PEQUECIES

PEQUECIES
El blog de Educación Infantil del CEIP Illas Cies

martes, 19 de diciembre de 2023

Obradoiros Nadal

Esta mañá fixemos 3 obradoiros co alumnado de infantil:

✅️ Obradoiro de cociña, organizado pola mestra Raquel, onde o alumnado creou uns divertidos bonecos de neve con pan de molde, chocolate líquido e lacasitos.

✅️ Obradoiro de mandalas, coa mestre Mónica, onde o alumnado deixou voar a súa creatividade para confeccionar diferentes mandalas con elementos naturais: piñas, follas, paos, bellotas, tronquiños de madera, pedras... combinándoos con elementos navideños.

✅️ Obradoiro navideño, coa mestra Karina, onde o alumnado decorou unha árbore de nadal e un agasallo con pinturas e minipezas (botóns, cascabeis, pedras de cores, cubos de madeira...).

Neste vídeo podedes ver un resumo das actividades.

 

Pásalo xenial e, sobre todo, experimentamos e creamos cousas novas!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario