PEQUECIES

PEQUECIES
El blog de Educación Infantil del CEIP Illas Cies

jueves, 31 de marzo de 2022

Mascotas do Camiño de Santiago. 5 anos

Finalizamos o Proxecto do Camiño de Santiago pintando as distintas Mascotas do Camiño de Santiago con acuarelas. Despois unha vez que secaron debíamos recortalas e pegalas na Contraportada. Cómo nos gustou o Proxecto do Camiño de Santiago.

miércoles, 30 de marzo de 2022

As Constelacións. 5 anos

Comezamos vendo as Constelacións. Vimos un vídeo das distintas constelacións e as súas distintas formas. A continuación, cada neno e e nena escolleu a súa constelación preferida e debía repasala con rotulador prateado e colocar gometa de estrelas no lugar correspondente. Qué bonito quedou.

martes, 29 de marzo de 2022

Libro do Espacio. Miguel. 5 anos

Miguel tróuxonos un libro do Espazo con desplegables era moi bonito e interesante. Falábanos das distintas cousas precisas para viaxar o espazo. Grazas Miguel.

viernes, 25 de marzo de 2022

Ceo Estrelado. 5 anos

Decoramos un ceo estrelado. Primeiro estampamos a lúa con témpera prateada e a continuación pegamos gomets de estrelas de distintas cores. Tamén modelamos estrelas con plastilina. Cómo nos gusta o tema do espazo

jueves, 24 de marzo de 2022

Manifesto a favor da paz de Ucrania. 5 anos

Fixemos un manifesto a favor da Paz de Ucrania e en contra da guerra. Levantamos os xirasois o símbolo de Ucrania e lemos un Manifesto en contra da Guerra. Podemos velo no vídeo.

miércoles, 23 de marzo de 2022

As Nubes. 5 anos

Arrancamos un Novo Proxecto: o Espazo. Comezamos estudiando as nubes.Vimos un vídeo de cómo se forman e a continuación estampamos con pompóns formando nubes de distintas cores.

martes, 22 de marzo de 2022

Xirasois de Primavera. 5 anos.

Coloreamos xirasois con témpera sólida amarela. A continuación picamos ó redor. No patio sacamos fotos ó aire libre e despois recortámolas e pegámolas no noso xirasol. Quedou precioso.

lunes, 21 de marzo de 2022

Oitava etapa: Padrón-Santiago. 5 anos.

Facemos a última etapa: Padrón-Santiago. Na ficha debíamos recortar as pezas e encaixalas para formar a catedral. Qué emoción o vela completa. A continuación vimos unhas fotos que nos enviou Xián de Santiago de Compostela.

sábado, 19 de marzo de 2022

Informática. 5 anos.

Xogamos por primeira vez o xogo de Tuberías Locas. Debemos xirar as tuberías para facer pasar a auga. É un xogo de coordinación visoespacial e estratexia. Qué divertido!.

viernes, 18 de marzo de 2022

SEMANA DO CONSUMIDOR 3 ANOS

ESTA SEMANA ESTIVEMOS A REUTILIZAR OVEIRAS E CONVERTÍMOLAS EN UN FANTÁSTICO XOGO DE ATENCIÓN CON CUNCHAS DO CAMIÑO DE SANTIAGO. ESPERO QUE DISFRUTEDES DA FOTO COMO OS DESFRUTAMOS NOS ELABORÁNDOO E XOGANDO.

jueves, 17 de marzo de 2022

Música. 5 anos.

Disfrutamos moitísimo na clase de Música e aprendemos a tocar varios instrumentos.

Mochila Viaxeira. Sergio. 5 anos

Sergio fixo dous experimentos: un de líquidos e outro do peixe na pecera. Trouxo o do peixe para ensinarnos se se xira crea un efecto óptico e parece que se mete dentro da pecera. Parabens Sergio alégrome que disfrutases da mochila.

miércoles, 16 de marzo de 2022

Xogo do Camiño de Santiago reciclado. 5 anos

Traballando o Reciclaxe decidimos elaborar dous xogos do Camiño de Santiago con material reciclado. Primeiro pintamos dúas bases de cartón con rodillos, a continuación recortamos varias imaxes relacionadas co Camiño de Santiago. Finalmente poñemos as letras de todo o abecedario nos tapóns que reciclamos. Fixemos dous xogos. O primeiro consiste en ordear a secuencia de imaxes do Camiño de Santiago con pictogramas na mesma orde. O segundo xogo consiste coas mesmas imaxes construír o nome de palabras que aparecen co tapóns e intentar lelas. Traballando a lectoescritura de forma lúdica.

Reciclaxe. 5 anos

Facemos un cartel de Reciclaxe polo día do Consumidor decorado con confetti e pintado con rotuladores metalizados. E despois no patio aprendemos a botar os desfeitos separándoos por contenedores.

martes, 15 de marzo de 2022

Conto do Bosque de Enzo e Teo. 5 anos.

Estamos finalizando o Proxecto dos Animais e Enzo e Teo trouxéronnos un libro moi interesante no que nos ensinaba os distintos animais do Bosque en función do mes do ano. Encantounos. Grazas Enzo e Teo.

Xogo de Lectoescritura. 5 anos.

Estrenamos un Xogo de Lectoescritura para iniciarnos na Lectura. Primeiro debíamos elaborar coas letras a palabra do debuxo e despois tentar lela. Ademais logo fixemos unha ficha de animais na que debíamos completar a letra que faltaba

lunes, 14 de marzo de 2022

Séptima etapa: Caldas-Padrón.5 anos

Chegamos a Padrón quedanos pouquiño para Santiago. Fixemos a ficha de Padrón debíamos decorar o xardín da casa de Rosalía en Padrón con acuarelas. Qué ben nos quedou.

viernes, 11 de marzo de 2022

Poliños da Incubadora. 5 anos

Os nenos e nenas de Quinto fixeron o proceso da Incubadora que fixemos nós no primeiro trimestre e naceron tres poliños. Fumos a velos ó Laboratorio e encantáronos eran moi pequeniños.

Colgantes de Primavera. 5 anos

Elaboramos un Colgante de Primavera. Primeiro amasamos arcilla branca e démoslle forma cun molde en forma circular ou de corazón. Despois o pintamos con témpera con purpurina e finalmente engadímoslle unha flor natural seca. Cómo nos gustou esta actividade.

miércoles, 9 de marzo de 2022

Xirasois por Ucrania. 5 anos.

Comentamos na Asamblea dun xeito adecuado para os nenos o conflicto de Ucrania e Rusia. A continuación, pintamos o Xirasol que é o símbolo Ucraniano con lapis o fondo e témpera sólida o Xirasol. Ademais fixemos boliñas de papel no centro simulando as pipas. Ademais dende o Colexio Illas Cíes en colaboración coa Anpa recolleranse alimentos, produtos hixiénicos... para Ucrania dende o día 10 ata o 25 de Marzo.

Experimento de Volcán. Shalma. 5 anos

Shalma levou a semana pasada a Mochila Viaxeira co libro de Experimentos e fixo o Experimento do Volcán. Gustoulle tanto que quixo traelo a clase e compartir o experimento con nós. Moitos acordábanse dos pasos de cando o fixéramos o pasado ano co Proxecto dos Dinosaurios. Grazas Shalma por compartir o teu experimento.

Mural do día da Muller . 5 anos

Fumos ver o Mural do Día da Muller cada un buscou a foto da muller da súa familia no Mural e tamén comentamos os traballos que exercían cada unha. Despois realizamos varias fotos de grupo.

Xogo das Cadeiras. 5 anos

Xogamos no patio ao Xogo das Cadeiras debíamos correr delas ó ritmo da música e cando parara a música sentarnos rápidamente. Qué ben o pasamos!.

martes, 8 de marzo de 2022

Día da Muller. 5 anos

Celebramos o día da Muller facendo unha manualidade coloreando e despois picando o símbolo da Muller. Despois pegámoslle un palo depresor.
Ademais contamos o Conto de Maruxa de Oqo que lles encanta.

Semana Entroido en 4 anos

Estas son algunhas das actividades que fixemos do 21 ao 25 de febreiro, na aula e no cole, para conmemorar o Entroido:

▪️O luns cociñamos filloas
▪️O martes fixemos unha búsqueda de tesouro relacionada co camiño de Santiago
▪️ O mércores un baile de disfraces
▪️O xoves un taller de luz negra
▪️ O venres unha peregrinaxe polo cole


lunes, 7 de marzo de 2022

Animais baixo terra. 5 anos

A semana pasada estivemos investigando os animais que viven debaixo da Terra. E Xián tróuxonos un conto moi interesante que contiña moitas curiosidades sobre eles e ademais cunha linterna podíamos buscalos a modo de xogo. Grazas Xián encantounos!.

Sexta etapa: Pontevedra-Caldas de Reis. 5 anos.

Xa estamos na Sexta Etapa chegamos a Caldas de Reis. Fixemos unha ficha na que debíamos con papel de seda completar o camiño da Ponte Romana de Caldas de Reis. Ademais vimos na pantallas as fotos de Enzo e Teo e de Xián e Héctor. Onde nos explicaron os distintos sitios que visitaron en Caldas e que atoparon un pelegrino.
>

viernes, 4 de marzo de 2022

Topo sen saída. 5 anos

Continuamos cos animais do mundo subterráneo. Debíamos buscar a saída da galería do topo que quedou sen saída e decoralo con puntillismo. Unha técnica que nos encanta.

jueves, 3 de marzo de 2022

Quinta etapa: Redondela-Pontevedra. 5 anos

Seguimos co Camiño de Santiago e xa estamos na Quinta Etapa chegamos a Pontevedra. Fixemos unha ficha na que debíamos completar a Igrexa da Peregrina mediante a Técnica da Simetría. Debuxando a metade que faltaba. Ademais Héctor visitou Pontevedra e varios dos lugares recomendados e vímolos na pantalla buscando as Sinais do Camiño.

Mundo Subterráneo. 5 anos

Continuamos co Proxecto dos Animais. Hoxe, en concreto, estudiamos os animais que viven baixo a terra. Primeiro averiguamos características destes animais na Asamblea e despois fixemos o noso propio mundo subterráneo con goma eva marrón e verde fixemos un collage e a continuación con rotulador debuxamos os insectos e animais que viven baixo terra.

Enigma de Animais. 5 anos

Xogamos a un novo xogo na clase. "Enigma de Animais" cada animal ten tres pistas e debemos tentar descubrir qué animal é por medio das pistas. Cánto nos divertimos xogando a este xogo novo.

Cumpreanos de Xiana. 3 anos.

Xiana cumpriu 4 anos. Celebrámolo seguindo o método Montessori e demos catro voltas arredor do sol e sopramos as velas. Tamén vimos uns recordos que trouxo de cando era pequena. Parabens Xiana!.