PEQUECIES

PEQUECIES
El blog de Educación Infantil del CEIP Illas Cies

jueves, 18 de noviembre de 2021

Brocheta froitas e novo experimento en 3 anos

Hoxe, aproveitando que era o día no que nos tocaba merendar no cole froita, fixemos unhas deliciosas brochetas de froitas. Grazas a todas ás familias pola vosa colaboración!!!



Ademáis, como estamos no mes de novembro, o mes da ciencia no noso cole, onte volvimos facer un novo experimento.  

Cales son os efecto do auga nas piñas? 

Descubrimos que se sumerxemos as piñas en auga péchanse, e cando se secan voltan abrirse... Pero sabedes o porque? 
 

As piñas albergan no seu interior as semillas dos piñeiros (os piñóns) e teñen a función de protexelas ata que as condicións exteriores sexan as axeitadas para que cando caían á terra podan xerminar.

Así que cando hai humidade  (é dicir, cando as sumerxemos en auga ou as mollamos) as piñas péchanse para evitar que os piñóns caían á terra. Increíble, verdade? 

No hay comentarios:

Publicar un comentario