PEQUECIES

PEQUECIES
El blog de Educación Infantil del CEIP Illas Cies

miércoles, 29 de septiembre de 2021

Sesións psicomotricidade con cadeiras en 4 e 5 anos

Hoxe trasladamos a sesión de psicomotricidade ao patio exterior, aproveitando o bo tempo.
Nesta ocasión fixemos dous xogos con cadeiras. 
O xogo das cadeiras solidarias, basado no clásico xogo das cadeiras, pero coa diferenza de que neste xogo non eliminamos a ningún participante. Soa a música e o alumnado corre ao redor das cadeiras, cando a música para, o alumnado debe buscar unha cadeira baleira pero... se non hai ningunha cadera baleira que facemos? Pois buscamos a cadera dun compañeir@ para compartir.
Traballamos así a colaboración, a solidaridade e o coidado e respecto cara os demais.

O máis divertido foi caerse e tentar colocarnos todos nunha única cadera. Un reto moi complexo!!! 

Despois fixemos tamén un pequeno percorrido de equilibrios, pasando dunha cadera a outra.

Así o fixeron os alumnos/as de 4 anos:



E así se divertiron os 5 anos:


No hay comentarios:

Publicar un comentario