PEQUECIES

PEQUECIES
El blog de Educación Infantil del CEIP Illas Cies

martes, 8 de junio de 2021

Bocata vexetal en 5 anos

Hoxe preparamos para merendar un delicioso bocata vexetal, pois aínda nos  quedaba algunha leituga no horto escolar.

 
Con moito coidado lavamos as leitugas e preparamos os ingredientes para facer os bocatas.


Recibimos a visita dun chef moi especial, que nos explicou o saudable que é comer vexetais, verduras e hortalizas. 



E por fin chegou o mellor... degustalos nos patio!! 😋


Tamén rematamos de facer os birretes e borlas que nos quedaron onte pendentes. 

E eliximos a cor do lápiz que nos imos levar, como agasallo de recordo por ter rematado educación infantil.



Un bonito agasallo que levarán a casa o último día de clase, para que no se esquezan de min nin desta bonita etapa escolar.

2 comentarios: