PEQUECIES

PEQUECIES
El blog de Educación Infantil del CEIP Illas Cies

miércoles, 30 de septiembre de 2020

Pintamos piñas . 4 anos.

Continuamos traballando o outono onte cas follas e hoxe con piñas. As tocamos as comparamos por tamaño e despois as pintamos con témpera. Imos facer unha cesta con tódalas cousas do outono que estamos dando na clase. 




martes, 29 de septiembre de 2020

Pintamos follas de outono. 4 anos

Seguimos traballando o outono hoxe experimemtamos coas follas vimos as súas cores, texturas, etc. Despois pintámolas con rotulador de raias de cores. Qué ben o pasamos.

lunes, 28 de septiembre de 2020

Conto "Orellas de bolboreta" en 5 anos

O venres pasado comezamos a traballar o conto "Orellas de bolboreta" , que trata sobre o acoso escolar, pero adaptado ao alumnado de infantil.
Neste conto aprendemos que todos somos diferentes e falamos sobre a importancia do respecto cara os demais.
Dende a nosa aula quixemos cambiar a historia do conto, cambiando todas as palabras feas que lle dicían os nenos\as da aula á protagonista do conto (Mara), convertindo as palabras feas en palabras máis bonitas e respetuosas, que  logo metimos nun bote.
Cada semana regalaremos unha destas palabras ao encargado semanal e falaremos dela.
Outra actividade relacionada con ese conto foi crear os nosos autorretratos en cartolina negra e con moitas cores, potenciando así a creatividade do alumnado.

Regalos Lara en 5 anos

Despois de uns días maliña na casa, hoxe por fin regresou á aula, a nosa compañera Lara. 
E non volveu soa senón... que trouxo moitísimos agallasos que fixera o curso pasado para celebrar os aniversairos dos seus compañeir@s que coincidiron na época do confinamento. 
Pódese ser máis boa compañera? ❤️💕

Nova visita do esquío Darío en 5 anos

Hoxe o esquío Darío volveu visitar a nosa aula. Nesta ocasión deixou unha nota onde explicaba que a pasada fin de semana estivera recollendo elementos do outono no campo (follas, piñas, bellotas...) e preparounos unha pequena sorpresa a cada un: unha bolsiña individual para cada nen@ con estes elementos.

Despois da visita, coa profe Andrea estivemos vendo que elementos había en cada bolsiña (paos, follas, piñas, bellotas...), cal era o nome  de cada cousa, cal era a súa forma, o seu tacto e a súa textura. Foi unha mañá moi divertida e xa estamos agardando a seguinte visita de Darío a nosa aula!!


 

Mesa de Luz. 4 anos.

Traballamos conceptos lóxico-matemáticos coa mesa de luz. En concreto seriacións, neste caso tiñamos que facer unha serie de color azul-vermello... despois fixemos unha ficha coas series traballadas.





viernes, 25 de septiembre de 2020

Cumpreanos Alejandro. 4 anos

Celebramos o cumpreanos de Alejandro co método Montessori demos 4 voltas arredor do sol. Parabens Alejandro.

jueves, 24 de septiembre de 2020

Chegou o outono á aula de 5 anos

Hoxe ao chegar a nosa aula atopamos un rastro de follas por todo o chan. Moi sorprendidos, seguimos o camiño de follas ata que nos atopamos cun visitante misterioso: un esquío, que viñera de visita a nosa aula e deixounos unha carta onde nos preguntaba se podía quedarse uns días na aula e a cambio  nos axudaría a investigar o outono (a nova estación que acaba de comenzar).   


Tamén nos comentou que nos iría deixando sospresas durante este tempo que estivese na nosa aula.
A primeira petición que nos fixo hoxe foi que observasemos as follas que nos deixo no chan, a súa cor, textura... e que fixeramos unha silueta con elas e logo as decorasemos. Queredes velo?   


Acuarelas 4 anos.

Experimentamos coas acuarelas medimos as cantidades de auga e despois mesturamos coas pinturas. Fixemos unha paisaxe qué bonita nos quedou. 



miércoles, 23 de septiembre de 2020

O Outono. 4 anos

Estamos aprendendo a canción do outono, tamén podemos practicala na casa.


Ademais buscamos follas de outono polo patio.

Animais Marinos. 4 anos

Visionamos un documental de animais marinos e falamos de eles . Despois creamos o noso propio animal con goma eva e ollos móviles. Qué bonitos.

lunes, 21 de septiembre de 2020

Pizarras Velleda e Tiza. 4 anos

Estreamos as pizarras novas teñen por un lado velleda para traballar co rotulador e polo outro encerado para traballar coa tiza. Usarémolas para traballar moito a grafomotricidade e tamén o debuxo libre.

jueves, 17 de septiembre de 2020

Portamascarillas. 4 anos.

Fixemos uns portamascarillas en clase para poder levar as nosas máscaras. Pegamos papel de confeti nunha cartolina negra e despois puxemos a nosa foto. Finalmente pegamos velcro para poder abrir e pechar para gardalas. Qué bonitas nos quedaron.





Pintamos con pincel papel de burbulla. 4 anos

Estivemos analizando texturas: suaves, liso, rugoso. Despois pegamos papel de burbulla e pintamos con pincel por enriba. Finalmente, analizamos o resultado non é o mesmo pintar nunha superficie lisa que rugosa.

martes, 15 de septiembre de 2020

Facemos espuma de mar. 4 anos

Comezamos de novo cos experimentos esta vez fixemos espuma de mar empregamos espuma de afeitar unha pouxa auga e pódese tamén botar colorante. Encantoulles mesturalo e pintar con el. 





lunes, 14 de septiembre de 2020

Tangram iniciais e xogos patio 5 anos

Este curso temos moitas novidades no colexio. Unha delas é un novo espazo de lecer. Hoxe fomos o noso novo patio e disfrutamos moito xogando nel.
Pero non todo son novidades, seguimos traballando na aula con algúns dos xogos que máis nos divirten: o tangram.
Nesta ocasión tiñamos que crear a nosa inicial co xogo do tangram. Resultou un pouco díficil ao principio, porque xa levábamos moito tempo sen practicar, pero finalmente tod@s conseguimos facer a nosa inicial.
Podedes ver un resumo destas actividades no seguinte vídeo ☺️.
















A nova mascota de 4 anos.

Hoxe coñecemos a nova mascota de 4 anos chámase Bechamel e acompañaranos ó longo de todo o curso.

sábado, 12 de septiembre de 2020

Primeiro día de cole en 5 anos

O venres 11 voltamos de novo ao cole. Xa tiñamos moitas ganas de ver de novo as nosas cariñas e  de estar xuntiños.
Este ano hai moitas novedades na nosa aula. A primeira  novidade que coñeciamos o venres foi unha nova maneira de facer a asamblea: pasar lista, ver cántos alumnos/as viñeron ao cole, cántos quedaron na casa, as rutinas diarias da semana, o calendario... 
Agora facemos a asamblea na pizarra dixital, porque xa somos moi maiores e así mantemos a distancia social entre nós. Esta semana comezou Lara, sendo a encargada da aula. 
Queredes ver o ben que o fixo e o atentos que estaban todos?? 

viernes, 11 de septiembre de 2020

Pulseiras mensaxes de ánimo. 4 anos

Elaboramos unhas pulseiras con mensaxes de ánimo: cuídame/cuídate, todo vai sair ben, somos unha piña... cada neno escolleu a súa pulseira e a decorou o seu gusto. 

jueves, 10 de septiembre de 2020

Aprendemos a xogar en equipo. 4 anos.

Agora xogamos por equipos de cores. Aprendemos a xogar cos compañeiros do noso equipo. Qué ben o pasamos.