PEQUECIES

PEQUECIES
El blog de Educación Infantil del CEIP Illas Cies

miércoles, 9 de junio de 2021

Papel de burbulla en 5 anos

Hoxe empregamos unha nova técnica plástica na aula: pintura con papel de burbulla.
Para esta técnica temos que forrar os rodillos de plastilina con papel de burbulla. Logo xiramos o rodillo, empapado en témpera nun folio en blanco e a divertirse...

O obxectivo era crear o fondo dun ceo para unha actividade de grafismo creativo dun arco da  Vella, que estamos facendo estes días. E que mañá remataremos.


Como o papel de burbulla é moi motivador. Despois da actividade, aproveitamos para empregar diferentes técnicas e experimentar con el. 
Cada neno/a colleu un novo anaco e experimentamos: explotamos as burbulla, pintamos con xiz, pintamos con acuarela e con rotuladores e logo botamoslle auga por enriba, recortamos, pegamos Gomets, creamos cometas, estampamos con simetrías coloreando una metade e dobrando despois o papel para que se transferise a cor na outra metade.... En fin, un sinfín de experiencias que xurdiron de forma espontánea polos propios alumnos/as. 

Tamén rematamos os nosos birretes para a graduación e festa de infantil, que celebraremos na aula o día 22 de xuño.

No hay comentarios:

Publicar un comentario