PEQUECIES

PEQUECIES
El blog de Educación Infantil del CEIP Illas Cies

domingo, 22 de marzo de 2020

Propostas de actividades do 23 ao 27 marzo en 4 anos. Mestra Mónica


Boa semana a tod@s, espero que vos atopedes ben e non estedes aínda moi aburridos. 
En primeiro lugar, quero agradecevos o vídeos e mensaxes que me estades a mandar coas actividades que estades facendo na casa. 

Para esta semana quérovos propór: 
  1. Un dos xogos que, nas últimas dúas semanas, xa comezamos a xogar na aula de informática e que lle encanta ao noso alumnado. Trátase do xogo caracol Bob 2, que é un xogo de estratexia, que ten como obxectivo axuda ao caracol Bob a chegar a festa do aniversario do seu avó.

Aquí vos deixo o enlace.


2. Bingo numérico. Esa actividade iniciámola na última semana que tivemos clase. Trátase de xogar a un clásico: o bingo. Deste xeito practicamos o recoñecemento e a grafía dos números do 1 ao 20.
Repartimos un cartón de bingo entre todos os participantes e os xogadores deben tachar cunha X os números que vai an saíndo. O primeiro que consiga tachar todos os números debe dicir Bingo e gañará o xogo.  Despois, para practicar as grafías dos números deden escribir todos os números que sairon do seu cartón.
Os números, que vaian saíndo, os podedes facer con anaquiños de papel dobrados ou ben empregando números de xoguete que teñades na casa. Debedes meter todos os números nunha caixa, saquiño ou bolsa e ir sacándoos dun en un. Para facilitar a tarefa podedes escribir nun encerado ou papel os números que vaian saíndo. 
Aquí vos deixo os cartóns do bingo para que os imprimades ou ben os fagades vos mesmos.   


3. Carreira de canicas, boliñas de papel, botóns, lentellas, garbanzos...  
Facemos un circuito para a carreira, trazando dous líneas paralelas con xiz ou ben con líneas con cinta de carrocero ou cinta adhesiva. Sinalamos a saída e a meta. Por quendas van lanzando as canicas cos dedos, se a canica sae do circuito débese volver a comezar.   


Variantes do xogo: no canto de empregar canicas podemos utilizar tapóns, botóns, lentellas, garbanzos, boliñas de papel... 
Outra variante sería mover as canicas ou outro material soprando e non cos dedos. 

4. Baile "Eu me quedo en casa". Propoño que fagamos un pequeno vídeo, bailando a canción "Me quedo" de Lola Índigo e Aitana Guerra, para combatir o coronavirus, coa nosa pequenha aportación e seguindo as recomendación sanitarias e gubernatais, de confinarnos na casa, baixo o lema #eu me quedo en casa#. Aquí vos deixo o vídeo coa canción para que a poñades como fondo e a miña aportación.
Despois, se me as facedes chegar, crearei un montaxe con todas as vosas aportación.


Aquí vos deixo a miña aportación!! 




5. Cociñando fruta sana e divertida. Esta actividade tiña pensado facela co alumnado da aula o luns 23 de marzo, para celebrar o meu cumple con eles (porque o sábado 21 foi o meu aniversario). Pero non vos preocupedes porque xa a faremos o curso que ven) pero mentras tanto, pensei que a poderiades facer vós nas vosas casas. Aquí vos deixo algunhas propostas, pero en función das froitas que teñades en casa podedes adaptala.

  








2 comentarios:

  1. OLA FAMILIAS!! ESPERO QUE PASEDES UNHA BOA SEMANA E DISFRUTEDES EN FAMILIA COA PROPOSTA DAS TAREFAS!! SON SÓ PROPOSTAS, ASÍ QUE CADA UN QUE FAGA AS QUE CONSIDERE OPORTUNAS OU SE ADAPTEN AS SÚAS POSIBILIDADES, NESTES EXCEPCIONAIS MOMENTOS. UNHA APERTA A TOD@S!!

    ResponderEliminar
  2. Por cierto, na páxina web do centro podedes consultar o correo electrónico de infantil, para solventar dúbidas, facernos comentarios, enviarnos fotos ou vídeos de todo o que vaiades facendo, solicitarnos información dos vosos fillos/as, consellos ou o que consideredes oportuno. Tamén podedes envialo ao meu móvil persoal, sen ningún tipo de problema.

    ResponderEliminar