PEQUECIES

PEQUECIES
El blog de Educación Infantil del CEIP Illas Cies

viernes, 22 de diciembre de 2023

Teatro Nadal infantil

Hoxe veu a compañía de teatro Fabiana a representar unha adaptación de Pinocho. 


Ademais a Anpa do colexio preparounos unha deliciosa chocolatada. 

 
Xa estamos de vacacións pero queremos dende infantil desexaros unhas felices festas e agradecer a todas as familias a súa participación nas actividades propostas polo cole.

Xa nos vemos nuns días.

Bo Nadal!!!

miércoles, 20 de diciembre de 2023

Fin de ano

Hoxe viñemos tod@s súper elegantes ao cole porque íamos festexar o fin do ano 2023.

Estes días preparamos uns cucuruchos para tomar 12 gusanitos ao son das campás de fin de ano.

Tamén fixemos un gran baile e unha provocación navideña con espumillón e luces de cores.

Neste vídeo podedes ver o ben que o pasamos!!

martes, 19 de diciembre de 2023

Obradoiros Nadal

Esta mañá fixemos 3 obradoiros co alumnado de infantil:

✅️ Obradoiro de cociña, organizado pola mestra Raquel, onde o alumnado creou uns divertidos bonecos de neve con pan de molde, chocolate líquido e lacasitos.

✅️ Obradoiro de mandalas, coa mestre Mónica, onde o alumnado deixou voar a súa creatividade para confeccionar diferentes mandalas con elementos naturais: piñas, follas, paos, bellotas, tronquiños de madera, pedras... combinándoos con elementos navideños.

✅️ Obradoiro navideño, coa mestra Karina, onde o alumnado decorou unha árbore de nadal e un agasallo con pinturas e minipezas (botóns, cascabeis, pedras de cores, cubos de madeira...).

Neste vídeo podedes ver un resumo das actividades.

 

Pásalo xenial e, sobre todo, experimentamos e creamos cousas novas!!!

lunes, 18 de diciembre de 2023

Visita de Vega

Hoxe veunos visitar Vega , a cadela da mestra Mónica. 


Con ela aprendemos que coidados requiren os animais:  alimentala dúas ou tres veces ao día, darlle de beber, paseala para que faga unha vida activa e as súas necesidades na rúa (pis e caca) bañala unha vez á semana, limpiarlle os dentes, porlle as vacinas, desparasitala...

Tamén practicamos como paseala coa correa e aprendimos como recoller os excrementos sen mancharnos (cun xoguete, non con caca de verdade 😅). 

Pero sobre todo démoslle moitos bicos e agarimos!!!

Xa estamos desexando que volva outro día de visita 🤣🤣🤣

Queredes velo?

Grafismo Creativo. 4 anos

Elaboramos un Reno de Papá Noel con grafismos. Os grafismos son un paso previo fundamental para a lectoescritura.

viernes, 15 de diciembre de 2023

Mandalas Navideños. 4 anos.

Pintamos un Mandala con motivos navideños. Os Mandalas estimulan a concentración, potencian a motricidade e fomentan a creatividade. 

jueves, 14 de diciembre de 2023

Portada de Árbore. 4 anos

Fixemos a portada dos traballiños estampando co rolo de papel hixiénico e pintura fosforita. Despois decoramos a árbore con troqueles de estrelas , bolas que fixemos con goma Eva. Finalmente fixemos copos de neve estampando con pintura branca. Qué chulo nos quedaron!


Montaxe da árbore de Nadal. 4 anos

Montamos a árbore de Nadal de Educación Infantil e despois colocamos os adornos que fixeron os nenos e nenas coas súas familias. Moitas grazas pola colaboración. Podedes ver o vídeo pinchando o enlace Montaxe de Árbore de Nadal.

miércoles, 13 de diciembre de 2023

Figuras de Nadal. 4 anos

Fixemos unha ficha para traballar a atención debíamos buscar en cada ringleira a figura diferente e coloreala. Había que fijarse moi ben.

Bola de Neve.4 anos

Fixemos unha bola de Nadal. Primeiro picamos a base da bola e lle puxemos enriba a nosa foto. A continuación lle botamos neve e lle pegamos un prato. Finalmente decoramos con pegatinas brillantes. Qué ben nos quedou!.


martes, 12 de diciembre de 2023

Papá Noeis de Cores. 4 anos

Temos un novo xogo na Mesa Sensorial. Temos que buscar na neve artificial os saquiños de cada Papá Noel e asociados a súa cor. Qué divertido e cánto aprendemos. Podedes ver o vídeo pinchando no seguinte enlace: Papá Noel de Cores

lunes, 11 de diciembre de 2023

Carta de Nadal. 4 anos

Comezamos a facer cousiñas de Nadal. Hoxe escribimos a nosa carta a Papá Noel. Primeiro recortamos os xoguetes dos folletos, despois escribimos o seu nome debaixo e coloreamos a Papá Noel e o seu reno. Finalmente pechamos a carta e lle puxemos pegatinas.

miércoles, 6 de diciembre de 2023

Día da Discapacidade. Infantil e Primaria.

Celebramos o Día da Discapacidade. Os nenos de Infantil e Primeiro Ciclo de Primaria debían sentir coas plantas dos pés as distintas texturas. Poñemonos na situación das personas con Discapacidade.

 Pinchade no enlace para visionar o vídeoDía da Discapacidade

martes, 5 de diciembre de 2023

Ficha navideña de atención. 4 anos

Comezamos a facer traballiños de Nadal. Neste caso debíamos asociar cada debuxo de Nadal: reno, papá Noel.. coa súa sombra. Traballamos desta forma a simetría e atención.

lunes, 4 de diciembre de 2023

Pirámides de lá. 4 anos

Fixemos unhas pirámides de lá. Traballamos previamente a forma triangular e os seus lados. Agora aparcaremos un tempiño o Proxecto de Exipto para facer cousiñas de Nadal.