PEQUECIES

PEQUECIES
El blog de Educación Infantil del CEIP Illas Cies

lunes, 30 de noviembre de 2020

Decoramos a árbore de nadal en 5 anos e máis cousiñas

Hoxe remataba o mes de novembro e iniciámonos nunha nova rutina da aula: o REXISTRO metereolóxico mensual. A partires de agora, cada último día de mes, contaremos cantos día de sol, nubrados, de choiva... fixo e anotarémolos nunha folla de rexistro.
Esta semana o encargado da aula era Artai e fixo el o conteo.  Se picades nas imaxes, podedes velas ampliadas! 

Tamén rematamos unha manualidade de Nadal, que comezamos o pasado venres. Nesta ocasión tiñamos que decorar unhas arbores con pasta de cores, que pintamos o venres pasado e hoxe estaba perfectamente seca.


Sobre unha base dunha árbore de Nadal de madeira, que conseguimos na búsqueda do tesouro da semana pasada, tiñamos que pegar a pasta pintada facendo series en líneas verticais. 



Finalmente enriba da árbore fixemos unha estrela co troquelador e pegámola, coronando a árbore. Este foi o resultado!! 

Xa con todos os adornos feitos, decidimos  cumprir o encargo da ANPA e por fin, fomos decorar a arbóre de Nadal do cole. 



Para rematar, amósovos como xogaron hoxe no patio, aproveitando o día tan soleado. De forma espontánea comezaron a facer un xogo de corro e pilla que lle ensinara a Lara unha familiar súa, e de supeto todos decidiron que querían xogar en equipo todos xuntos, porque é un grupo que se quere e respecta moitísimo. 


Bolas de Neve. 4 anos.

Fixemos unha bola de neve en varios pasos. Primeiro sacamos as fotos co gorro de Papá Noel, despois picamos a bola. A continuación pegamos a nosa foto enriba da bola e debaixo unha cartolina vermella. Finalmente engadimos a neve e a profe pegou o plato enriba con silicona. Qué actividade máis completa levounos unha semana enteira completala pero o resultado é xenial.

Letras nas neves. 4 anos.

Fixemos unha actividade sensorial coa neve. Tiñamos que buscar as letras de Bo Nadal na neve e pegalas na Postal. É un xogo moi completo traballamos a atención, os sentidos do tacto,vista .. e a composición de palabras.

Cumprenos Érika. 4 anos.

Érika hoxe cumpriu 4 anos e demos catro voltas arredor do sol. Ademais trouxo unhas fotos de cando era pequena e unha pegada dunha man. Qué bonitos recordos. Parabens Érika.

sábado, 28 de noviembre de 2020

Debuxamos o mapa do tesouro en 5 anos

Despois de facer a búsqueda do tesouro na aula, agora tocaba plasmar o noso mapa do tesouro.

Con esta actividade ademáis de traballar a creatividade, desenvolvemos outras habilidades como a lóxica, a inteligencia, as perspectivas, as dimensións, a localización de obxectos e orientación espacial. 

Cada grupo colaborativo tiña que debuxar o seu mapa do tesouro e marcar cunha X, o lugar onde estaba escondido o tesouro oculto (que atopamos o outro día na aula).

Para facilitar a actividade deilles como referencia o mapa debuxado por min, pero aínda así trátase dunha actividade moi complexa porque o alumnado ten que ser quen de ubicar os diferentes elementos da aula e colócalos nas súa posición correcta.

Por suposto, logo cada alumno/a lle da o seu toque persoal, moi relacionado co seu carácter e personalidade. Quedei moi sorprendida co ben que que o fixeron tod@s.

jueves, 26 de noviembre de 2020

Xogo tipo tetris en 5 anos

Hoxe fixemos un xogo tipo tetris na aula. Trátase dun xogo en equipo e por quendas. 
Este tipo de xogos son moi importantes para traballar o cálculo mental, mellorar a coordinación, axilizar o seu pensamiento crítico, favorecer a búsqueda de solucións, estimular a memoria e ordenar as pezas para que encaixen perfectamente no taboleiro.

 
Primeiro tivemos que escoitar moi atentamente as reglas do xogo. 
O seguinte paso era comenzar a xogar: por grupos de traballo colaborativo tiñamos que tirar un dado e en función do número que nos tocase, debiamos elixir a peza para colocar no taboleiro.

Despois de xogar, plasmamos o noso traballo nunha ficha do libro de "A contar" e quedamos con ganas de repetir o xogo outro día.

Pintamos con pompóns. 4 anos.

Pintamos un cadro coa técnica de estampación cos pompóns.Traballamos as cores e as texturas. Qué divertido foi estampar con pompóns.

Cumpreanos de Miguel. 4 anos

Celebramos o cumpreanos de Miguel seguindo o método Montessori demos catro voltas arredor do sol e sopramos a vela. Parabens Miguel.

miércoles, 25 de noviembre de 2020

Día contra a eliminación da violencia en 5 anos

O 25 de novembro é o día mundial contra a violencia sobre as mulleres.
Este ano no cole decidimos facer unha actividade a nivel de centro onde cada aula berraba NON a algunha consigna contra a violencia e en contraposición dicia SI a valores POSITIVOS.
Na aula de 5 anos estivemos falando sobre as cousas negativas que non nos gustaban e decidimos que non nos gustaba nada o abuso. Así q fixémonos unha foto berrando NON O ABUSO, amosando algunhas das conductas negativas que non queremos facer: mirar para outro lado, non querer escoitar, abusar dunha posición de superioridade e por suposto, berrando. 
Pasámolo moi ben!! 

Despois estivemos reflexionando sobre o que si nos gustaría que pasase no mundo e fixemos unha choiva de ideas, onde cada neno/a ía dicindo o que lle gustaría dicir. 
Estas son algunhas das cousas que dixo o noso alumnado.
- Si a disculparse
- Sí a dicir quérote
- Si a darse abrazos
- Si a dicir cousas bonitas
- Si a perdoarse
- Si a darse regalos
- Si a dicir: ti podes, te amo, se queres ti podes, querer ser o meu amigo?

Podedes ver o vídeo completo desta actividade, coas montaxe dos distintos cursos, no noso blogue baixo o título "Día da violencia de xénero" ou na páxina web do centro. 
Ademais tamén fixemos unha actividade de grafismo creativo coas nosas fotos berrando Non a violencia. 
Primeiro debían facer nun folio en branco moitos trazos rectilíneos a modo de  descargas eléctricas ou raios e cubrir o folio dende o centro as esquinas.  Como vedes os rapaces/as estaban moi concentrados na tarefa, pois os grafismos creativos encántanlles e son fundamentales para traballar e mellorar as súas grafías 

Despois pegamos as nosas fotos en branco e negro e coloreámolas e finalmente pegamos o cartel de Non.  


Árbore de Nadal. 4 anos

Comezamos a preparar adornos de Nadal. A ANPA pediunos colaborar na elaboración de adornos para decorar o noso colexio. Fixemos unha árbore de Nadal: tivemos que pegar os palitos depresores. Despois puxémoslle limpiapipas enroscados ó redor e finalmente púxémoslle unha estrela e boliñas de gomets.

martes, 24 de noviembre de 2020

Manualidades Nadal en 5 anos

Despois da búsqueda de tesouro do luns na aula, agora tocaba facer as manualidades que nos encargou a ANPA para decorar a árbore de Nadal do colexio.

Tiñamos 3 propostas: reno, agasallo e sombrero de Papá Noel.

Agora so tocaba chegar a un acordo entre todos os membros dos diferentes equipos colaborativos de traballo (raposo, oso ou búho). Esta é unha das partes máis difíciles da actividade, dado que se trata, de chegar a un acordo entre todos/as. Neste proceso podemos ver rapaces/as máis calados e conformistas, outros con dotes para ceder ante os conflictos, outros moi autorutarios, algúns con capacidades de liderazgo e grandes dotes de convicción... Ás veces é necesaria a miña intervención para poder chegar a un acordo, outras veces son eles/as sós os que o consiguen. Trátase dun proceso moi enriquecedor. 
Finalmente cada equipo foi quen de tomar unha decisión e puxémonos mans a obra.

 

Como lles gusto tando aos rapaces/as a manualidade decidimos entre todos que íamos facer unha segunda manualidade para decorar a árbore!!! 

Día da Violencia de Xénero. Infantil.

Amosamos o montaxe completa de como traballaron os nenos e nenas do colexio Illas Cíes o Día da Violencia de Xénero.

   

Día da Violencia de Xénero. 4 anos.

Para conmemorar do día da Violencia de Xénero fixemos globos con varias frases: a primeira frase e "Dicimos non ao enfado" e a segunda "Dicimos sí ao amor". Pintamos as letras con témpera sólida e decoramos os globos con confeti. A continuación fixemos a montaxe das fotos.
Aquí podedes ver o vídeo do proceso.<

lunes, 23 de noviembre de 2020

Búsqueda tesoro en 5 anos

Este ano o ANPA do cole pediunos a infantil se podíamos decorar as árbores de Nadal.
Partindo desta premisa, organicei unha búsqueda do tesouro na aula para conseguir o material que necesitamos para facer as decoracións.

 
Para poder obter o tesouro, primeiro tiñamos que superar 2 probas.
➡️ Primeira proba: descifra unha mensaxe cun código segredo.
➡️ Segunda proba: localizar as letras do nome dun compañeir@ nunha bandexa sensorial. Pero o nome de que compañeir@?
Pois moi fácil, cun xogo tipo "o de rasca e gaña" tiñamos que rascar nun cadrado negro e descubrir a foto do compañeir@.
Despois de superar as dúas probas, tiñamos que ler a mensaxe segreda, que era: no casilleiro de... 
E logo ir ao casillero de ese compañeir@ para conseguir os nosos mapas. 
Co mapa na man, xa só tiñamos que ubicarnos na aula e buscar o lugar marcado cunha X no mapa. 
Foi unha mañá divertídisma!!! 






Número 6. 4 anos.

Esta semana traballamos o número 6. Primeiro fixemos un xogo de pompóns onde debíamos asociar o número coa cantidade de pompóns.
A continuación, refletimos na ficha o aprendido debíamos pegar anacos de papel no número 6 e poñer o mesmo número de pegadas.

viernes, 20 de noviembre de 2020

Creacións con rotuladores en 5 anos

A actividade de hoxe xurdiu espontáneamente na aula.
Todo comezou no momento da asamblea, mentres estabamos a ver o calendario. Entón un alumno comezou a xogar cos rotuladores, así que aproveitando ese momento decidimos xogar todos cos nosos rotuladores, creando o número do día de hoxe, que era 20.


Despois un a un, cada alumno/a foi descubrindo as múltiples posibilidades deste material. Algúns crearon números, outros formas, otros partes do corpo ou os nomes dos compañeiros/as.

Como vedes ás veces aparecen actividades moi creativas e divertidas dos propios centros de interese do noso alumnado. E, por suposto, hai que aproveitalas!!! 

jueves, 19 de noviembre de 2020

Mandalas. 4 anos.

Elaboramos uns mandalas que tiñamos que pintar con ceras ao ritmo da música. Os mandalas son unha actividade que favorece a atención, a discriminación visual,etc.

miércoles, 18 de noviembre de 2020

Grafismo creativo en 5 anos

Mércores de GRAFISMO CREATIVO. Hoxe fixemos unha nova actividade de grafismo. 
Nesta ocasión o alumnado ía destapando diferentes láminas con diversos tipos de trazos, practicámolos na pizarra e logo fixémolo na ficha.



Trátase dunha ficha con follas de outono, que logo tiñan que recortar e pegar nun folio branco, que dividimos en 2 metades, nunha facían trazos con líneas verticais e na outra líneas rectas horizontais.

Como vedes nesta actividade traballamos principalmente a motricidade fina e a precisión (no recortado e na imitacion dos trazos).