PEQUECIES

PEQUECIES
El blog de Educación Infantil del CEIP Illas Cies

lunes, 15 de noviembre de 2021

Coidamos galiñas en 4 anos

E por fin....esta semana, a nosa aula é a encargada do galiñeiro. 

As nosas tarefas diarias, ao longo da semana,  son: 

✔️ Todos os días temos que deixar libres as galiñas.
✔️ Poñémoslles comida e bebida
✔️ Recollemos os ovos, que van poñendo
✔️ Limpiamos o niño, onde poñen os ovos e repoñemos a palla nel
✔️ Dámoslles o pan reseso, mollado en auga, para rebrandécelo
✔️Dámoslles berzas
✔️ Ao final da mañá voltamos meter as galiñas dentro do corral. 

Así que xa dende segunda hora puxémonos mans  a obra e pasámolo xenial!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario