PEQUECIES

PEQUECIES
El blog de Educación Infantil del CEIP Illas Cies

martes, 3 de marzo de 2020

Búsqueda do tesoro en 4 anos

Hoxe ao chegar a aula, despois da sesión de psicomotricidade, atopámonos cunha gran sorpresa. Tiñamos na aula un tesouro agochado.
Para poder atopar o tesouro necesitabamos descifrar un mapa atrapado cun candado.
Primero intentamos abrir o candado, pero descubrimos que era un candado que só se abría cun código numérico.
Para poder obter o código tiñamos que superar 3 probas. 
Hora de comezar, pero antes dividimonos en 2 grupos e eliximinos un capitán/ana para cada un.
- A primeira proba consistía en buscar 5 diferencias. Cando as atopabamos, recibíamos unha monediña para poder rascar e atopar o número oculto.
- A segunda proba consistía en localizar as letras escondidas en 3 obxectos e formar con ellas unha palabra. 
- A terceira proba era descifrar unha mensaxe segreda (cuento). Despois tiñamos qué ir ao rincón da lectura e buscar o conto do "flautista de Hamelin" e dentro del atopar o terceiro número do código. 
Finalmente, xa tiñamos o código descifrado: 2-1-3. Marcámolo no candado e conseguimos o mapa.  
Ágora só tiñamos que descifrar o mapa da nosa aula  e dirixir un robot ao espazo onde estaba escondido o tesouro. 
Tesouro atopado!!!!: 2 xogos do tres en raia. 


2 comentarios: