PEQUECIES

PEQUECIES
El blog de Educación Infantil del CEIP Illas Cies

sábado, 14 de noviembre de 2020

Abecedario con pezas soltas en 5 anos

O venres 13 de novembro traballamos o abecedario na nosa aula.


A actividade tiña como obxectivo construir  todas as letras do abecedario, utilizando diversas pezas soltas que temos na aula, creando así un abecedario efímero. 
En primer lugar tivemos que observar todas as letras do abecedario e fixarnos nas súas formas.
Despois metimos todas as letras nun saquiño e fomos sacando  un a un, cada unhas das letras. 
Esta foi unha das partes máis divertidas da actividade. Ver a cariña de sorpresa e alegría coa que ían sacando as letras e relacionándoas cos nomes dos seus compañerir@s, foi moi emocionante!!

 
Unha vez que tiñamos todas as letras, comezou a construcción das mesmas. Cada alumn@ podía elixir o material que ía utilizar, coa única consigna que debía colócalas na orde do abecedario. Para elo utilizamos a axuda duns puzzles que temos na aula.  

O resultado foi espectacular!!  

Pero o mellor viña despois, destrozalo todo sen preocuparse de estropear nada, porque é arte efímero!! 


No hay comentarios:

Publicar un comentario