PEQUECIES

PEQUECIES
El blog de Educación Infantil del CEIP Illas Cies

viernes, 31 de enero de 2020

Lecturas para a Paz. 3 anos.

Rematamos coa Conmemoración da Paz e os nenos de 4 de Primaria viñéronnos contar o conto da Ovella Tigre. Gustounos moito.

Matemáticas ABN. 3 anos.

O outro día pintamos unha cunca de ovos de cor azul e pegamos os números do 1 ao 12. Hoxe atopamos unha caixa máxica con pompons e tiñamos que coller o número de pompons que nos indicaba o número. Desta forma practicamos a motricidade fina e o razonamento matemático.

jueves, 30 de enero de 2020

Día da paz. 5 anos.

Hoxe celebramos o día da Paz no cole.


Pintando con plumas. 5 anos.

Hoxe fixemos as letras de paz cunha nova técnica, pintamos con plumas e pintura fluorescente. Gustounos moito.


Proxecto planetas.5 anos.

Grazas ás familias polas aportacións para o proxecto.


A terra no sistema solar. 5 anos.

Con esta maqueta do sol e a terra observamos como se producen Os movementos de rotación e traslación, O día e a noite, a lúa satélite da terra...


Proxecto "Os planetas".5 anos

Esta semana comezamos un novo Proxecto "Os planetas" temos  moita curiosidade por aprender cousas sobre este tema.


Maleta viaxeira. 5 anos.

O conto que máis lle gustou a Aloia foi "Daniela pirata".


Manualidade pomba da Paz en 4 anos

Outra das actividades que fixemos na nosa aula foi unha pomba da Paz. Recortámola, pintámola, puxémoslle unha folla a modo de ramiña de olivo e finalmente empregamos unha nova técnica para facer un cartel: a pintura con sal.




Pintamos cos pés. 3 anos

Na clase de Psicomotricidade pintamos cos pés ao ritmo da música de Macaco. Qué divertido foi!.

Día da Paz e non violencia

Hoxe 30 de XANEIRO conmemórase en todos os centros educativos o Día da non violencia e a Paz. No noso centro para festexalo, entre outras cousas, fixemos este baile e unha pomba xigante con lazos
brancos.  





Cumple Héctor. 3 anos.

Parabens Héctor. Héctor hoxe cumpriu 4 anos e celebrámolo seguindo o método Montessori demos 4 voltas arredor do sol e compartiu con nos obxetos de cando era pequeno: portachupetes, manta, fotografías, un peluche, un conto... foi fantástico.

miércoles, 29 de enero de 2020

Problema conto "A COSTUREIRA VALENTINA" en 4 anos

Hoxe resolvemos o seguinte problema matématico: Se o rei regáloulle a Valentina e a anciá, que a coidou, 7 agasallos, cántos agasallos recibiu cada unha delas? 
Este problema ten varias posibles solucións. Pero o primero que tivemos que facer para atopalas foi poñer ao alumnado en situación. Para elo creamos os nosos propios agasallos.
Os nenos/as envolveron con papel unhas pequenas caixiñas e logo colacáronlles un laciño a cada unha.
Unha vez creados os nosos agasallos, os nenos/as os repartiron como quixeron.

Aquí podedes ver un pequenos resumo da actividade.  


Lecturas para a Paz. 3 anos

Esta semana co gallo da celebración do día da Paz o alumnado de 6 de Primaria viñéronnos contar a fábula de Aladdin e nos fixeron preguntas relacionadas co conto. Gustounos moito.

Abanico. Arte. 3 anos.

Coñecemos unha técnica nova pintar con garfo . Debíamos mollar o garfo na témpera flúor e debuxar o abanico. Quedaron moi bonitos.

Aprendemos a poñer a mesa. 3 anos.

Xa somos maiores e podemos ir realizando tarefas hoxe aprendemos a poñer a mesa: o prato,o garfo, o coitelo, o vaso e a servilleta e despois a recollela. Agora temos que facelo en casa.

martes, 28 de enero de 2020

Mural Paz en 4 anos

Este ano para conmemorar o Día da Paz e non vilencia no colexio, estamos elaborando un mural con mensaxes en diversas linguas.  O aula de 4 anos decoramos o Planeta Terra e fixemos uns monigotes coa mensaxe de bicos en 4 idiomas:

  • Inglés Kiss, 
  • Galego bicos, 
  • Castelán besos e 
  • Quechua mutsapay

Libro Monstro das Cores Lucía P. 3 anos.

Lucía estivo contentísima co Monstro xogou con el na súa casa, foi o cumpre dos seus primos..pasárono xenial.

lunes, 27 de enero de 2020

Mural da Paz. 3 anos.

Fomos visitar o mural da Paz que fixemos entre todo o cole. Vimos  as palabras en linguas diversas nos monecos elaborados polos nenos.

Pomba da Paz. 3 anos

Esta semana continuamos con actividades da Paz e pintamos cos dedos unha pomba da paz.

domingo, 26 de enero de 2020

Saída ao Museo do Mar

O pasado mércores 22 de xaneiro fomos de visita ao Museo do Mar de Vigo.  Explicáronnos que son os faros, como funcionan e para que sirven e, logo, fixemos unha manualidade dun faro con vasos de plástico. Tamén visitamos o acuario e os animais que viven na nosa nosa ría.

Pomba da Paz. 5 anos

O xoves fomos atar unhas cintas de cor branca para formar a pomba da paz entre tod@s.


Cintas de Paz. 5 anos.

Estamos elaborando unhas cintas para o día da Paz con debuxos e palabras relacionadas coa Paz.


Biblioteca do cole. 5 anos.

Gústamos moito ver contos na biblioteca do cole.


Mural da Paz. 5 anos.

Fixemos un mural da paz no mundo con  palabras de paz en diversas linguas entre todos os nen@s do cole que está situado na entrada principal. Quedou moi bonito.


Taller de estimulación da linguaxe. 5 anos

Traballamos a articulación e discriminación de fonemas coa mestra Ana.




viernes, 24 de enero de 2020

Collage. Alfombra máxica. 3 anos.

Proseguimos co Proxecto de Arte debíamos facer un Collage con goma eva de purpurina para completar a alfombra máxica . Co Collage desenvolvemos a coordinación,  a motricidade fina e a distribución espacial.

Xogo lectoescritura coas iniciais. 3 anos.

Xogamos coas letras cada neno debía buscar e recoñecer a inicial do seu nome e tamén dalgún compañeiro. É moi importante recoñecer as letras paso previo a lectoescritura.

Resolvendo problemas en 4 anos

Hoxe plantexamos un novo problema ao alumnado da aula, relacionado co conto " A COSTUREIRA VALENTINA".  O planteamiento era o seguinte: se no xardín da bruxa Morgadás hai 8 velas, e a bruxa regálalle 3 velas acendidas a Velentina, cántas quedan apagadas no xardín?

Nada mellor para resolver un problema que facelo de forma experiencial, vivindo a propia situación por eles mesmos/as!!

jueves, 23 de enero de 2020

Pomba da Paz en 4 anos

Como cada ano colaboramos na elaboración da pomba da Paz do noso colexio. Cortamos cintas de plástico brancas e logo anudámolas compoñendo unha gran pomba. Aproveitamos a ocasión para xogar as letras corporais e formamos co noso corpo unha gran P de PAZ. 

miércoles, 22 de enero de 2020

Monecos da Paz. 5 anos.

Os nen@s do cole estamos facendo un mural da paz no mundo que está colocado na entrada principal así que decoramos uns monecos de diferentes etnias que nos quedaron así de bonitos.


Maleta viaxeira. 5 anos.

A Yoel gustoulle moito o conto de "Cocorico".


Monecos da Paz. 3 anos

Pintamos e decoramos monecos de distintas etnias para o mural do mundo da Paz. Cómo nos gustou decoralos.

martes, 21 de enero de 2020

A Pomba da Paz. 3 anos.

Estamos compoñendo unha pomba entre todo o colexio. Cada neno e nena debe atar unha cinta branca e así entre todos formar a Pomba da Paz.


Libro Monstro das Cores Érika. 3 anos

Érika compartiu moitos momentos co Monstro das Cores acompañouna a piscina, xogou con ela en Bouzas..  cántas cousas fixeron xuntos.

Pintamos con plumas. 3 anos

Fixemos unha actividade diferente escribimos a palabra Paz con plumas. Debíamos mollar as plumas en pintura fosforita e facer o trazo. 

lunes, 20 de enero de 2020

Xogo dos números. 3 anos

Continuamos traballando o pensamento lóxico-matemático para elo asociamos a cantidade a súa grafía. Tiñamos que colocar o número de botóns que correspondía dependendo do número indicado.

Planeta Terra para a Paz. 3 anos.

Pintamos o mar do planeta Terra. Imos facer un mural para o día da paz con etnias de todo o mundo arredor da Terra. Estampamos con papel de burbuxa o mar unha técnica que nos encanta.

viernes, 17 de enero de 2020

Danza China Tchaikovsky. 3 anos.

Desta vez escoitando de novo a danza china de Tchaikovsky debíamos plasmar no papel con rotulador os sons longos e os curtos segundo os fóramos escoitando. Había que estar moi atentos.

Danza China Tchaikovsky. 3 anos.

Escoitando a danza china de Tchaikovsky debíamos trazar liñas curtas e longas no chan dependendo se o son era largo ou curto. Gústanos moito a música clásica.

Mural dos Xogos Tradicionais. 3 anos.

Plasmamos nun mural varias fotos e decorámolo de todos os xogos tradicionais que traballamos esta semana. 

Xogos Tradicionais. Parchís. 3 anos

Xogamos o xogo do Parchís pero nós somos as pezas, debemos tirar o dado e avanzar o número de pasos que nos indique o dado. Traballamos matemáticas de forma lúdica.

miércoles, 15 de enero de 2020

Maleta Viaxeira Alejandro. 3 anos

Alejandro gustoulle moito levar a maleta viaxeira e o que máis lle gustou foi o libro de Inglés. Debuxou un león chulísimo. 

Xogos Tradicionais. A Comba. 3 anos

Continuamos cos Xogos Tradicionais hoxe xogamos a Comba. Debíamos coller impulso e saltar a corda. 

Proxecto de Arte. Disco. 3 anos

Proseguimos co Proxecto de Arte debíamos decorar un disco de Vinilo facendo boliñas de plastilina. Desta forma practicamos a motricidade fina e a atención.

martes, 14 de enero de 2020

Xogos Tradicionais. As Canicas. 3 anos

Hoxe xogamos as canicas tiñamos que poñer unha no centro e co pulgar desprazar a outra intentando darlle. Foi moi divertido.