PEQUECIES

PEQUECIES
El blog de Educación Infantil del CEIP Illas Cies

domingo, 29 de marzo de 2020

Proposta de actividades do 30 de marzo ao 3 de abril para 4 anos. Mestra Mónica

Ola!! 
Unha semana máis, propóñovos unha serie de actividades para facer máis divertidos estes días de confinamiento.
Todas as actividades que vos propoñemos para a vindeira semana están relacionados co coronavirus, porque aínda que os rapaces de 5° de infantil son bastante pequenos/as, tamén están vivindo unha situación excepcional, que lles pode causar estrés e inseguridade. O obxectivo das mesmas é explicarles de maneira visual e lúdica en que consiste o coronavirus, como podemos combatelo e crear neles/as a maior seguridade posible. 
  1. Aquí podedes visionar un conto narrado por min, sobre o coronavirus e as medidas básicas de hixiene para protexernos. Despois de escoitalo deberemos crear e decorar o noso propio escudo protector, con cartóns de caixas de zapatos, leite ou calqueira outro material do que dispoñamos. Deixade que os vos@s fill@s empreguen a súa imaxinación e creatividade. Para poder activalo non esquezades seguir os 4 sinxelos pasos que explicamos no conto. 


2.  A nosa segunda proposta está inspirada nunha iniciativa creada pola mestra de Educación física Patricia Ciria, que creo unha coreografía contra o coronavirus para o alumnado do colexio Sancho Ramírez de Huesca.
A continuación podedes ver a coreografía de Patricia Ciria.



Tamén vos deixo a que fixen eu, imitándoa, aínda non teño tanto ritmo coma ela 😅


3. Estes días seguro que estades escoitando moitas veces este lema: Quédate na casa!!
A seguinte tarefa está relacionada con el, por iso, pídovos que creedes as letras deste lema e lle fagades unha foto. Podedes empregar materias naturais, pezas de lego, pinzas da roupa, prendas de vestir... Ou mesturar varios materias para crear o lema.

Aquí vos deixo ou meu!!




4. Experimento para explicar aos nenos/as a importancia de lavar as mans para eliminar os virus (como o coronavirus). Para facer o experimento necesitamos pan de molde, bolsas plásticas con peche hermético, luvas, auga e xabón.
Explicámoslles aos nenos/as que collan as rebanadas de pan coas mans sen lavar e as metan nunha bolsa de plástico, logo facemos o mesmo con outra rebanada de pan coas mans limpias e por último con luvas. Deben escribir nas bolsas se as mans estaban limpas, sucias ou con luvas. Para ver o resultado do experimento deben pasar varios días ou semanas.
Queredes saber que pasou? A solución no seguinte vídeo.


5. Manualidades sobre o coronavirus. Neste apartado propóñovos 3 xogos diferentes. 

  • Primeiro un xogo, que seguro que moitos xa coñedes.  


Santiago Santana, enfermeiro e avogado, creou un xogo para prevenir o virus COVID-19 en nenos e nenas. A través dun sistema de premios, potencia que os nenos/as se laven as mans con frecuencia, pintándolles cada día o coronavirus no dorso da man. O obxectivo é que o bichiño debuxado desapareza ao final do día, tras lavarse moito as mans.

  • En segundo lugar a actividade: "Que sento co coronavirus?" Os nenos/as poden sentirse frustrados ou enfadados por no poder ver aos seus amigos/as e aos seus familiares, pero tamén contentos/as por pasar máis tempo con papá e mamá. Podedes xogar ao xogo das emocións, pero adaptado á situación que estamos vivindo coa crise do coronavirus. Consiste en crear unhas tarxetas para traballar as emocións cos nenos/as. Teñen que facer unhas tarxetas (mínimo seis) con caras debuxadas que expresen diferentes emocións: Tristeza, enfado, medo, alegría, aburrimento, cansancio, etc.. Logo, farémoslles varias preguntas sobre como se senten e os rapaces/as terán que respondernos coas tarxetas. Por exemplo: Como te sentes cando escoitas noticias na tele sobre o coronavirus? Como te sentes estando na casa? Como te sentes sen ir ao colexio? Como te sentes sen ver aos teus amigos/as? Como te sentes sen ver aos teus tíos ou avós? Como te sentes pasando máis tempo con papá e mamá? Que sentes cando saímos ao balcón a apraudir? 

  • En terceiro lugar facer un coronavirus con un globo ou unha luva de látex.   Esta idea parte da Fundación Vedruna Educación. Aquí vos deixo o video para que podades ver como facela e cal e o obxectivo da mesma. 





No hay comentarios:

Publicar un comentario