PEQUECIES

PEQUECIES
El blog de Educación Infantil del CEIP Illas Cies

jueves, 20 de enero de 2022

Letras da Paz. 5 anos

Entre tódolos mensaxes dos nenos e nenas de Paz escollemos dúas frases: A Paz comeza cun sorriso e A Paz é compartir. E decoramos estas dúas frases con distintas técnicas: dous equipos pintaron as letras con témpera sólida e despois pegaron pedras brillantes e os outros dous equipos pintaron as letras con témpera líquida e papel de burbulla. Estas dúas frases formarán parte das escaleiras do noso colexio cando estén rematadas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario