PEQUECIES

PEQUECIES
El blog de Educación Infantil del CEIP Illas Cies

lunes, 30 de marzo de 2020

Mindfulness na casa III

   Ola, familias

   Continuamos traballando co mindfulness e está semana imolo  facer a través de cancions acompañadas de movementos cos dedos, as mans e as pernas. Estou segura de que xa coñecedes algunha. Implican un nivel de concentración e memoria importante.
   Deixovos os vídeos que atopei  na rede pois  unha imaxe vale mais ca mil palabras.



















   Son moi divertidos.
   Non necesitades  aprendelos todos. Escollede algún e ide practicando.

   Boa semana

domingo, 29 de marzo de 2020

Actividades do 30 de marzo ao 3 de abril. 5 anos

As actividades que podedes facer en familia esta semana son:

1. Facer flores para decorar a porta, ventá do teu cuarto. Podes utilizar diversas técnicas e materias. Escolle as que máis che gusten. Mentres realizas a manualidade podes escoitar a peza musical "La Primavera" de Vivaldi ( ver abaixo).
Resultado de imagen de flores estampar manosResultado de imagen de flor con manos niñosResultado de imagen de flor con manos niñosResultado de imagen de flor con manos niñosResultado de imagen de manualidad flores recortando manos


2. Conto "El pez Arcoiris". Ao remate do conto podedes formular diversas preguntas por exemplo ¿por qué o peixe Arcoiris non quería compartir?,¿cómo cres que se sentiu o peixe azul cando foi rechazado? ¿por qué é importante compartir? ¿a qué che gusta xogar cos teus amigos?...


A partir do conto podedes debuxar o peixe Arcoiris e os seus amigos, formar a palabra ARCOIRIS en grande no chan con diversos obxectos que teñas na casa, debuxar ou imprimir un peixe e decorar as escamas de moitas cores, pintadas, con purpurina..., ou debuxar ao peixe arcoiris coa técnica do esgrafiado. Aquí che deixo un vídeo, é moi sinxelo. Podedes sustituír a pintura acrílica por cera de cor negra.


3. Peixe de origami
Podedes facer con axuda dun adulto, un peixe de papiroflexia utilizando un folio dalguha cor ou pintalo de cores. Aquí podedes ver como se fai:

4.Crear unha bandexa sensorial. Precisamos un recipiente e un pouco de azucre, sal, fariña...
axudaralles a relaxarse, concentrarse ao mesmo tempo que se traballa a motricidade fina para a preescritura. Poden usala libremente, facer números, letras...


Bandeja sensorial de preescritura | Las manos de mamá
5. Xogo matemático ABN. Precisamos unha percha e pinzas da roupa. Facemos unhas tarxetas con números do 1 ao 10 (ver enlace) e teremos que contar e colocar tantas pinzas como indica o número.
variantes do xogo:
-Descomposición do número. Escolle un número, debes repartir entre dous as pinzas para que sumen esa cantidade. Coloca as pinzas nos dous extremos da percha como na imaxe. Cantas pinzas hai en cada extremo? canto suman en total?
-Podes usar 2 botes transparentes para meter as pinzas en lugar da percha e en lugar de pinzas podes usar botóns, garavanzos, boliñas... e comparar as cantidades. En que bote hai máis? onde hai menos? cantos hai en cada bote?
-Ordenar as tarxetas de números de menor a maior, de maior a menor...

Pincha neste enlace se queres descargar e colorear as tarxetas.

https://www.euroresidentes.com/entretenimiento/manualidades/wp-content/uploads/sites/17/2013/02/colorear_numeros.png

Método ABN. Descomponemos números hasta el 10 (II)

E para rematar, se queredes podedes ver xuntos este conto sobre o coronavirus.



Proposta de actividades do 30 de marzo ao 3 de abril para 4 anos. Mestra Mónica

Ola!! 
Unha semana máis, propóñovos unha serie de actividades para facer máis divertidos estes días de confinamiento.
Todas as actividades que vos propoñemos para a vindeira semana están relacionados co coronavirus, porque aínda que os rapaces de 5° de infantil son bastante pequenos/as, tamén están vivindo unha situación excepcional, que lles pode causar estrés e inseguridade. O obxectivo das mesmas é explicarles de maneira visual e lúdica en que consiste o coronavirus, como podemos combatelo e crear neles/as a maior seguridade posible. 
  1. Aquí podedes visionar un conto narrado por min, sobre o coronavirus e as medidas básicas de hixiene para protexernos. Despois de escoitalo deberemos crear e decorar o noso propio escudo protector, con cartóns de caixas de zapatos, leite ou calqueira outro material do que dispoñamos. Deixade que os vos@s fill@s empreguen a súa imaxinación e creatividade. Para poder activalo non esquezades seguir os 4 sinxelos pasos que explicamos no conto. 


2.  A nosa segunda proposta está inspirada nunha iniciativa creada pola mestra de Educación física Patricia Ciria, que creo unha coreografía contra o coronavirus para o alumnado do colexio Sancho Ramírez de Huesca.
A continuación podedes ver a coreografía de Patricia Ciria.



Tamén vos deixo a que fixen eu, imitándoa, aínda non teño tanto ritmo coma ela 😅


3. Estes días seguro que estades escoitando moitas veces este lema: Quédate na casa!!
A seguinte tarefa está relacionada con el, por iso, pídovos que creedes as letras deste lema e lle fagades unha foto. Podedes empregar materias naturais, pezas de lego, pinzas da roupa, prendas de vestir... Ou mesturar varios materias para crear o lema.

Aquí vos deixo ou meu!!




4. Experimento para explicar aos nenos/as a importancia de lavar as mans para eliminar os virus (como o coronavirus). Para facer o experimento necesitamos pan de molde, bolsas plásticas con peche hermético, luvas, auga e xabón.
Explicámoslles aos nenos/as que collan as rebanadas de pan coas mans sen lavar e as metan nunha bolsa de plástico, logo facemos o mesmo con outra rebanada de pan coas mans limpias e por último con luvas. Deben escribir nas bolsas se as mans estaban limpas, sucias ou con luvas. Para ver o resultado do experimento deben pasar varios días ou semanas.
Queredes saber que pasou? A solución no seguinte vídeo.


5. Manualidades sobre o coronavirus. Neste apartado propóñovos 3 xogos diferentes. 

  • Primeiro un xogo, que seguro que moitos xa coñedes.  


Santiago Santana, enfermeiro e avogado, creou un xogo para prevenir o virus COVID-19 en nenos e nenas. A través dun sistema de premios, potencia que os nenos/as se laven as mans con frecuencia, pintándolles cada día o coronavirus no dorso da man. O obxectivo é que o bichiño debuxado desapareza ao final do día, tras lavarse moito as mans.

  • En segundo lugar a actividade: "Que sento co coronavirus?" Os nenos/as poden sentirse frustrados ou enfadados por no poder ver aos seus amigos/as e aos seus familiares, pero tamén contentos/as por pasar máis tempo con papá e mamá. Podedes xogar ao xogo das emocións, pero adaptado á situación que estamos vivindo coa crise do coronavirus. Consiste en crear unhas tarxetas para traballar as emocións cos nenos/as. Teñen que facer unhas tarxetas (mínimo seis) con caras debuxadas que expresen diferentes emocións: Tristeza, enfado, medo, alegría, aburrimento, cansancio, etc.. Logo, farémoslles varias preguntas sobre como se senten e os rapaces/as terán que respondernos coas tarxetas. Por exemplo: Como te sentes cando escoitas noticias na tele sobre o coronavirus? Como te sentes estando na casa? Como te sentes sen ir ao colexio? Como te sentes sen ver aos teus amigos/as? Como te sentes sen ver aos teus tíos ou avós? Como te sentes pasando máis tempo con papá e mamá? Que sentes cando saímos ao balcón a apraudir? 

  • En terceiro lugar facer un coronavirus con un globo ou unha luva de látex.   Esta idea parte da Fundación Vedruna Educación. Aquí vos deixo o video para que podades ver como facela e cal e o obxectivo da mesma. 





Actividades do 30 Marzo al 3 Abril. Alumnado 3 anos

  1. A primeira proposta é un experimento caseiro para ver a importancia de lavar as mans . Nun plato poñemos pimienta e auga os "virus" e con xabón vemos o resultado de como os virus desaparecen.


2. A segunda proposta é visionar o conto "O monstro das cores" e falar sobre el e cómo botamos de menos os nosos compañeiros. A continuación, podemos facer un debuxo dalgún amigo do colexio e a volta llo entregamos.
  
        
3.   A terceira proposta como chegou a estación da primavera é facer unha manualidade dunha  flor cun garfio

https://pin.it/3FktjBc

Podedes remitirnos as vosas produccións o correo e asi vemos que bonitas vos quedaron.

                        

4. A cuarta proposta é continuar traballando a grafomotricidade do número 3 deíxovos una plantilla e podedes repasala co dedo, con garavanzos ou fabas, recorrer o camiño cun coche.



5. A quinta actividade é facer unha manualidade dun arcoiris para que os nenos e nenas poidan pegar nas súas fiestras e balcóns así cando os nenos miren a través das súas casas non se sentirán sós verán os debuxos doutros  compañeiros podedes descargar varios modelos neste enlace

https://www.actividadesdeinfantilyprimaria.com/2020/03/15/dibujo-para-colorear-arcoiris-todo-va-a-salir-bien/

sábado, 28 de marzo de 2020

miércoles, 25 de marzo de 2020

Mostra de actividades 4 anos. Mestra Mónica

Aquí vos deixo unha pequenha mostra dos traballos que me estades enviando nestes días. Sodes tod@s uns verdaderos artistas!!
MOITAS GRAZAS FAMILIAS!! 

lunes, 23 de marzo de 2020

Mindfulness na casa II

Ola
Aquí vos deixo  unha nova proposta para continuar traballando mindfulness.

Os astronautas .- Somos astronautas que descobren  vida noutro planeta e temoslle que explicar os nosos novos amigos como e a nosa  froita favorita: cor, textura, olor, sabor, tacto. Cantos mais detalles mellor.


A ra.- As ras son animaliños que se moven  moi rápido con grandes chimpos pero tamen son quen de estaren quietas un bo anaco de tempo. Iso e o que imos intentar. Sentemos nunha  postura cómoda e comecemos a respirar tranquilos. Imos notar como o noso abdome crece coma un globo e logo se desinfla. Imos continuar respirando sen que nos perturbe o que acontece ao noso caron, soamente pensando na respiración. As primeras veces as crianzas non aguantarán mocito tempo pero se o convertemos nun  hábito pouco a pouco irán sendo capaces de permanecer en calma durante mais  tempo.


Chove ?- Con esta  actividade imos falar  de como nos sentimos. Buscaremos un intre  tranquilo no que poder falar con calma e comezaremos  explicando cómo nos sentimos: o sol reloce  no meu  interior, hai  nubarróns de tormenta, comeza  a poallar... Comparar os nosos sentimientos con situacions que coñecen pode axudarlles a recoñecer mais facilmente esas emocions . Pero e moi importante que tamen empreguemos  a palabra adecuada: estou  tranquila e contenta, anoxada , un pouco triste. Sería interesante continuar mergullandonos no noso interior para poder ver porqué nos sentimos así. E lembrade: ningunha emoción e mala. Temos dereito a sentirmos e a expresar o que nos pasa. O que si podemos e axudar  a  buscar estratexias  que nos axuden a estar mellorar.



Camiño da escola.- Hai días que non saimos. Seremos quen de ir ao cole mentalmente? Intentemos chegar  dando o maior  número de detalles: que tendas  hai, con que me soia  atopar , algún olor especial,  que se escoitaba, quen me acompañaba, como estaba o colexio  ao chegar... Esta  actividade pode permitirnos falar de como nos sentimos estes días que non podemos ir. E moi importante que falen do que están sentindo.

Moito ánimo e lembrade NUNCA CHOVEU QUE NON ESCAMPARA

domingo, 22 de marzo de 2020

Actividades do 23 al 27 de marzo. 5 anos.

As actividades que podedes facer ao longo da semana son:

1. Conto " La cebra Camila".



Ver o conto e logo facer un debuxo da cebra. Facer as raias da cebra con distintos materiais que teñades na casa: la de cores, papel plata, papel de seda...

2. Canción "el sistema solar".  Escoitar, cantar e bailar esta canción dos planetas que xa cantamos na clase.



3. Debuxar o teu planeta favorito. Copiar o nome do planeta e logo formar cada unha das letras con material que teñades na casa por exemplo tapóns de botellas, botóns...

4. Manualidade " cohete espacial". Elaborar un cohete espacial. Aquí vos deixo un vídeo de cómo elaborar un cohete espacial. Se non tedes algún material podedes sustituílo por outro.


5. Facer unha receita en familia. Podedes facer unha receita con papá, mamá, o avó, a avoa...
Podedes axudar a preparala, memorizar os ingredientes, pesar, organizar os ingredientes por cores, tamaños e formas, lavar as froitas, amasar...

Lembrade enviar os vosos correos electrónicos actualizados a pequecies@gmail.com 


Actividades do 23 ao 27 Marzo. 3 anos

1.Para esta semana propoño continuar realizando experimentos na casa propoño este que é similar o que fixemos na clase e é moi divertido.    

                                        

 2. A segunda proposta é seguir practicando o nome en maiúsculas para non perder a rutina: poden escribilo en lápiz, modelalo con plastilina, arcilla, pintalo con acuarelas...  

3. A terceira actividade consiste en ver o conto "Vivan las uñas de colores" a continuación practicar a motricidade pintando as uñas de cores ó mesmo tempo podemos repasar as cores.

          

4. A cuarta actividade consiste en elaborar material Abn collemos unha oveira da casa a pintamos con témpera de cor azul e escribimos os números en cada oco. A continuación, colocamos o mesmo número de pompóns, garavanzos, fabas.. en cada oco. Practicamos a numeración e a asociación de cantidade.

          

5. A última proposta e facer un bote da calma. Posto que é unha actividade de relaxación . Collemos unha botella de auga pequena baleira, botamos un chorriño de témpera e purpurina mezclamos ben todo. E temos a noso bote da calma para observar como se move a auga dun lado o outro.

                            

Propostas de actividades do 23 ao 27 marzo en 4 anos. Mestra Mónica


Boa semana a tod@s, espero que vos atopedes ben e non estedes aínda moi aburridos. 
En primeiro lugar, quero agradecevos o vídeos e mensaxes que me estades a mandar coas actividades que estades facendo na casa. 

Para esta semana quérovos propór: 
  1. Un dos xogos que, nas últimas dúas semanas, xa comezamos a xogar na aula de informática e que lle encanta ao noso alumnado. Trátase do xogo caracol Bob 2, que é un xogo de estratexia, que ten como obxectivo axuda ao caracol Bob a chegar a festa do aniversario do seu avó.

Aquí vos deixo o enlace.


2. Bingo numérico. Esa actividade iniciámola na última semana que tivemos clase. Trátase de xogar a un clásico: o bingo. Deste xeito practicamos o recoñecemento e a grafía dos números do 1 ao 20.
Repartimos un cartón de bingo entre todos os participantes e os xogadores deben tachar cunha X os números que vai an saíndo. O primeiro que consiga tachar todos os números debe dicir Bingo e gañará o xogo.  Despois, para practicar as grafías dos números deden escribir todos os números que sairon do seu cartón.
Os números, que vaian saíndo, os podedes facer con anaquiños de papel dobrados ou ben empregando números de xoguete que teñades na casa. Debedes meter todos os números nunha caixa, saquiño ou bolsa e ir sacándoos dun en un. Para facilitar a tarefa podedes escribir nun encerado ou papel os números que vaian saíndo. 
Aquí vos deixo os cartóns do bingo para que os imprimades ou ben os fagades vos mesmos.   


3. Carreira de canicas, boliñas de papel, botóns, lentellas, garbanzos...  
Facemos un circuito para a carreira, trazando dous líneas paralelas con xiz ou ben con líneas con cinta de carrocero ou cinta adhesiva. Sinalamos a saída e a meta. Por quendas van lanzando as canicas cos dedos, se a canica sae do circuito débese volver a comezar.   


Variantes do xogo: no canto de empregar canicas podemos utilizar tapóns, botóns, lentellas, garbanzos, boliñas de papel... 
Outra variante sería mover as canicas ou outro material soprando e non cos dedos. 

4. Baile "Eu me quedo en casa". Propoño que fagamos un pequeno vídeo, bailando a canción "Me quedo" de Lola Índigo e Aitana Guerra, para combatir o coronavirus, coa nosa pequenha aportación e seguindo as recomendación sanitarias e gubernatais, de confinarnos na casa, baixo o lema #eu me quedo en casa#. Aquí vos deixo o vídeo coa canción para que a poñades como fondo e a miña aportación.
Despois, se me as facedes chegar, crearei un montaxe con todas as vosas aportación.


Aquí vos deixo a miña aportación!! 




5. Cociñando fruta sana e divertida. Esta actividade tiña pensado facela co alumnado da aula o luns 23 de marzo, para celebrar o meu cumple con eles (porque o sábado 21 foi o meu aniversario). Pero non vos preocupedes porque xa a faremos o curso que ven) pero mentras tanto, pensei que a poderiades facer vós nas vosas casas. Aquí vos deixo algunhas propostas, pero en función das froitas que teñades en casa podedes adaptala.

  








jueves, 19 de marzo de 2020

Cumple Artai 4 anos. Mestra Mónica

Hoxe Artai cumple 5 anos e, aínda que non podamos, DE MOMENTO, celebralo na aula. Desexámoste que pases un feliz día!!!
Parabéns!!!


Aquí podes ver o regalo que eu te fixen na casa!!




lunes, 16 de marzo de 2020

Mindfulness na casa


   Ola
   Estes días que imos estar na casa e o ritmo do día a día non nos ten tan acelerados pode ser un bo momento para empezar a practicar mindfulness.


   Que entendemos por mindfulness? O mindfulness e unha  función mental que nos permite manter o foco da atención no presente, non pensar no que imos  facer ou no que xa pasou  senon centrarnos no aquí e o agora . Alguns dos seus beneficios son mellorar a atención e a concentración, favorecer novas aprendizaxes, mellorar a memoria...
   Outro dos seus beneficios consiste en axudarnos a manter a calma en situacións de estrés e ansiedade. Algo que sen dubida imos precisar estes días.



   Imos comenzar con algo moi sinxelo e gratificante: as masaxes.

   Para a primeira proposta imos masaxear as nosas caras. En parella un tumbado e o outro sentado ao seu caron. O noso foco de atención e o rostro da persoa que vai recibir a masaxe (a que está tumbada). Imos ir acariciando as distintas partes da cara mentres as nomeamos. Podemos tocar suavemente ou cun  pouco de presión, empregando  toda a man ou soamente a punta dos dedos, podense realizar pequenos beliscos  ou simular unha choiva pulsando cos dedos... O foco de atención de quen recibe a masaxe son as sensacións que está a percibir.
   Debemos comezar  por ser o adulto quen da a masaxe e despois  intercambiar roles.
   E se se bota a rir? Estupendo, que agasallo mais fermoso a risa das nosas crianzas. Riamos nos tamen.

  Outra masaxe, esta en grupo.
   Imos imaxinar que estamos na ducha. A crianza na medio e os demais ao seu redor formando un círculo. Comezamos  pechando todos os ollos un instante para ser conscientes do que imos realizar. Podemos simular o son da auga e tocándolle o corpo de arriba a abaixo imos imitar esa auga que cae. Despois masaxeamos suavemente o corpo como se lle estivesemos botando o xabon, centrémonos na cabeza, no tronco, nos brazos e mans e finalicemos coas pernas  e os pes. Chega  o momento de enxaugarse  repetindo os movementos da auga que cae. Para finalizar secamos o corpo realizando pequenas presións por todo o corpo, outra vez de arriba a abaixo. E para rematar unha aperta  colectiva susurrando palabras fermosas. Non esquezades cambiar os roles.

Lembrade: son actividades para gozar en familia, no momento no que cansamos paramos.

sábado, 14 de marzo de 2020

Propostas de actividades para 4 anos na semana do 16 ao 18 de marzo.Mestra Mónica

Dende 5°infantil proproñemos que o alumnado non perda as súas rutinas de traballo nestes días, tan excepcionais, que estamos a vivir en todo o mundo debido a pandemia do COVID-19. 

  • A primeira tarefa que vos aconsellamos facer, que debe facerse cada día, posto que forma parte na nosas rutinas  diarias da aula, é a de ver un calendario do mes de marzo. Diariamente o alumnado di o nome do mes no que nos atopamos (neste caso é marzo). Sinalamos a letra e o son co que comeza o mes de marzo  e marcamos con palmadas as sílabas deste mes  (mar-zo). Tamén podemos pensar outras palabras que comezen ou conteñan ese son (eme).

Logo deberemos sinalar o día da semana no que nos atopamos e facer o mesmo que fixemos anteriormente (sinalar a letra e son co que comeza e marcar con palmadas o número de sílabas). 
Finalmente rodear cun círculo o día no que nos atopamos (luns 16, martes 17, mércores 18 e así diariamente). Para favorecer o conteo, sempre comenzamos a contar polo día 1 de marzo e paramos no día no que nos atopamos (deste xeito o luns comenzarán contando dende o domingo 1 de marzo e rematarán no luns 16).  Despois escribimos o día que nos atopamos (luns 16, martes 17...) e decimos a rima do día da semana.
A continuación vos ensino as rimas dos diferentes días da semana, por se algún alunno/a se esqueceu(as rimas do fin de semana non as saben moi ben porque case non as traballamos), pero podemos aproveitar para que as aprendan mellor así.  Despois poden dicir palabras que rimen con cada día da semana. Así por exemplo, o luns riman ratita e escobita. Marcamos a rima como se fose os sons que se producen co eco: ratita/ ita/ita. 


  • A segunda tarefa que vos encomendo é crear o noso propio xogo do tres en raia, un xogo que dende que o conseguimos coa búsqueda do tesouro (feita na aula, hai uns días), encántalles.  Aquí vos deixo un enlace para crear o voso xogo.  Podedes adaptalo según os materias dos de que dispoñades en casa. Por exemplo, as pezas no canto de facelas con pedras podedes crealas con palillos ou palliñas de beber facendo unha /x/ e as redondas con garbanzos, pasta... 
https://www.google.com/amp/s/www.manualidadeson.com/tres-en-raya.html/amp

  • Por último, recomendamos facer unha actividade moi divertida, pintar facendo pompas de xabón con palliñas de beber. Na aula xa fixémola hai algúns días (no Entroido) pero con pomperos.      


https://www.vix.com/es/imj/hogar/2011/03/07/como-pintar-con-burbujas
  • Finalmente, lémbrarvos que este xoves 19 de marzo é o cumple de Artai, por iso pídovos que fagades un debuxo o unha manualidade para Artai e que lle enviades unha foto, vía whasap a súa familia, e posteriormente, cando podamos voltar a reunirnos lla podamos facer chegar en persoa. 

Pásade unha boa semana e moitos bicos para tod@s!!! 






viernes, 13 de marzo de 2020

Actividades do 16 al 18 de marzo. 5 anos

Nos vindeiros días podedes facer estas actividades en familia.
1. Experimento "o universo".
Precisamos un frasco de cristal, algodón, purpurina, unha culler e témpera líquida ou colorante alimenticio de cor azul e vermello.
O primero paso é coller un frasco de cristal e botar un dedo de auga. A continuación, botamos dúas pingas de témpera azul e remexemos coa culler. Logo poñemos un pouco de algodón ata que se empape e engadimos a purpurina.
Repetimos o proceso facendo varias capas. Podemos facer unha capa con azul máis oscuro se queremos. Na última capa botamos a témpera vermella, pechamos o frasco e xa está!


2. Conto " A qué sabe la luna?"



Visionamos o conto . A continuación, facemos un debuxo do conto e podemos escribir o nome dos animais que aparecen ou recortar letras de revistas, folletos...  para formar o nome dalgún animal do conto e tamén podemos formar a palabra lúa.

3. Actividade de investigación.

Buscaremos información do noso animal favorito do conto. Podemos ver as características principais, alimentación, diferenciar se é doméstico ou salvaxe...
Finalmente podemos modelalo con plastilina.


Actividades do 16 o 18 Marzo. 3 anos.

  1. Propoñemos visionar o conto Perdido e Encontrado falar qué personaxes participan e qué lle pasaba o pinguin.                                        
2. A segunda actividade é facer unha manualidade podemos facer un barquiño de papel como o do conto collemos un folio e o coloreamos despois o pregamos para facer o barquiño de papel.                         3. A terceira actividade proposta e coller unha tina da casa e enchela de auga e botar diversos obxetos que teñamos na casa para facer o experimento de se flotan ou non. Collemos un Cd, unha pelota de goma, un corcho de plástico dunha botella que teñamos na casa, garavanzos,  e unha culler. Temos que pensar e facer a hipótese de se se van a hundir ou flotar. A continuación procedemos a botar os obxetos na tina e comprobamos o que pasa. Por último facemos un debuxo das cousas que comprobamos que flotaron. 

jueves, 12 de marzo de 2020

Matemáticas ABN . 3 anos

Practicamos as matemáticas ABN a cada un tócanos unha tarxeta co número que debemos poñer e collemos coas pinzas o número de pompóns correspondentes. Aprendemos matemáticas de forma manipulativa.                     

miércoles, 11 de marzo de 2020

Planeta Terra. 5 anos.

Modelamos con plastilina o planeta Terra.


Visita alumnos 5° primaria. 5 anos.

Hoxe viñeron á nosa aula algúns alumnos de 5° de primaria que tamén están estudiando sobre os planetas. Trouxeron un móvil do sistema solar e contáronnos moitas cousas interesantes.


Portada dun xornal. 5 anos.

O mércores elaboramos a portada dun xornal recortando algunhas noticias.


Semana da prensa. 5 anos.

O martes vimos varios xornais na aula. Gustounos moito ver as noticias e conversar cos compañeir@s sobre elas.


Xogo do parchís. 5 anos.

Outro xogo que nos gusta moito é o parchís co que traballamos o conteo, a numeración, melloramos a concentración, a memoria e aprendemos a respetar o turno.


Taller de estimulación da linguaxe. 5 anos.

Traballamos o fonema r suave por equipos.


Facemos cadros con pompas de xabón. 3 anos.


Hoxe fixemos unha experiencia xenial mesturamos pintura con auga e xabón e despois fixemos pompas enriba da cartolina. Traballamos coa auga e o mesmo tempo practicamos o sopro técnica fundamental para a logopedia. Cómo nos divertimos.                                     

martes, 10 de marzo de 2020

Experimento pode ir a auga costa arriba. 3 anos

Fixemos un novo experimento primeiro tintamos a auga con colorante de cor azul despois elaboramos unha hipótese e a maioría crían que a auga non pode ir costa arriba. Sen embargo, mollamos o papel en auga e vimos como a auga atravesando o papel pasaba dun vaso o outro. Foi incrible.

lunes, 9 de marzo de 2020

Maleta viaxeira. 5 anos.

A David gustáronlle moito os contos "Cocorico" e "Daniela pirata" e fixo un debuxo dos protagonistas.




Máscaras indíxenas en 4 anos

Hoxe traballamos un pouco máis sobre o proxecto do cole " Persoas iguaís, linguas diversas", facendo un obradoiro de máscaras indíxenas. O alumnado podía utilizar diversos materiais (plumas, pompóns, limpiapipas, abalorios, algodón, tapóns...), cunha única premisa: empregar a súa imaxinación e creatividade para decoralas.

Pintamos cadros con xeos de colores. 3 anos

Pintamos cadros con xeos. Fumos buscar o conxelador os xeos de pintura fosforita. A continuación botámolos nun recipiente e pintamos con eles estaban moi fríos pero foi moi divertido.


Novo Rincón de Biblioteca. 3 anos

Puxemos un rincón de Biblioteca nel podemos ver contos, algún xogo de letras... e ademais coas cortinas podemos relaxarnos á hora de ler. Cómo nos gusta. 

domingo, 8 de marzo de 2020

Contacontos de igualdade. 5 anos.

O venres tivemos un obradoiro de igualdade e diversidade.
Coñecemos a Roberta, que nos contou un conto no que o protagonista, un can chamado Guau, buscaba unha familia e tamén nos falou da diversidade de familias. Despois debuxamos a familia de Guau e a nosa familia.


Xogo da oca. 5 anos

Co xogo da oca traballamos a numeración , o conteo, a atención, aprendemos a respetar o turno...


viernes, 6 de marzo de 2020

Xogos estimulación sensorial e creatividade en 4 anos

Hoxe estivemos utilizando a mesa de luz, que é un recurso moi utilizado en infantil para potenciar a estimulación sensorial, a concentración e a creatividade no noso alumnado.