PEQUECIES

PEQUECIES
El blog de Educación Infantil del CEIP Illas Cies

martes, 28 de abril de 2020

Proposta de Actividades do 4 ao 8 de Maio. 3 anos.


A primeira proposta é visionar o conto de Perdido de Oliver Jeffers. Despois de velo falar da importancia da amistade e dos nosos amigos e amigas que botamos de menos.
A segunda proposta é ver a poesía do pinguin.


A terceira proposta é facer a rutina diaria de pasar lista. Podemos imprimir a Orla ou visionala na Tablet ou Ordenador. Debemos cun lapis como facíamos na clase pasar lista a tódolos compañeiros polo seu nome sinalando a súa foto. Así recordaremos os seus nomes e afianzaremos as rutina da Asamblea que facíamos na aula.

A cuarta proposta será emparellar calcetíns. Seguro que tedes moitos calcetíns pola casa. Imos separalos todos e mesturalos nunha caixa poden estar os de toda a familia. A actividade consiste en buscar os calcetíns e facer parellas. Podemos contar o número total de calcetíns. Podemos poñer a canción de a guardar a guardar mentres o facemos.


A seguinte actividade é repasar as vocales para elo deíxovos unha canción .


A sexta proposta é de Audición e Linguaxe debemos tentar adiviñar os sons do vídeo: animais, sons da casa, da cidade... podemos aproveitar para aprender algo de vocabulario tamén


Finalmente felicitar a Shalma que está de cumpreanos o 8 de Maio . Parabens Shalma!.

lunes, 27 de abril de 2020

Mindfulness na casa VI

   Esta semana propóñovos un xogo Montessori, o xogo do silencio.
   Este xogo vainos axudar a mellorar a disciplina interna, o autocontrol, a agudeza auditiva, a paciencia, a tolerancia e a relaxación.
   O xogo consiste en sentarse quietos como unha rocha e manterse en silencio.
   Imos marcar o principio e o fin do xogo, para iso temos varias opcións. O máis habitual e indicar o tempo tocando unha campá ou outro tipo de instrumento. Tamén podemos empregar un reloxo de area. Eu son máis partidaria de empregar unha candea (vela) comezando o xogo ao encendela e rematando apagando a chama. (Lembrade non deixar nunca o lume sen vixilancia)
   O tempo co que imos comezar son 30 segundos e podemos aumentalo progresivamente.
   Ao rematar, e sempre que lle apeteza á crianza, podemos falar do que escoitamos, do que sentimos...

     A seguinte actividade que vos propoño é outro vídeo de Pim Pau para continuar traballando a concentración.


     E para rematar un mandala . Por que pintar mándalas? Os mandalas  axudan  a meditar de forma activa, son unha actividade relaxante que nos libera do estrés axudándonos a recuperar a calma interna e a tranquilidade, desenvolven a paciencia, espertan aos sentidos e á intuición, axudan á coordinación e á expresión e potencian a concentración e o autocontrol.
     Déixovos algunhas propostas e podedes a topar moitas máis nas redes pero se estes son os beneficios de pintar mándalas debedes  saber que debuxar mandalas ainda é máis beneficioso.














     Boa semana a todos.
     Biquiños.

domingo, 26 de abril de 2020

ACTIVIDADES DO 27 AO 30 DE ABRIL. 5 ANOS

Antes de comezar coas tarefas, podedes ver este vídeo das actividades que fixestes esta semana. Quero felicitarvos a tod@s polo ben que estades traballando nas vosas casas. Sodes uns artistas!



Esta semana podedes facer as seguintes tareas:

1. Inventar un conto no que apareza algún personaxe ou obxecto destas cartas. O nen@ debe mirar atentamente estas cartas e escoller as que máis lle gusten. Poden aparecer outros personaxes que non estean nas cartas. O papel do adulto neste xogo é o de axudar a construír a historia, no caso de que ao nen@ lle resulte complicado. Pode comezar o nen@ a contar e o adulto vai dicindo algunha frase para darlle algunhas ideas pero deixando que o nen@ empregue a súa imaxinación e fantasía. Non esquezades poñerlle un título. Se ten algún disfraz na casa tamén se pode disfrazar para que sexa máis divertido.

cartas para inventar cuentos - Glòria P - Álbumes web de Picasa ...cartas para inventar cuentos - Glòria P - Àlbums web de Picasa ...cartas para inventar cuentos - Glòria P - Álbumes web de Picasa ... cartas para inventar cuentos - Glòria P - Álbumes web de Picasa ...
2. Figuras xeométricas. Repasamos as figuras xeométricas con este vídeo.
A continuación busca pola casa obxectos que teñan forma de triángulo, rectángulo, cadrado, círculo...


Logo podes escoller entre estas opcións:
-Debuxar obxectos que teñan esas formas xeométricas. Podes debuxar os que aparecen no vídeo ou outros. Tamén podes copiar o nome das figuras xeométricas que aparecen no vídeo.
-A partir dunha figura xeométrica, debuxar en qué se pode converter. Por exemplo un círculo nun sol.
-Crear un debuxo empregando varias figuras xeométricas. Neste vídeo podes ver algunha idea.


Tamén podes facer as formas xeométricas con plastilina (máis abaixo deixo o experimento) ou facer as formas xeométricas con sellos, elaborados con rollos de papel hixiénico (darlle forma coa axuda do adulto) e logo realizar estampacións no papel.




3. Abecedario. Mira este vídeo para repasar as letras, os sons das letras e  practicar a grafía das letras maiusculas.
Podemos xogar a dicir palabras que comecen por ese son ou letra, incidindo moito no son da letra.
Contar as sílabas da palabra con palmadas.
Xogar ao "vexo, vexo" con cousas da casa que teñan o son que digamos e que estean á vista.


Podes descargar a plantilla das letras para xogar a formar palabras, formar o  teu nome, o d@s compañeir@s... Logo podes copialos nun papel.
http://papelisimo.es/wp-content/uploads/2015/02/ABECEDARIO-RECORTAR.jpg

4. Experimento: Facer plastilina casera. Os ingredientes que precisamos son fariña, sal, aceite e auga. Aquí vos deixo un vídeo de como facela se queredes.


AVISO IMPORTANTE:

Infórmovos que a vindeira semana as actividades estarán propostas polo equipo das TIC do colexio e serán actividades para conmemorar o día de Europa que é o día 9 de maio e as actividades da seguinte semana é dicir, dende o día 11 ata o 17 de maio, serán organizadas polo Equipo de dinamización da lingua galega e tratarán sobre as Letras Galegas que se celebra o día 17 de maio.
Nestas dúas semanas publicarei algunha recomendación para traballar na casa sobre contos, conceptos básicos, cancións... para non romper a rutina establecida.
A partir da próxima semana as actividades propostas polos especialistas de música e inglés, serán programadas quincenalmente na web.

Tamén vos informo que na Web do cole, no apartado de orientación, atoparedes uns consellos e un conto sobre o desconfinamento.

Grazas e moito ánimo!






Actividades do 27 ao 30 de Abril. 3 anos.

 A primeira proposta é visionar o conto de Chibos Chibóns. Despois respondemos ¿ Cómo tiña a chiba o chibo chibón grande, e o mediano e o pequeno?. Podemos facer un debuxo do chibo chibón que máis nos gustou.    
        
A segunda proposta é un Xogo de Cartas para traballar os tamaños: grande, mediano e pequeno. Vos deixo o enlace    https://pin.it/59HOUwe para que imprimades as cartas e os nenos e nenas deben xogar a agrupar os obxetos pequenos, medianos e grandes. Podemos tamén darlle unha orde busca un obxeto pequeno de cor vermella por exemplo. Pero tentar non darlle máis de dúas cualidades á vez.      

                            
                                                                                                  A terceira proposta é de Psicomotricidade Fina facer unha Torre Escalada. Precisamos un rolo de papel de cociña, cucharillas de plástico ou paus de xeado, pinzas da roupa, pompóns e senón temos pompóns tamén valen macarróns, garavanzos.. e un CD de base. Para elaborar a torre pegamos o rolo de papel a base do CD, facemos buracos e introducimos as cucharillas. Posteriormente coas pinzas da roupa imos collendo os pompóns ou macarróns e colocalos enriba da cucharilla sen que nos caigan. 

                                                                           
A cuarta proposta é de lóxica-matemática de clasificación de obxetos. Colocamos nunha caixa diferentes obxetos: prendas da roupa, monecos, útiles de cociña, papel hixiénico... e temos que xogar a sacalos dun e un e clasificalos no seu sitio: cociña, habitación.. Podemos poñer a canción que escoitábamos na clase "A guardar a guardar, cada cosa en su lugar" .  
          
                                 

                    


A quinta proposta é o Experimento desta semana: "Leite Máxica". Precisamos un prato sopero, leite preferiblemente enteira, um bastonciño dos oídos, xabón de lavar os pratos, e colorante alimentario ou azafrán senón temos. O experimento consiste no seguinte: botamos leite no prato, engadimos unhas gotas de colorante alimentario ou azafrán senón temos. Mollamos o bastonciño dos oídos con xabón e o introducilo no prato vemos o que sucede: ¡ Os colores bailan sobre a leite". Fixemos maxia.

                            

                                 Informarvos que a vindeira semana haberá actividades propostas polo equipo das Tic para conmemorar o día de Europa que é o 9 de Maio e as actividades da seguinte semana dende o día 11 as 17 de Maio polo Equipo de Dinamización da Lingua GaGalega e tratarán sobre as Letras Galegas que se celebra o día 17 de Maio. Nestas dúas semanas  seguiremos publicando tarefas como contos, poesías, conceptos matemáticos básicos, rutinas da aula pasar lista... xogos ou algún experimento para que sigades traballando.
Tamén tedes colgado na web unhos consellos e un conto sobre o desconfinamento. Ánimo familias.

Actividades do 27 ao 30 de abril. 4 anos. Mestra Mónica

Bos días familias, unha semana máis seguimos intentando facer un pouco máis amena está situación de confinamiento que estamos a vivir. Para esta semana propóñovos traballar un pouquiño os números e a actividade física, todo elo a través de manualidades, xogos e contos.  Intentando favorecer así a saúde mental do noso alumnado e potenciar así uns hábitos de vida saudables. 
As miñas propostas para esta semana son:
  • A primeira actividade chámase o vaso máxico: Esta actividade foi proposta por "Casa de fieras", que é un clube social, que potencia a creatividade e as emocións nos máis pequenos. Para realizar esta actividade necesitamos un vaso, un recipiente, auga, unha lámina con números e debuxos (que podemos crear nós mesmos) e colorante ou tempera líquida. O alumnado vai alucinar cando descobran que poder ver, con tan só un vaso, a través dun líquido totalmente ópaco. 
Podemos facer a actividade practicando con números do 1 ao 10 ou do 1 ao 20, segundo o nivel de coñecemento dos vosos fillos/as. Tamén podedes facer esta actividade coas letras dos nomes dos compañeiros/as ou con debuxos para que eles localicen os debuxos que comezan por unha determinada letra. 

Neste vídeo podedes ver como se fai. É moi divertido!! 


Agora podedes ver a actividade feita por min na miña casa. Espero que vos guste!! 👍🏻🏠🌈


  • A segunda actividade que vos propoño son xogos psicomotrices. Podedes facelos todos ou só aqueles que sexan máis motivadores para os vosos fillos/as. Aquí están as miñas propostas. 
1. Xogo “Canasta”Tumbados boca arriba no chan collemos unha pelota ou obxecto cos pés e, levantando as pernas, intentamos encestar nunha papeleira ou recipiente que teremos detrás da cabeza. 


2. Xogo  “Pasamos o globo”: Facemos unha fila no chan tumbados boca arriba coas pernas abertas, polo que a nosa cabeza queda apoiada entre as pernas do nos@ compañeir@. @ últim@ da fila colle coas pernas un globo ou obxecto e, levantando as pernas, pásallo ao seu compañeir@ de detrás. Repetimos ata chegar ao primeiro da fila.  

3. Xogo “o laberinto": Debuxamos no chan un laberinto con cinta ou con xiz e cunha pelota o neno/a debe atopar a saída. 




4. Equilibrio sobre líneas: Podemos poñer cinta de carrocero ou adhesiva no chan e pedirlles que fagan distintos desplazamientos: avanzar saltando cos  pes xuntos, cos pes separados e sen tocar a cinta, avanzar cun pe diante de outro...


5. Xogo saltos: Camiñar entre as cintas sen pisalas. Saltar sen tocalas. Dar un salto e ver ata onde chegamos.



  • A terceira actividade está relacionada co conto "Por el camino": Escoitamos o conto cantado por Tamara Campos  (educadora infantil) e practicamos o trazo dos diversos números que saen no conto. 


 Para facer os trazos de maneira máis divertida, podedes crear una bandeixa sensorial (enchendo unha caixa ou bandeixa con azucre, sal ou fariña ou a bandexa do forno chea de xabón (con espuma do pelo ou de afeitar conséguese unha espuma máis densa).



  • A cuarta, actividade é crear unha manualidade da primaveira. O pasado 20 de marzo xa chegou a estación da primavera ao noso hemisferio e, por iso, propóñovos unha manualidade para que o alumnado poda dar saída a toda a súa creatividade e imaxinación. Deben crear unha flor ou unha árbore frorecida, utilizando pasta ou diferentes materiais q teñades na casa. Aquí vos deixo algunhas ideas, que vos poder servir de inspiración.
 


 




Por último non esquezamos que o martes 28 de abril é o cumple de Julia e podemos felicitala e facerlle unha manualidade ou regalarlle a manualidade da primaveira que fixemos esta semana.   

👀 Non ver o vídeo ata o 28 de abril.!!

                 

Para rematar, catro avisos importantes: 

1. As actividades da próxima semana estarán todas propostas polo equipo das Tics do noso colexio, e teñen por obxecto conmemorar o Día de Europa, que se celebra o 9 de maio.
Ademáis as actividades do 11 ao 15 de maio versarán sobre as Letras Galegas (que é o 17 de maio) e serán propostas polo Equipo de dinamización de galego. 


2. Durante esas dúas semanas dende as titoras colgaremos contos, cancións e enlaces de  recursos online para traballar hábitos, rutinas e conceptos básicos.   

3. partires da próxima semana as actividades propostas polos diferentes especialistas (música e inglés) serán programadas quincenalmente e non por semanas. 

4. Coma sempre, podedes mandar fotos, vídeos ou calqueira comentario desas actividades e das actividades propostas polo equipos de Tics e dinamización  de galego ao correo electrónico de infantil:
* pequescies@gmail.com 
* ou o meu whatsapp. 

Pásade unha boa semana!! 

viernes, 24 de abril de 2020

CUMPLEANOS . 5 ANOS

Para tod@s @s que estivestes de cumpleanos durante a cuarentena e non o puidemos celebrar no cole, aquí vos deixo un agasallo especial.
Para Xiana, Antía, Yoel, Ela e Fidélia que xa cumpliron 6 anos. Moitos bicos.




lunes, 20 de abril de 2020

Mostra actividades durante o primeiro mes do estado alarma. 4 anos. Mestra Mónica

Ola,
Moitísimas grazas por todos os vídeos, fotos e mensaxes de audio que me estades enviando durante estes días. Aquí vos deixo unha pequena montaxe cunha selección de todas as cousas que me fixéchedes chegar.
Espero que vos guste. Un biquiño para tod@s!!!


domingo, 19 de abril de 2020

Mindfulness na casa V

     Ola
     O primero quero darvos as grazas  por eses dragons tan fermosos  que recibimos no correo.





     Esta semana quero compartir convosco un libro moi interesante: "Respira" de Inés Castel-Branco. Ao longo  das súas páxinas  amósanos diferentes propostas de exercicios de respiración que veñen explicados ao final do libro. Tamén inclúe unha páxina de mantras moi sinxelos.
     Os mantras son frases, palabras ou sílabas que se recitan como apoio á meditación. Neste caso empregan as vogais. Recoméndovos que mentres o fagades coloquedes as mans nas seguintes posicións:
     A.- Mans no peito
     E.- Mans no pescozo
     I.- Mans na cabeza
     O.- Mans no corazón
     U.- Mans na barriga
     Outra das propostas que nos realiza é a elaboración dun frasco da calma. Os frascos da calma son un recurso estupendo tanto para a meditación como para acougar nun momento de nerviosismo. Hai uns días a profe Raquel explicounos como facer un, déixovos aquí o enlace.
     Aquí tedes un vídeo onde podedes ver o libro. Tanto podedes facer un visionado completo como detervos nalgunha das súas páxinas e levar á cabo algunha das súas propostas.


     Penso que este libro é un gran recurso ao que acudir en diferentes momentos e podería ser un agasallo ideal para o día do libro.

     Que pasedes unha boa semana.
     Biquiños.

Mostra de actividades de Pascua. 3 anos


ACTIVIDADES DO 20 AO 24 DE ABRIL. 5 ANOS

Esta semana podedes facer estas actividades:

1. Crear un xoguete ou xogo con material de refugallo ( cartón, tapas...). Aquí vos deixo algunhas ideas.
 10 juguetes y manualidades hechos con material recicladoDSC_0118 | Robot con material reciclado, Manualidades recicladas y ...Pin de Maite Araque en plantillas | Juguetes con material ...Pin en NIÑOS


2. Aprender unha adiviña ou refrán. Pregúntalle a papá, mamá, avó , avoa... algún refrán ou adiviña sinxelo e intenta aprendelo. Este é o refrán que eu escollín:

"QUEN TEN UN AMIGO, TEN UN TESOURO".

Agora resolve esta adiviña:

"SON ASTUTO E XOGUETÓN
E CAZAR UN RATO É
A MIÑA AFICIÓN"

Neste vídeo descubrirás a resposta:



3. Conto "Elmer". Como Elmer, todos e todas temos algo especial que nos fai únicos. Despois de ver o conto podemos aproveitar para falar cos nen@s de valores importantes como aceptar as diferencias, o respeto, a amizade...


A continuación podes realizar calquera destas actividades :

Facer un debuxo do protagonista e pintalo de moitas cores.
Imprimir o debuxo e decoralo recortando e pegando anaquiños de papel de cores ou colorear on line. https://coloriage.info/elephant-elmer-coloriage-10160
Facer a Elmer de moitas cores con materiais de diversas texturas: tela, botóns, plastilina..

Elmer con materiales diversos | Anaokulu, Duygular, Okul öncesi

O xoves 23 de abril é o día do libro, así que podes contarlle o teu conto favorito a alguén da familia, facer un marcapáxinas para os teus contos...


4. Xogo dos sentidos. Meter nunha bolsa obxectos de diferentes texturas rugoso, suave... e adiviñar cos ollos tapados que é polo tacto.

Agora mira este vídeo. Escoita os sons de animais, da casa e da cidade e intenta adiviñalos.


Saborear varios alimentos doces, salgados, ácidos... e adiviñar cos ollos tapados de cal se trata.
Frutas Plato De Fruta - Foto gratis en PixabayEl chocolate belga se pasa al 3D - elEconomista.esMix Frutos Secos Salado 250 G - Natural Mente▷ Receta de galletas saladas sin mantequilla: ¡Igual de sabrosas!

5. Repasamos os números con este vídeo e logo podedes practicar a grafía nun papel.

Rematamos con esta proposta da mestra Ana, de audición e linguaxe:

Xogo de estimulación da linguaxe. Precisades ter instalado o power point e pinchar en descargar para que sexa interactivo.

XOGO DE ESTIMULACIÓN DA LINGUAXE


Actividades semana do 20 ao 24 abril para 4 anos. Mestra Mónica

Bos días, seguimos unha semana máis confinados nas nosas casas, pero debemos manter unha actitude positiva e pensar que xa nos queda un día menos para superar esta situación. 
Dende a miña casa mándovos moito ánimo, apertas e bicos a tod@s os alumn@s e as súas familias e felicítovos polo ben que o estades a facer. 

1. A primeira actividade que vos propoñemos e escoitar o conto "un becho estrano", da editorial kalandraka. Despois podedes crear o voso propio becho raro, empregando diversos materiais: cartolina, plastilina, debuxo libre, acualeras, mosaico.



                      
Neste vídeo podedes ver o conto narrado por min, aínda que non teño o conto físicamente na miña casa e por iso soamente podedes escoitar a miña voz e ver as imaxes do conto. 


Aquí vos deixo outro vídeo do conto,  desta volta narrado pola pedagoga sevillana Eva María García. 


Agora vos propoñemos resolver un problema relacionado co conto. O problema é o seguinte: "se o rato tiña 6 pelos no seu bigote e o vento levouse 4 peliños do bigote, cántos pelos no bigote lle quedaron?" 

Podemos plantear este problema moitas veces para practicar máis veces e afianzar o proceso, cambiando o número de pelos do bigote e o número de pelos que perdeu o rato co vento. 
Debemos resolver o problema de maneira manipulativa, deste xeito, o alumnado poderá elixir palillos, palliñas, macarróns, lápices de cores, cordeis, la ou calqueira outro material, que teñades na casa, para resolver o problema. Debemos deixar que sexa o propio alumno/a o que elixa o material que quere empregar e o que resolva a situación, sen a nosa axuda. Aínda que plantexen a situación de forma errónea, non debemos axudalos pero sí guialos no proceso.
A continuación déixovos ás familias unha mostra e breve explicación de cómo podedes facelo, para que sexan os propios nenos/as, por si mesmos, os que cheguen á solución do problema,  empregando o método de ensaio error. 


2. Tangram rato. Comezaremos explicando que é un tangram. Un tangram é un antigo xogo chino que significa “os sete tableros da astucia”, e consiste en formar siluetas de figuras coas súas sete pezas (1 cadrado, 2 triángulos pequenos, 1 triángulo mediano, 2 triángulos grandes e 1 romboide) , chamadas tans. Un tangram pode ser de calqueira tamaño, pero sempre hai que respetar as figuras, todas saen dun cadrado.

Podedes ver este vídeo para crear o voso propio tangram.  Podedes empregar un folio, papeis de cores, cartolinas, goma Eva, caixas de galletas ou cereais... Despois podedes decoralo ao voso gusto, pintando con puntiños de cores, raias, purpurina ou o que a vosa imaxinación vos diga.


Finalmente debedes intentar crear esta figura dun rato (como o protagonista do conto "un becho estrano" ), coas 7 pezas do tangram.

Aquí podedes ver a resposta do tangram. 


3. Circuitos animais. A continuación vos mostro varias propostas para facer un pouco de exercicio físico na vosa casa a través de diferentes circuitos moi breves. Estes circuitos son unha proposta de Silverio García Conesa, graduado en CAFD. Trátase de xogos divertidos e moi fáciles de facer na casa.
  • Calentamento de animais: damos 2 voltas polo corredoiro, no salón ou na habitación como se fosemos diversos animais. Sabedes como calentan os animais?: explicarlle ao pequenos que cada animal se move de forma diferente e que vamos a andar cómo eles polo corredoiro, salón ou dormitorio.
 - O pingüino 🐧: andaremos como un pingüino cos pes xuntos polo lugar elexido, debemos xuntar os talóns e intentar andar separándos o menos posible.
- O elefante🐘: estiramos un brazo diante da cara, pasamos o outro brazo por debaixo do estirado e dobramos o codo para intentar collernos o nariz, deste xeito o brazo estirado queda suxeto co outro brazo e utilizarémolo de trompa.
- O tigre🐅: andamos a gatas mentras ruximos.
- O canguro🦘: damos saltos fortes coas dúas pernas.
-A ranita🐸: damos saltitos pequenos cos pes xuntos.
  • O zoo: agora andaremos polo corredoiro co neno/a e cando digamos un animal dos anteriores hai que ir facendo o animal ata chegar a un lugar marcado ou persona. Podemos facer unha especie de laberinto para que sexa máis divertido. 
 

4. Día do Libro. Para conmemorar o día do libro, suxiro dúas actividades. Por unha banda, que faledes cos vosos fillos/as para preguntarlles cal é o seu conto favorito, porque lles gusta tanto, cal é o protagonista do conto e que nos conten brevemente o seu argumento. Podedes crear un pequeno vídeo ou grabar un audio tipo podcast, recomendándonos o seu conto ou explicando o seu argumento.

Por outra banda, crearemos o noso propio marcapáxinas coa técnica do tie dye. Necesitamos cartolinas ou papel, rotuladores e alcohol.   Debuxamos unhas flores facendo círculos concéntricos e despois botámoslle unhas gotas de alcohol no centro do debuxo (añadide o alcohol gota a gota, segundo necesitedes) . 

 

Aquí vos deixo o vídeo coa miña manualidade!!

                   

5. Xogo de luz.   Trátase dunha actividade de experimentación e exploración. Dunha maneira lúdica o alumnado descubrirá as mezclas que se produce nas cores e como cambian as tonalidades das cores coa luz do sol.
No seguinte vídeo podedes ver cómo se fai.


Por último recordarvos que o 23 de abril e o cumple de Nahuel, que por fin cumple 5 anos.  Para celebralo, dado que é o día do libro, propóñovos que lle fagades algunha manualidade personalizada ou ben que lle regaledes o marcapáxinas que fixéchedes esta semana para conmemorar o Día do Libro.

ATENCIÓN NON VER O VÍDEO ATA O 23 DE ABRIL⛔.