PEQUECIES

PEQUECIES
El blog de Educación Infantil del CEIP Illas Cies

viernes, 20 de diciembre de 2019

Chocalatada de Nadal en 4 anos

Despois do Festival de Nadal e para repor forzas, tivemos unha boísima chocolatada coas familias.

Actuación Nadal 5 anos

Aquí podedes ver unha pequenha mostra da actuación do alumnado de 5 anos no noso Festival de Danzas do Mundo de Nadal. 


Chocolatada. 3 anos

A Anpa organizou unha chocolatada para os nenos e as familias. Cómo nos gustou o chocolate e qué rico estaba.

Actuación Festival Nadal 3 anos

Aquí podedes ver a actuación do alumnado de 3 anos no Festival de Danzas do Mundo de Nadal. 


Disfraces de Chinos . 3 anos.

Disfrazámonos de Chinitos que guapos estábamos.



Festival Nadal 4 anos

Aquí vos deixo as dúas actuacións do alumnado de 4 anos no Festival de Nadal deste curso, coa temática de Danzas do mundo. 


jueves, 19 de diciembre de 2019

Manualidade Papá Noel. 5 anos.

Esta semana fixemos un Papá Noel con papel e algodón que nos quedou así de bonito.




Felicitación de Nadal. 5 anos.

Os alumn@s da clase de 5 anos deséxanvos un bo Nadal.




Visita de Papá Noel en infantil

Hoxe veu de visita ao noso cole Papá Noel. Todo o alumnado tiña preparadas as súas cartas para poder entregárllelas hoxe e contarlle os nosos agasallos desexados.
  



Cumpreanos Lucía S. 3 anos

Lucía cumpriu 3 anos e celebrámolo co Metodo Montessori. Tamén vimos unha foto de cando era bebé e un recordo do seu bautizo. Parabens Lucía.

Maleta Viaxeira Érika. 3 anos

Érika contounos que o conto que máis lle gustou foi Corre corre Cabaciña e que debuxou a avoíña e a Frozen porque lle gusta moito Frozen. 

miércoles, 18 de diciembre de 2019

Felicitación Nadal. 3 anos

A clase de 3 anos quérevos desexar un Bo Nadal e un feliz comezo de aninovo. Ogallá este ano se cumpran todos os vosos desexos. Unha aperta e felices festas.

martes, 17 de diciembre de 2019

Carta para Papá Noel. 5 anos.

Esta semana vén o Papá Noel ao cole así que xa fixemos a carta.


Libro Viaxeiro Alan. 3 anos.

Alan ensinounos o que fixo co Monstro das Cores axudoulle tamén a montar a árbore de Nadal e disfrutou moito con él.

Maleta viaxeira. 5 anos.

A Lía gustoulle moito o conto " el gran oso polar" porque lle gustan moito os animais.


Cumpleanos de Santiago. 5 anos.


Felicitación Nadal en 4 anos

Dende a aula de 4 anos desexámosvos un Bo Nadal e unhas Felices Festas!!


Cartas Papá Noel en 4 anos

Ya temos preparadas as nosas cartas para Papá Noel, que virá visitarnos ao cole o xoves 19 de decembro.


Xogo cos Bloques Lóxicos. 3 anos

Carolina fíxonos hoxe un xogo cos Bloques Lóxicos. Ela poñía unha serie: cadrado grande cadrado pequeno... e había que continuala.

lunes, 16 de diciembre de 2019

Carta a Papa Noel. 3 anos.

O xoves vai vir Papa Noel o colexio así que comezamos a prepararlle a carta. Primeiro coloreamos a Papa Noel e despois escollemos do catálogo de xoguetes un ou dous para pedirlle a Papa Noel por Nadal. Finalmente recortámolo e pegámolo na carta. Qué emocionados estábamos.

Maleta de poesía. 3 anos

Crocus a mascota da biblioteca deixounos hoxe na clase a maleta da poesía. Traianos un montón de contos do xénero da poesía. Julia que era a encargada escolleu o de "5" para contar. 

Cumpreanos de Julia. 3 anos

Foi o cumpreanos de Julia celebrámolo co método Montessori e ademais vimos unha canastilla con cousiñas de cando Julia era bebé e un mural precioso con fotos de Julia ó longo dos seus tres anos de vida. Parabens Julia e grazas por compartir os teus recordos connosco.

Mural igualdade patio Infantil.

Hoxe colaboramos na creación dun mural sobre a igualdade no patio. Cada aula tiña mos que elixir un símbolo e despois plasmalo no mural. Unha verdadera obra de arte!!





sábado, 14 de diciembre de 2019

Postal de Nadal. 5 anos.

Esta semana fixemos unha postal para desexar bo Nadal ás familias.


Dominó de sinais de tráfico. 5 anos.

Xogamos co dominó das sinais de tráfico favorecendo a concentración, a memoria, a lóxica e aprendendo o significado das sinais.


Dominó de animais . 5 anos.

Xogamos co dominó de animais favorecendo a concentración, a memoria, a lóxica e o vocabulario.


Tangram. 5 anos.

Xogamos a facer figuras con tangrams e  a adiviñalas.


Árbores de Nadal do cole. 5 anos.

As nais e pais do Anpa colocaron duas árbores de Nadal e colgaron os adornos que trouxeron os nen@s da casa elaborados polas familias. Quedaron así de bonitos.




Xogo das metades. 5 anos.

A este xogo podemos xogar de duas formas; buscar a metade dunha figura entre un montón de metades ou repartirlle a cada nen@ unha metade e o nen@ que teña a outra ten que sair a colocala.



Calendario. 5 anos.

Estamos facendo un calendario entre todos os cursos. Como a nós tocounos Rusia, pintamos e decoramos unhas matrioshkas.


Maleta viaxeira.5 anos.

Fidélia contounos que o conto que máis lle gustou foi "Daniela pirata" .


viernes, 13 de diciembre de 2019

Cociñando con Fabas. 3 anos

No recreo agora temos fabas e garbanzos para cociñar con eles. Que ben o pasamos cociñando con eles 

Maleta Viaxeira Héctor. 3 anos

Héctor disfrutou moito coa Maleta Viaxeira o conto que máis lle gustou foi o de Corre Corre Cabaciña e sobre todo a canción


Contos de Nadal. 5 anos.

Temos un recuncho na biblioteca de aula con moitos contos de Nadal.


Maleta de poesía. 5 anos.

Esta semana Crocus deixounos unha maleta cargada con contos de poesía. Escollemos os que máis nos gustaron entre eles "mamá cabra" que nos encantou e logo escoitamos as cancións.


miércoles, 11 de diciembre de 2019

Postal de Nadal. 3 anos.

Estamos facendo unha postal de Nadal. Primeiro fixemos a pegada do noso pé para facer o corpo do Rei Mago e despois pegámoslle os ollos o nariz e a coroa e por último debuxamos a boca. 

Caixa Máxica. 3 anos

A profe Carolina tróuxonos un xogo a caixa máxica. Debían meter a man dentro e adiviñar os obxectos que tiña . Grazas profe Carolina por toda a túa colaboración.

Xogo cartas de figuras xeométricas. 3 anos

Seguimos traballando coas cartas pero hoxe coas formas xeométricas. Cada neno debía coller unha carta e buscar a figura xeométrica correspondente. Tamén debía tentar describila:cor,tamaño..

Problema conto "A cigarra e a formiga" en 4 anos

Neste novo problema o alumnado debía averiguar cántos grans de trigo podía levar a formiga ao seu formigueiro en 3 días, sabendo que cada día a formiga soamente pode levar 2 grans.

martes, 10 de diciembre de 2019

lunes, 9 de diciembre de 2019

Resolución problemas 4 anos

Hoxe plantexamos un novo problema a resolver na aula, relacionado co conto "A cigarra e a formiga".
A situación era a seguinte: unha formiga leva 2 grans de trigo e 5 de cebada ao seu formigueiro para alimentarse durante o inverno, cantos grans levou en total?
Con este problema iniciámonos no concepto de suma (xuntar diferente elementos).