PEQUECIES

PEQUECIES
El blog de Educación Infantil del CEIP Illas Cies

miércoles, 2 de noviembre de 2022

O Samaín en educación infantil

O venres 28 de outubro foi un día de moitas emocións, pois celebramos o Samaín no colexio.

A xornada estivo chea de moitísimas actividades. 
Comezamos a mañá visitando a biblioteca, onde coñecemos a Santa Compaña. E despois tivemos unha sesión de cine terrorífico coa película Hotel Transilvania 4.

E rematamos a xornada cuns obradoiros terroríficos. 

O alumnado dividiuse en 4 equipos, onde estaban mesturados nenos/as de 3, 4 e 5 anos, que rotativamente ían pasando polos diferentes obradoiros:

✔️ Equipo meigas 🧙
✔️ Equipo Frankenstein🧟‍♂️
✔️ Equipo cabazas🎃
✔️ Equipo pantasmas👻

Os obradoiros eran:

➡️ Cociñamos agullas de sangue, con xumes de arándanos e granada. 

➡️ Obradoiroo de motricidade fina, onde creamos pulseiras cos nosos personaxes de medo favoritos. 

➡️ Obradoiro sensorial, onde tiñamos que meter as nosas mans en caixas misteriosas. 


➡️ Obradoiro de experimentación e mesa de luz

Queredes velo? 

No hay comentarios:

Publicar un comentario