PEQUECIES

PEQUECIES
El blog de Educación Infantil del CEIP Illas Cies

martes, 3 de marzo de 2020

Contacontos igualdade en 4 anos

Hoxe tivemos unha sesión de contacontos sobre a igualdade e a diversidade das familias.
A protagonista da historia era unha cadeliña chamada Guau, que estaba buscando unha familia que a adoptase.
Atopouse primero cunha formiga, que tiña unha familia moi numerosa e ofréceulle quedar a vivir con ela debaixo dunha pedra pero Guau non puido entrar na formigueira. 
Seguiu o seu camiño e atopou unha cigüeña macho, que vivía só e tamén estaba disposto a adoptar a Guau, pero non puido facelo porque non podía subir ao seu niño na árbore.
Despois Guau coincidiu con dous ratos, que lle ofreceron vivir con eles dentro dun tronco, pero Guau tiña medo á oscuridade e tivo que marcharse. 
Xa canso, sentouse nun banco dun parque e alí atopou a Marcos, un neno que lle preguntou as súas nais se podían adoptalo e así finalmente Guau atopou unha familia que o quixo moitísimo. 



No hay comentarios:

Publicar un comentario