PEQUECIES

PEQUECIES
El blog de Educación Infantil del CEIP Illas Cies

sábado, 12 de septiembre de 2020

Primeiro día de cole en 5 anos

O venres 11 voltamos de novo ao cole. Xa tiñamos moitas ganas de ver de novo as nosas cariñas e  de estar xuntiños.
Este ano hai moitas novedades na nosa aula. A primeira  novidade que coñeciamos o venres foi unha nova maneira de facer a asamblea: pasar lista, ver cántos alumnos/as viñeron ao cole, cántos quedaron na casa, as rutinas diarias da semana, o calendario... 
Agora facemos a asamblea na pizarra dixital, porque xa somos moi maiores e así mantemos a distancia social entre nós. Esta semana comezou Lara, sendo a encargada da aula. 
Queredes ver o ben que o fixo e o atentos que estaban todos?? 

No hay comentarios:

Publicar un comentario