PEQUECIES

PEQUECIES
El blog de Educación Infantil del CEIP Illas Cies

jueves, 24 de septiembre de 2020

Chegou o outono á aula de 5 anos

Hoxe ao chegar a nosa aula atopamos un rastro de follas por todo o chan. Moi sorprendidos, seguimos o camiño de follas ata que nos atopamos cun visitante misterioso: un esquío, que viñera de visita a nosa aula e deixounos unha carta onde nos preguntaba se podía quedarse uns días na aula e a cambio  nos axudaría a investigar o outono (a nova estación que acaba de comenzar).   


Tamén nos comentou que nos iría deixando sospresas durante este tempo que estivese na nosa aula.
A primeira petición que nos fixo hoxe foi que observasemos as follas que nos deixo no chan, a súa cor, textura... e que fixeramos unha silueta con elas e logo as decorasemos. Queredes velo?   


No hay comentarios:

Publicar un comentario