PEQUECIES

PEQUECIES
El blog de Educación Infantil del CEIP Illas Cies

jueves, 8 de octubre de 2020

Outono. 5 anos.

Na aula de cinco anos continuamos a investigar sobre o outono. Estes días demos a benvida a un novo mes, outubro. Decidimos crear as nosas caixiñas de outono con piñas, castañas, noces... que nos trouxera o esquío Darío, e traballamos este vocabulario rexistrando os elementos das caixas nunha folla. Na mesa de luz tamén compuxemos estas palabras identificando as letras correspondentes. Pintamos landras coas pinturas acuarelables, e despois recortámolas para decorar a nosa aula. Coñecemos as cores típicas do outono (laranxa, marrón...) e experimentamos con auga e colorante alimenticio, facendo mesturas ata conseguir crealas. Ademais, o esquío deixounos onte unha carta contándonos que a fin de semana estivo facendo mandalas así que falamos na aula sobre eles e decidimos buscar información para saber o que eran. Pintamos uns moi bonitos e estes días continuaremos a facer algúns máis pero un pouco diferentes... xa volo ensinaremos!

No hay comentarios:

Publicar un comentario