PEQUECIES

PEQUECIES
El blog de Educación Infantil del CEIP Illas Cies

martes, 6 de diciembre de 2022

Calendario Nadal en 4 anos

Xa comezamos o mes de decembro e por tanto xa estamos moi preto de recibir a visita de Papa Noel nos nosos fogares.

Por iso na nosa aula creamos un calendario de Nadal, para saber exactamente cantos días faltan para  Noiteboa. Neste calendario, cada día recibimos unha misteriosa carta cunha misión moi especial. 

O luns, ao chegar a clase, descubrimos unha nova misión, a de crear un adorno de Nadal: uns bastociños navideños con abalorios e limpiapipas. 

En primeiro lugar dímoslle a forma de bastociños aos limpiapipas e logo decorámolos con abalorios vermellos e brancos, ensartándoos nos limpiapipas.
Estivemos moi concentrados para crear uns adornos preciosos. 

Queredes velo? 

No hay comentarios:

Publicar un comentario