PEQUECIES

PEQUECIES
El blog de Educación Infantil del CEIP Illas Cies

lunes, 8 de noviembre de 2021

Coidamos das galiñas en 3 anos

Esta semana temos unha misión moi importante no colexio: somos os encargados de coidar o galiñeiro!!!

As nosas misións e tarefas, ao longo da semana,  son: 

✔️ Todos os días temos que deixar libres as galiñas.
✔️ Poñémoslles comida e bebida
✔️ Recollemos os ovos, que van poñendo
✔️ Limpiamos o niño, onde poñen os ovos e repoñemos a palla nel
✔️ Dámoslles o pan reseso, mollado en auga, para rebrandécelo
✔️ Ao final da mañá voltamos meter as galiñas dentro do corral. 

Así que xa dende primeira hora puxémonos mans  a obra e pasámolo xenial!! 


Tamén fomos a aula de psicomotricidade e, como esta semana temos esa misión tan especial, fixemos un xogo relacionado coas galiñas, chamado "galiñas e vermes". 

O alumnado xoga por parellas. Un neno/a será a galiña e outro o verme. Ao sinal de vermes, os nen@s que interpretan ese papel deben desplazarse polo chan como se fosen vermes. E o sinal de galiñas os neno@s que interpretan ese papel deben tentar de atrapalas e arrástralas polo chan, colléndoas soamente polos pés.

Queredes ver o ben que o pasamos? 

No hay comentarios:

Publicar un comentario