PEQUECIES

PEQUECIES
El blog de Educación Infantil del CEIP Illas Cies

lunes, 4 de abril de 2022

OBRADOIRO ANTIGUORAMA. 3 ANOS

Na antigüidade, para ser un bó peregrino, necesitabamos vestirnos, coller un pau coa punta de ferro (para defendernos de lobos que nos poidamos atopar no camiño) e encher a nosa bolsa de froita, prato e culle, moedas de ouro, coitelo, cantimplora que pode ser de coiro ou de cabaza!!!
Grazas a este obradoiro, descubrimos moitas cousas do camiño de Santiago, entre elas, algúns oficios: canteiros: picamos pedra; ferreiros; fixemos lume coa fragua,... para facer ferraduras para cabalos,...
Así como facer lume para iluminarnos.
Ás veces cando se xuntaban os peregrinos, desfrutaban contando lendas, como esta lenda Da Moura, qeu se lle dabamos 3 bicos á serpe, deixábanos abrir o seu tesouro: moedas de chocolate.
Cando nos atopábamos con ladróns no camiño, había guerreiros chamados templarios que eran os actuais policias de hoxe en día, iban nos seu cabalos e empregaban espadas e látigos para castigar aos ladróns. Ditos templarios coidaban e alimentaban aos peregrinos se estes o necesitaban.
Esta viaxe ao pasado, permitiunos coñecer de cerca o camiño de Santiago en profundidade.Grazas pola visita. Encantounos!!! Espero que vos o disfrutedes.

No hay comentarios:

Publicar un comentario