PEQUECIES

PEQUECIES
El blog de Educación Infantil del CEIP Illas Cies

miércoles, 24 de abril de 2019

Cumple Fidelia 5 Anos

Representación teatral 4º Primaria

Fai uns días, asistimos como público á marabillosa obra teatral "O emperador tangram Chuli", que representou o alumnado de 4º de Primaria, que narra a historia de como xurdiu o xogo do tangram. Según conta unha lenda foi a través da ruptura accidental, en sete pedazos, do espello dun emperador. Os nenos e nenas de 4º de infantil quedaron tan entusiasmados, que tivemos que buscar un tangram para poider practicar nos con el.


Maleta viaxeira emocións en 4º Infantil

Fai unhas semanas atopamos unha sorpresa na nosa aula, unha maleta xigante chea de contos, que nos prestara o CFR de Vigo. Aproveitando que tiñamos esa maleta tan pesada na aula, decidimos traballar os pesos e averiguar que cousas pesan pouco e cales pesan máis.

martes, 23 de abril de 2019

Cumple Nahuel 4º Infantil

Hoxe martes 23 de abril foi un día moi especial na nosa aula, porque ademais de volver a rencontrarnos despois das vacacións e de ser o Día do Libro, hoxe celebramos que o noso compañeiro Nahuel cumplía 4 anos. Parabéns!!!!

viernes, 12 de abril de 2019

Decoración e búsqueda de ovos en 4º Infantil

O pasado xoves 11 de abril visitou ao noso colexio Begoña, a nai de Hugo , para facer un divertido obradoiro de decoración e búsqueda de ovos. Primeiro tivemos de cocer os ovos e teñilos de varios cores e despois decorámolos como se fosen un coello e unha tartaruga ninja. Quedaron moi chulos!!!! Pero o máis divertido de todo foi buscar polo patio os ovos de chocolate escondidos e comelos despois!!!!!