste curso: a jenga, que nesta ocasión foi elixido polo equipo dos búhos.  

Símbolo da Paz con limpiapipas. 4 anos.

Continuamos traballando a Paz. Primeiro visualizamos na pantalla símbolos da paz, a continuación con 4 limpiapipas de cores reproducimos o símbolo. Finalmente pegámolo con silicona. Traballamos a motricidade fina e a simetría.

Erizo con uvas. 4 anos

Continuamos coa Semana da Froita e hoxe fixemos unha receita un erizo: o cascarón era media pera e despois debíamos pinchar uvas con palillos para facer as púas. Finalmente puxémoslle dous ollos. Quedounos xenial e o mellor que despois comémolo.

viernes, 22 de enero de 2021

Grafismo creativo e creación das etiquetas dos botes dos recordos en 5 anos

Hoxe creamos as nosas etiquetas dos botes das emocións. Nelas escribimos os nosos nomes e o sentimento que nos produce ese recordo: amor, alegría, felicidade...


Tamén decoramos as tapas dos botes para poder colocarlle as etiquetas.  
 

Agora xa só nos queda levar os botes ao mural e ver todo o traballo rematado. 
Aquí podedes ver un adianto do mural coas ondas do mar e os barquiños que estivemos facendo durante estes días, xa colados.

 
Ademáis tamén comezamos cunha nova actividade de grafismo creativo.
Hoxe tiñamos que decorar as folerpas cos diversos grafismos, para elo collemos as nosas tarxetas de grafismos. Cada un elixui o traxo que quería reproducir. Podedes ver cómo, cada vez fan trazos máis precisos!! 

A próxima semana remataremos o grafismo, debuxando nós sós as folerpas e facendo un marco para a ficha. 

Botes dos Recordos. 4 anos

Cada neno e nena ensinou o seu bote e explicou o seu recordo. Despois elaboramos unha etiqueta onde puxemos o noso nome e unhas pegatinas coa emoción que nos transmitía o noso recordo. Qué bonitos están os botes. Grazas pola colaboración.

jueves, 21 de enero de 2021

Empréstito contos da biblioteca e decoración barquiño papel en 5 anos

Hoxe comezamos co empréstito de contos da biblioteca. 
Cada súas semanas (en xoves alternos) o alumnado poderá escoller 2 contos da biblioteca, que este ano ubicamos na nosas aula por mor do Covid. 
Estes contos poderán telos na casa 14 días e despois serán devotos á aula e postos en corentena, pero levarán outros distintos que temos na aula. 
Moi ilusionados, por equipos, foron elixindo os contos que querían levar as súas casas. 

Se picades enriba das imaxes poderedes velas ampliadas. 

Tamén decoramos con cintas de whasitape os barquiño de papel para o noso mural de Paz, deixando voar a súa imaxinación e creatividade.

No seguinte vídeo podedes ver como fixemos os barquiños e como os foron decorando. 



Acuarelas con Música. 4 anos

Fixemos unha actividade moi divertida pintamos con acuarela pero debíamos facelo o ritmo da música. Cada vez que escoitábamos a música pintar co pincel, máis rápido, máis lento.. É unha actividade moi boa para traballar a atención visual e auditiva.

miércoles, 20 de enero de 2021

Benvida a nova compañeira da aula e origami en 5 anos

Hoxe por fin veu a nosa nova compañeira á aula.
Resulta que na actividade dos propósitos que desexamos para este 2021 pedimos que viñeran novos compañeir@s á aula. E por fin ese propósito cumpriuse hoxe.
A ver se temos sorte e cúmprense todos os demais!!!

Para darlle a benvida decidimos que cada nen@ lle regalaría un xoguete da súa caixa de traballo persoal: déronlle peluches, coches, animais, moldes de plastilina... Conseguiu tantas cousas que Nayara moi agradecida deulle aos seus compañeiros tamén algúns dos seus xoguetes da súa caixa persoal.

Tamén lle fixemos carteis de benvida nas nosas pizarras.  

Para rematar a mañá fixemos unha actividade de origami: creamos un barquiño de papel para colocar no mural da Paz. 

Con esta actividade traballamos a destreza óculo manual, a paciencia, a axilidade mental, a destreza e precisión motriz, a orientación espacial e o seguimento de ordes.
 
 
Hoxe só nos deu tempo de facer o barquiño pero mañá decorarémolo ao noso gusto.