PEQUECIES

PEQUECIES
El blog de Educación Infantil del CEIP Illas Cies

viernes, 30 de octubre de 2020

Samagostin en 5 anos

Hoxe era un día de festa no cole, celebrábamos o Magosto e o Samain, todo nunha festa. O alumnado veu disfrazado para a ocasión de maneira terrorífica e ademáis fixemos unha manualidade dunha cabaza para levar as casas. Quedounos fenomenal!!! 
É por suposto axudamos a asar as castanas, que despois degustamos!!
Pasámolo moi ben!!! 
Queredes velo?
 

Foto de grupo do Samagostín. 4 anos.

Fixemos unha foto todos xuntos para que nos quedara de recordo. Qué guapos e terroríficos estábamos.

Samagostín. 4 anos

Celebramos o Samagostín. Primeiro fixemoa un desfile de disfraces e cada un explicamos o noso disfrace. Despois fumos a axudarlle a Pepe a asar as castañas e remexelas. A continuación levamos as castañas para clase e as degustamos. Ó final bailamos cancións de Samaín. Qué ben o pasamos.

As chaves dos soños. 5 anos.

Onte na aula limos o conto "As chaves dos soños". Como Adele,a protagonista, as nenas e nenos da aula tamén temos pesadelos moitas veces. Falamos deles, dalgúns medos que temos e como podemos superalos. Tamén falamos dos nosos soños, os agradables. Despois, a mestra Andrea repartiu unha chave a cada nena e a cada neno, como a nai de Adele fixo coa súa filla. É unha chave máxica, que nos axudará a superar os nosos medos, e nos recordará que somos únicos, valentes, e que os soños poden cumprirse. Foi un pracer ser a vosa mestra, sodes unhas nenas e nenos marabillosos.

jueves, 29 de octubre de 2020

Caixa come medos. 5 anos.

O esquío Darío preguntounos nunha carta se sabiamos que era o medo. Algunhas das respostas foron: "cando alguén ve algo tenebroso", "cando te asustas", "cando estamos na escuridade"... Falamos dos nosos medos, como nos sentimos e que nos fai sentirnos mellor. Finalmente, debuxámolos e gardámolos na caixa come medos que nos trouxo o esquío para que se fagan pequeniños e non nos asusten nunca máis.

Cabazas monstruosas. 5 anos.

Estes días estivemos a crear as nosas cabazas monstruosas. Primeiro limos o conto "Corre corre, cabaciña" e cantamos a súa canción. Despois ocorréusenos facer cabazas de medo para decorar máis a nosa aula. Pintámolas, puxémoslle ollos e boca, e nunha cartolina branca fixemos liñas con acuarela, sobre as que debuxamos grafismos cun rotulador negro. Finalmente pegamos a cabaza enriba.

Aniversario de Gabriel. 5 anos.

Hoxe celebramos o aniversario do noso amiguiño Gabriel. Cantámoslle unha canción, regalámoslle palabras cariñosas que nos recordan a el ("quérote moito", "eres guapo", "gústame xogar contigo"...), ensinounos algunhas fotografías de cando era un bebé e decorou unha cartolina ao seu gusto para facer a súa tarxeta de aniversario. Tamén repartimos uns caramelos a cada neno e nena. Moitos parabéns Gabriel!

Pirámides Exipcias. 4 anos

Continuamos co Proxecto de Exipto que no está gustando un montón. Hoxe fixemos dúas pirámides con plastilina costounos un pouco estirar a plastilina pero é unha actividade moi boa para a motricidade fina, atención, precisión..

Grafismo Creativo con Cabazas. 4 anos.

Iniciámonos nos grafismos creativos. Pintamos con acuarela grafismos en vertical con raias de distintas cores. A continuación pintamos a cabaza con ceras e pegámoslle ollos e debuxamos a boca. Finalmente, pegamos a cabaza nos grafismos creativos.

miércoles, 28 de octubre de 2020

O plano na PDI. 4 anos.

Comezamos a traballar o plano na situación espacial. Neste caso tiñamos un plano na PDI dun museo e debíamos buscar obxetos de Exipto atravesando as distintas salas. Traballamos a orientación espacial conceptos como: diante-detrás,a un lado o outro lado, enriba-debaixo... Estivémolo facendo en recunchos e o fixemos a metade da clase mañá tocaranos a outra metade.

Libro Exipto Miguel. 4 anos.

Miguel achegounos un libro de Exipto moi interesante onde nos falaba desta civilización os faraóns, as pirámides, o río Nilo e os xeroglíficos. Grazas Miguel.

Xogo diante-detrás. 4 anos.

Traballamos de forma lúdica os conceptos matemáticos diante-detrás. Debíamos poñernos no círculo pintado no chan e despois situarnos diante ou detrás dun compañeiro segundo as ordea da mestra. Tiñamos que estar moi atentos.

martes, 27 de octubre de 2020

Momias. 4 anos.

O Samaín xa se achega e fixemos momias. Debíamos trocear cachos de papel hixiénico e despois pegalos enriba da momia como se foran as vendas. Desta forma melloramos a motricidade fina, a atención, a coordinación, etc. Despois decoramos o sarcófago con gomets de cores facendo un marco.

lunes, 26 de octubre de 2020

Robot Doc. 4 anos

A mestra Andrea prestounos o robot Doc é parecido a Bee Bot que empregamos o ano pasado. Os nenos debían programar a orde para que Doc se movera no panel de Samaín. Co robot traballamos a atención, lateralidade, coordinación óculo-manual, pensamento lóxico-matemático.... Gustounos un montón.

viernes, 23 de octubre de 2020

Xogamos con DOC. 5 anos.

Hoxe o esquío escribiunos de novo outra carta, e coa axuda dalgúns compañeiros e compañeiras da aula limos o que poñía. Nela, contounos que nos deixara unha sopresa: tróuxonos ao robot DOC xunto cun taboleiro con imaxes de samaín para movelo sobre elas. A través del achegámonos a programación, desenvolvemos o pensamento lóxico, traballamos as nocións espaciais, o vocabulario relacionado co samaín... pasámolo moi ben!

jueves, 22 de octubre de 2020

Creamos monstros. 5 anos.

Esta semana o esquío Darío deixounos novamente unha carta onde nos contaba que dentro duns días será samaín. Primeiro fixemos unha choiva de ideas, contando o que sabiamos desta celebración. Despois limos o resto da carta do esquío coa axuda dalgúns nenos e nenas da aula, na que nos explicou que é unha festividade moi antiga coa que se celebraba o remate do verán e o comezo do outono. Tamén nos pediu que fixésemos unha lista con elementos propios do samaín e ocorréronsenos moitas cousas (cabazas, monstros, esqueletos, momias, cabezas, morcegos...). Decidimos comezar polos monstros, e nos próximos días continuaremos a facer máis cousiñas.

Xeroglíficos de Exipto. 4 anos

Iniciámonos na escrita exipcia e os seus xeroglíficos. Resultounos algo difícil porque foi a primeira vez. Debíamos buscar a correspondencia de cada unha das letras do noso nome en exipcio. Para elo cada xeroglífico tiña en pequeno a representación da letra no noso alfabeto. Gustounos moito e volveremos realizar esta actividade.

miércoles, 21 de octubre de 2020

Experimento de flotación. 5 anos.

Onte estivemos a facer un experimento de flotación na aula. Primeiro escollemos os elementos que iamos empregar (castañas, follas, landras, paos...) e hipotetizamos sobre se flotaban ou non. Fixemos un reconto das respostas das nenas e dos nenos e, despois, botamos a un tarro con auga cada obxecto para comprobar se as nosas hipóteses eran certas. Tamén as rexistramos nunha folla escribindo o nome de cada elemento e, ao lado, un "si" ou un "non" segundo correspondera. Levamos algunhas sorpresas!

Monstruos Creativos. 4 anos

Seguimos co Samaín hoxe tocounos crear un monstro de medo. Falamos de qué cousas nos dan medo e por qué. Para crear o monstro fixemoa un collage e pegámoslle ollos.

martes, 20 de octubre de 2020

Frankestein. 4 anos.

Continuamos coas manualidades de Samaín hoxe tocou facer un Frankestein. Primeiro plasmamos a nosa man en cores verde e negro e deixámolo secar. Despois pintamos a boca e os parafusos con rotulador negro e finalmemte pegamos os ollos móviles.

lunes, 19 de octubre de 2020

Gafas 3 D. 4 anos

Comezamos o proxecto de Exipto. Puxemos unhas gafas 3D e tiñamos que buscar na lámina cousas de Exipto:pirámides, faraóns... Qué ben o pasamos

Agasallos de Crocus. 5 anos.

A pasada semana Crocus, a mascota da biblioteca, propúxonos participar no concurso "Pola nosa saúde" para escoller o logo do proxecto de centro que este ano será sobre a saúde. Na nosa aula participaron Miguel, Hugo e Julia, e Crocus agasallounos cun marcapáxinas para cada un. Moitas grazas por participar!

viernes, 16 de octubre de 2020

Mandalas de outono. 5 anos.

Esta semana recibimos unha mensaxe do esquío Darío onde nos falaba dos mandalas, e deixounos unhas fotografías dos que fixera durante a fin de semana no bosque. Propúxonos facer algúns na aula e, por suposto, dixemos que sí! Pasámolo moi ben, e través da súa realización desenvolvemos a nosa creatividade, motricidade fina, coordinación ollo-man, os sentidos... Aquí vos deixamos os resultados.

Normas da aula. 5 anos.

Como xa sabedes, temos na aula o bote das palabras fermosas. Estes días tocounos "te quiero mucho". Falamos das persoas as que queremos, como llo demostramos... e comprendemos a importancia de tratar con respeto e cariño aos demais. Isto levounos a necesidade de ter unhas normas na aula para conseguir unha boa convivencia, e decidimos entre todas e todos poñer seis que consideramos moi importantes. Tamén limos o conto "Te como a besos" e reflexionamos sobre o moito que nos gusta que nos dean bicos, apertas... cando nos enfadamos ou nos poñemos tristes. Seguiremos a traballar sobre as emocións nos próximos días. Conto:

Vídeo:

Debuxos de outono. 5 anos.

E seguen a chegar a aula debuxos das nenas e nenos sobre o outono, esta vez de Xiana, Lara, Laura e Sara. Son preciosos!

Cumpreanos Alan. 4 anos.

Alan cumpriu 4 anos e estaba todo contento. Parabens Alan.

miércoles, 14 de octubre de 2020

Esqueletos. 4 anos.

Estivemos dous días facendo os esqueletos.Pegamos as nosas caras e os nosos ósos. Despois por detrás vimos a canción dos esqueletos e decoramos un marco de Gomets.  




Podedes visionar na casa a canción dos esqueletos que estamos a aprender.

 

martes, 13 de octubre de 2020

Mesa de luz con números. 4 anos

Traballamos coa asociación cantidade e grafía desta vez coa mesa de luz. Poñíamos o número enriba da mesa de luz e despois tiñamos que buscar o mesmo número de obxetos.

viernes, 9 de octubre de 2020

Cancións de outono. 5 anos.

Deixámosvos as cancións que estamos a aprender na aula relacionadas co outono. Gústannos moito!

Simetrías. 5 anos.

 Hoxe na aula de 5 anos o esquío Darío agochou letras nas nosas caixas de outono. Primeiro buscámolas todas, e despois ordenámolas para compoñer as palabras que se escondían en cada caixiña. 

Tamén traballamos as simetrías: escollimos follas de distintos tamaños e formas, recortámolas pola metade e pegamos unha parte nun folio, tendo que debuxar a outra parte cun rotulador. 

Ademais rematamos de colorear os  mandalas e continuamos a traballar vocabulario nos nosos encerados. Cubrímolos de xiz e escribimos sobre eles cun pincel que mollamos previamente en auga. Deixámosvos un vídeo con  imaxes sobre algunhas destas cousiñas que estivemos a facer na aula:

Bingo da Auga. 4 anos.

Traballamos co Bingo da Auga. Primerio pegamos tarxetas no cartón do Bingo e deixámolas secar. ó vir do recreo cada un collemos o noso bingo a mestra ensinaba as tarxetas e o que a tivera no seu bingo poñíalle un gomet vermello. Gañaba o que antes completara o Bingo. Qué divertido.

jueves, 8 de octubre de 2020

Debuxos de outono. 5 anos.

As nosas compañeiras Carla e María trouxeron uns debuxos que fixeron sobre o outono e que xa están a decorar a nosa aula. Encantáronnos!

Experimentamos con escuma de afeitar. 5 anos.

Onte experimentamos na aula con escuma de afeitar traballando as texturas e as cores engadindo unhas gotiñas de colorante alimenticio e observando o que ocorría ao mesturalas. Esta actividade permitiunos continuar a desenvolver a nosa creatividade, traballar a coordinación,a atención, a lecto-escritura escribindo sobre ela os nosos nomes, as palabras relacionadas co outono... Pasámolo xenial!

Outono. 5 anos.

Na aula de cinco anos continuamos a investigar sobre o outono. Estes días demos a benvida a un novo mes, outubro. Decidimos crear as nosas caixiñas de outono con piñas, castañas, noces... que nos trouxera o esquío Darío, e traballamos este vocabulario rexistrando os elementos das caixas nunha folla. Na mesa de luz tamén compuxemos estas palabras identificando as letras correspondentes. Pintamos landras coas pinturas acuarelables, e despois recortámolas para decorar a nosa aula. Coñecemos as cores típicas do outono (laranxa, marrón...) e experimentamos con auga e colorante alimenticio, facendo mesturas ata conseguir crealas. Ademais, o esquío deixounos onte unha carta contándonos que a fin de semana estivo facendo mandalas así que falamos na aula sobre eles e decidimos buscar información para saber o que eran. Pintamos uns moi bonitos e estes días continuaremos a facer algúns máis pero un pouco diferentes... xa volo ensinaremos!

miércoles, 7 de octubre de 2020

Creamos Slime. 4 anos.


Seguimos traballando as texturas e tamén os olores. Fixemos slime mesturando cola blanca e activador. despois añadimos colorante e esencia de olores.

martes, 6 de octubre de 2020

Mandalas. 4 anos

Pintamos uns mandalas relacionados coa auga. Os mandalas son un exercicio que axuda a mellorar a concentración, a atención visual e cognitiva, a coordinación.

viernes, 2 de octubre de 2020

Recta Numérica con tarxetas de números. 4 anos

Xogamos coa recta numérica cada neno e nena collía unha tarxeta e tiña que buscar a posición dese número na recta numérica. Desta forma traballamos os números, a asociación da cantidade e grafía dunha forma lúdica e divertida.



 


jueves, 1 de octubre de 2020

Recta numérica. 5 anos.

Estes días estivemos xogando coa recta numérica na aula de 5 anos. Con ela aprendemos a coordinar os nosos saltos cos nomes dos números, identificar distintas grafías, contar dun número en adiante, coñecer que número temos diante e detrás... traballando as matemáticas dunha maneira moi divertida. Xa temos ganas de repetir!

Portamascarillas. 5 anos.

As nenas e nenos da aula de 5 anos tamén estivemos facendo uns portamascarillas estes días. Empregamos unhas cartolinas de cor branca que decoramos con acuarela coas cores que máis nos gustaron e, finalmente, pegamos a nosas fotos enriba. Tamén puxemos uns velcros para poder abrila e pechala comodamente. Quedáronnos moi chulas!