PEQUECIES

PEQUECIES
El blog de Educación Infantil del CEIP Illas Cies

domingo, 27 de noviembre de 2022

25 Novembro: Día internacional da eliminación da violencia contra a muller en infantil

Ao longo desta semana fixemos diversas actividades para traballar o 25N.
O alumnado de infantil tiñamos que crear o mural dunha muller coa mensaxe: Quereme ben!!! para o acto do 25N. 

Ademais a mestra Maruxa cóntounos "O libros dos porcos", escrito por Anthony Browne. Trátase dun conto para concienciar ao alumnado sobre a importancia da igualdade de xénero, no que se relata a historia dunha familia de porquiños, que non axudaban nunca nas tarefas do fogar, ata que un día a nai farta de facer todo na casa decide marcharse durante uns días para que valoren a dificultade de traballar na casa e fóra da casa.


Finalmente o 25 asistimos a un pequeno acto onde o alumnado de primaria leu un breve manifiesto contra a violencia exercida ás mulleres e no que gardamos un minuto de silencio por a todas as víctimas. 

No hay comentarios:

Publicar un comentario