PEQUECIES

PEQUECIES
El blog de Educación Infantil del CEIP Illas Cies

domingo, 14 de junio de 2020

Actividades do 15 ao 19 de xuño

A primeira proposta é ver o conto do Pez Arco Iris e reflexionar sobre os seus valores: é importante compartir, tratar ben os amigos...


A segunda proposta é facer o noso propio Pez Arco Iris brillante cun Cd vello que teñamos pola casa podemos debuxarlle as escamas con rotulador e añadirlle as aletas e cabeza cun trozo de cartolina ou folio pintado  e podemos pegarlle un ollo tamén. 


A terceira proposta é facer un xogo de motricidade fina coa auga. Consiste en encher unha tina ou caldeiro con tapóns das botellas que teñamos por casa e despois temos que intentar atrapalos con dous paus ou palliñas. A ver cántos pescades.


A cuarta proposta é facer un cofre do tesouro. Precisamos unha oveira pequena que podemos pintar con témperas de cor azul ou senón temos rotuladores. Despois como xa fai bo tempo podemos ir a pasear pola praia e coller cunchas, algunha pedra... todos esos tesouros que atopemos podemos gardalos no noso cofre. E despois podemos contar cántos obxetos atopamos. Cantos ocos nos faltan por gardar algún tesouro.


A quinta proposta é mesturar bastante auga cunha pouca de témpera e xabón de lavar os pratos. Mesturamos ben todo e cun pau dun pompeiro sopramos ben forte así pintamos coas pompas de xabón de cores xa veredes qué bonito cadro nos queda. Tamén o podemos facer con outra técnica se temos pistolas de auga encher a pistola coa auga e témpera e disparar sobre o papel. 



Finalmente felicitar aos nenos que cumpren anos en verán que esta última semana de clase sería cando o celebráramos todos xuntos. Parabens Xián e Martina.








No hay comentarios:

Publicar un comentario