PEQUECIES

PEQUECIES
El blog de Educación Infantil del CEIP Illas Cies

jueves, 28 de octubre de 2021

Semana Samain en 3 anos

Esta semana estamos de festa no cole e non paramos de traballar coa temática relacionada co Samain.

Creamos monstruos, ceras e portavelas terroríficos, quedamos abraiados e fascinados coa decoración do cole, na que cada ano o ANPA  superase máis e máis... (MOITAS GRAZAS A TODOS). 

Coñecemos a biblioteca do cole e a Bruxa Regañadentes, que resultou ser unha meiga moi simpática. Disfrazámonos, fixemos desfiles, bailamos, cantamos e limos moitísimos contos de monstruos e bruxas. 


Neste vídeo podedes ver un resume de todo. 


Ademais seguimos traballando co proxecto das galiñas e pitiños, coidándoos, alimentándoos e sobre todo, dándolles moitos arrumacos. Tamén aprendimos o ciclo da súa vida. 
Un a un, o alumnado foi contando o que aprendeu. 
Neste video podedes ver un exemplo de Xiana, explicando como nacen as galiñas. 


E sobre todo, na nosa aula respetámonos, querémonos e fomentamos valores de traballo en equipo. 

No hay comentarios:

Publicar un comentario