PEQUECIES

PEQUECIES
El blog de Educación Infantil del CEIP Illas Cies

lunes, 16 de noviembre de 2020

Reproducción de patróns con rotuladores e xogo de búsqueda en 5 anos

O luns 16 de novembro fixemos unha actividade de reproducción de patróns utilizando os rotuladores que ten cada neno/a na súa cesta de material escolar. 

Con esta actividade traballamos a percepción e discriminación visual, a orientación espacial e as simetrías.

Primeiro reproducimos os patróns das láminas pero posteriormente deixamos voar a nosa imaxinación e fixemos as nosas propias creacións: casas, números, formas xeométricas, letras... 


Ademais tamén traballamos un xogo de búsqueda.  
Tiñamos que debuxar 3 obxectos: dúas tartas e unha tableta de chocolate. Metemolos en tres caixiñas, mesturamos moi ben as caixas e, por parellas, debiamos localizar un dos obxectos (o chocolate), traballando así atención. 


No hay comentarios:

Publicar un comentario