PEQUECIES

PEQUECIES
El blog de Educación Infantil del CEIP Illas Cies

martes, 30 de noviembre de 2021

Exposición de Receitas. 5 anos

Comezamos a explicar as nosas receitas. Hoxe explicárona Enzo que fixo unhas galletas, Saleta que fixo unhas magdalenas, Carmen que fixo unhas tortitas e Shalma que fixo unha trenza de hojaldre e tróuxoa para degustar con nós na hora da merenda. Continuaremos por grupiños esta semana explicando as nosas receitas cos ovos do galiñeiro.

Postais de Nadal. 5 anos

Comezamos a preparar unhas postais: escollemos un papel decorativo e picamos a forma da árbore, o pegamos nunha cartolina, poñémoslle de gomet a estrela e o tronco. Finalmente poñémoslles flocos de neve cos dediños. Qué bonita vai quedar.

lunes, 29 de noviembre de 2021

Lollipops. 5 anos

Rematamos os Lollipops. Primeiro pintamos os paus de dúas cores: branco e vermello. Despois pegamos as nosas fotos na círculo de goma eva. E finalmente fixémoslle un lazo con axuda e llo colocamos. Qué bonitos quedaron.

Cumpreanos de Érika. 5 anos

Érika cumpriu cinco anos. Celebrámolo seguindo o método Montessori dimos cinco voltas arredor do sol. Ademais trouxo un montón de recordos de cando era pequena: peluches, fotografías.. que compartiu cos compañeiros. Parabens Érika!.

domingo, 28 de noviembre de 2021

Minimundo Nadal en 3 anos

Xa estamos a piques de comezar o mes de decembro e co alumbrado das luces de Nadal na nosa cidade, o alumnado xa tiña moitísimas ganas de empezar a festexar o Nadal.
Así que o venres na nosa aula creamos neve artificial con bicarbonato e todo un minimundo navideño.

viernes, 26 de noviembre de 2021

Coidado das Galiñas. 5 anos

Hoxe rematamos o Coidado das Galiñas. Encántanos ir a darlles de comer, cambiarlles a palla, botarlle pan, recoller os ovos... Voltaremos a coidalas a semana do 7 ao 11 de Febreiro. Eso sí poderémolas visitar cando queiramos. Foi unha experiencia incrible e única.

Fondo Marino con Acuarelas. 5 anos

Continuamos co Proxecto dos Animais. Hoxe escribimos a palabra fondo marino e pintamos con acuarelas o fondo e animais do mar. A acuarela é unha técnica que esixe precisión, concentración e coordinación visomanual.

Cumpreanos Miguel. 5 anos

Miguel cumpriu 5 anos celebrámolo dando cinco voltas arredor do sol e sopramos as velas. Ademais compartiu connosco fotos de cando era pequeno en formato dixital e nos encantaron. Parabéns Miguel!.

jueves, 25 de noviembre de 2021

Pasiños contra a violencia de xénero en 3 anos

Este ano para conmemorar o día contra a violencia de xénero decidimos decorar o colexio con zapatos antigos, pintados de cor morado, que representan os pasos que a sociedade e por extensión o noso cole, estamos facendo para loitar contra a violencia de xénero.


 
Onte e hoxe fomos visitar os distintos espazos decorados e os murais que creamos. 

Pasiños contra a violencia de xénero en 4 anos

Este ano para conmemorar o día contra a violencia de xénero decidimos decorar o colexio con zapatos antigos, pintados de cor morado, que representan os pasos que a sociedade e por extensión o noso cole, estamos facendo para loitar contra a violencia de xénero.



Nos días previos pintamos os zapatos e onte e hoxe fomos visitar os diferentes espazos e murais do colexio. 



Pasiños contra a Violencia de Xénero. 5 anos

Celebramos o día da Non Violencia contra o Maltrato e Violencia de Xénero o 25 de Novembro. Pintamos os zapatos de cor morado e tamén fixemos as letras do mural: "Pasiños contra a Violencia de Xenero" fomos a velo qué ben quedou.

miércoles, 24 de noviembre de 2021

Fotos para Nadal. 5 anos

No patio ó aire libre sacamos un momento a máscara con distancia para facer unha foto para Nadal. Que guapos e qué maiores saimos nas fotografías.

Árbores de Nadal con Piñas. 5 anos

Comezamos a preparar adornos para o Nadal. Pintamos a base da piña de cor verde. Despois pegámoslle pompóns como se fosen bólas e botámoslle purpurina. Finalmente pegámoslle a estrela. Qué bonitos nos están quedando.

Mandalas. 5 anos

Fixemos unha actividade moi completa: o outro día fixemos unhos mandalas coa axuda da profe Mónica no chan con elementos naturais: paus, conchas, pedras, botóns.. E hoxe pintamos unhos mandalas con lapis de cores e pegámoslle unhas cunchas. Os mandalas son unha actividade que axudan a concentración, a atención visual e simetría.

lunes, 22 de noviembre de 2021

Biscoito de Chocolate. 5 anos.

Recollemos os ovos do Galiñeiro e cos ovos fixemo entre todos un biscoito. Botámoslle 1 iougur, 3 vasos de fariña, 2 de azucre, 1 de cacao, 1 de aceite e un sobre de levadura e batimos todo. Finalmente botámoslle pepitas de chocolate. Mañá degustaremolo na merenda porque hoxe aínda estaba moi quente.

Coidado do Galiñeiro. 5 anos

Esta semana comezamos co Coidado do Galiñeiro debemos realizar varias tarefas: recoller o pan do contenedor, ir buscar pienso e palla limpa o cobertizo. A continuación no Galiñeiro: recollemos os ovos, repoñemos a palla e botámoslle de comer o pienso no bote e desfacemos o pan con agua tamén para botarllo. Cómo nos gustou ir o Galiñeiro!.

domingo, 21 de noviembre de 2021

Zume de laranxa en 3 anos

O venres na merenda fixemos un delicioso zume de laranxa.

Os peques pasáronno xenial co exprimidor.
 


Ademáis en psicomotricidade fixemos un xogo de piratas. 
Basándonos na historia de dous piratas:   Barba negra e Mala pata, que son dous piratas que sempre estaban enfrentados por conseguir  diferentes tesouro. Despois de escoitar a historia destes dous piratas, que a mestra Mónica nos relatou, fixemos un circuito no que simulamos o barco pirata e o percorrido que facían os dous piratas para conseguir o cofre do tesouro. 

jueves, 18 de noviembre de 2021

Brocheta froitas e novo experimento en 3 anos

Hoxe, aproveitando que era o día no que nos tocaba merendar no cole froita, fixemos unhas deliciosas brochetas de froitas. Grazas a todas ás familias pola vosa colaboración!!!



Ademáis, como estamos no mes de novembro, o mes da ciencia no noso cole, onte volvimos facer un novo experimento.  

Cales son os efecto do auga nas piñas? 

Descubrimos que se sumerxemos as piñas en auga péchanse, e cando se secan voltan abrirse... Pero sabedes o porque? 
 

As piñas albergan no seu interior as semillas dos piñeiros (os piñóns) e teñen a función de protexelas ata que as condicións exteriores sexan as axeitadas para que cando caían á terra podan xerminar.

Así que cando hai humidade  (é dicir, cando as sumerxemos en auga ou as mollamos) as piñas péchanse para evitar que os piñóns caían á terra. Increíble, verdade? 

Pintamos zapatos. 5 anos

Comezamos a preparar os zapatos para o día 25 de Novembro: contra a Violencia de Xénero. Falamos da conmemoración e do que simbolizan os zapatos, despois pintámolos con pintura acrílica e barniz.

miércoles, 17 de noviembre de 2021

Cociñamos filloas en 4 anos

Hoxe fixemos unha receita de cociña, cos ovos caseiros das galiñas do noso galiñeiro.

A receita escollida foi "Filloas recheas de chocolate e froitos vermellos" .

Ingredientes:

✅ 4 OVOS
✅ 400ml LEITE
✅ 300g FARIÑA
✅1 culler de LEVADURA
✅ Un pouco de SAL
✅ 60 g Azucre

O martes fixemos a masa das filloas e deixámola reposar durante un día na neveira e hoxe mércores cociñámolas e degustámolas. 

Estaban boísimas!! 😋

Medusas Eléctricas. 5 anos

Seguimos co Proxecto de Animais: traballamos a medusa. Primeiro vimos un vídeo da Medusa e as súas características. Despois debuxamos unha medusa con cera branca e decoramos o fondo marino con témpera fluorescente coa técnica de estampar con corcho. Qué bonitas nos quedaron.

Sementes de Outono. 5 anos

Plantamos sementes de Outono: castañas e landras. Falamos das árbores e dos seus frutos. Primeiro enchemos os botes de terra, despois metemos as sementes,as regamos e as puxemos o sol. A ver se temos sorte e crecen as nosas árbores.

martes, 16 de noviembre de 2021

Experimento choiva de cores en 4 anos

Este mes de novembro está adicado a ciencia.

No clase de 4 anos, o primeiro dos moitos experimentos que imos facer, foi esta choiva de cores.




Necesitamos:

✔️ Auga
✔️ Escuma de afeitar
✔️ Colorante alimentario ou témpera diluida en auga, de diversos cores.


O resultado non pode ser máis espectacular!!

Neste pequeno video podedes ver como o fixemos. 



Libro de Miguel. 5 anos

Continuamos co Proxecto de Animais e Miguel trouxo un libro da hiena e explicounos as súas características. Cantas cousas aprendemos dos animais!.

lunes, 15 de noviembre de 2021

Sesión de psicomotricidade en 3 anos

Coidamos galiñas en 4 anos

E por fin....esta semana, a nosa aula é a encargada do galiñeiro. 

As nosas tarefas diarias, ao longo da semana,  son: 

✔️ Todos os días temos que deixar libres as galiñas.
✔️ Poñémoslles comida e bebida
✔️ Recollemos os ovos, que van poñendo
✔️ Limpiamos o niño, onde poñen os ovos e repoñemos a palla nel
✔️ Dámoslles o pan reseso, mollado en auga, para rebrandécelo
✔️Dámoslles berzas
✔️ Ao final da mañá voltamos meter as galiñas dentro do corral. 

Así que xa dende segunda hora puxémonos mans  a obra e pasámolo xenial!!

Experimento de Lava. 5 anos

Enzo e Teo trouxéronos un bote de cinza do volcán da Palma e fixemos un experimento de facer lava. Mesturamos auga quente con polvos de xelatina naranxa despois levamos a mezcla o conxelador. Sacámola e vemos o qué sucedeu despois de cinco minutos desapareceu o xeo e o líquido que mezclamos transformouse en lava. Despois xogamos a rescatar os patiños da lava, qué ben o pasamos podedes velo no vídeo!.

Folio Xiratorio. 5 anos.

Decoramos unha folla de outono pero coa técnica de aprendizaxe cooperativo do folio xiratorio. Coa música íamos estampando pegadas de témpera na folla de outono cando paraba a música debíamos pasar o debuxo o compañeiro no sentido das agullas do reloxo e voltábamos a pintar unha vez que sonaba de novo a melodía. O aprendizaxe cooperativo integra o traballo en equipo, a motivación e atención.