PEQUECIES

PEQUECIES
El blog de Educación Infantil del CEIP Illas Cies

miércoles, 20 de octubre de 2021

Sorpresa, sorpresa....na incubadora en 3 anos

Hoxe ao chegar ao cole a mestra Leti cóntounos que recibiu unha mensaxe da vaca Margorie no seu correo electrónico. 


Onte pola tarde comenzaron a eclosionar os primeiro Ovos e hoxe xa naceran 4 pitiños!!

 

Moi emocionados escoitamos a súa mensaxe. 

Analizamos a mensaxe e desciframos que a vaca nos gastou unha broma e ela non foi a que puxo os Ovos, xa que naceron 4 pitiños e non 4 vaquiñas!!!!

Ademais na aula comenzamos a escoitar piar aos pitiños, así que fomos coñecelos. E nos demos conta que tiñamos que crear un novo fogar para eles/as, porque xa non se podían seguir quedando na incubadora. Puxémonos mans á obra e creamos unha especie de niño cunha caixa e trouciños de palla e papeis de periódico. 

Preparamos auga e un pouco de pienso, porque descubrimos que aínda son moi pequeniños para comer millo e pan. 

No hay comentarios:

Publicar un comentario