PEQUECIES

PEQUECIES
El blog de Educación Infantil del CEIP Illas Cies

lunes, 23 de marzo de 2020

Mindfulness na casa II

Ola
Aquí vos deixo  unha nova proposta para continuar traballando mindfulness.

Os astronautas .- Somos astronautas que descobren  vida noutro planeta e temoslle que explicar os nosos novos amigos como e a nosa  froita favorita: cor, textura, olor, sabor, tacto. Cantos mais detalles mellor.


A ra.- As ras son animaliños que se moven  moi rápido con grandes chimpos pero tamen son quen de estaren quietas un bo anaco de tempo. Iso e o que imos intentar. Sentemos nunha  postura cómoda e comecemos a respirar tranquilos. Imos notar como o noso abdome crece coma un globo e logo se desinfla. Imos continuar respirando sen que nos perturbe o que acontece ao noso caron, soamente pensando na respiración. As primeras veces as crianzas non aguantarán mocito tempo pero se o convertemos nun  hábito pouco a pouco irán sendo capaces de permanecer en calma durante mais  tempo.


Chove ?- Con esta  actividade imos falar  de como nos sentimos. Buscaremos un intre  tranquilo no que poder falar con calma e comezaremos  explicando cómo nos sentimos: o sol reloce  no meu  interior, hai  nubarróns de tormenta, comeza  a poallar... Comparar os nosos sentimientos con situacions que coñecen pode axudarlles a recoñecer mais facilmente esas emocions . Pero e moi importante que tamen empreguemos  a palabra adecuada: estou  tranquila e contenta, anoxada , un pouco triste. Sería interesante continuar mergullandonos no noso interior para poder ver porqué nos sentimos así. E lembrade: ningunha emoción e mala. Temos dereito a sentirmos e a expresar o que nos pasa. O que si podemos e axudar  a  buscar estratexias  que nos axuden a estar mellorar.



Camiño da escola.- Hai días que non saimos. Seremos quen de ir ao cole mentalmente? Intentemos chegar  dando o maior  número de detalles: que tendas  hai, con que me soia  atopar , algún olor especial,  que se escoitaba, quen me acompañaba, como estaba o colexio  ao chegar... Esta  actividade pode permitirnos falar de como nos sentimos estes días que non podemos ir. E moi importante que falen do que están sentindo.

Moito ánimo e lembrade NUNCA CHOVEU QUE NON ESCAMPARA

No hay comentarios:

Publicar un comentario