PEQUECIES

PEQUECIES
El blog de Educación Infantil del CEIP Illas Cies

martes, 10 de noviembre de 2020

Grafismo Creativo en 5 anos

Hoxe martes iniciámonos nun taller de grafismo creativo, que a partires de agora faremos cada semana.
Nesta ocasión y dado que nos atopamos en outono, comezamos co grafismo dunha landra, inspirándonos nunha idea de @miminipandi.

En primer lugar observamos o debuxo e vimos que o debuxo da landra estaba dividido en diferentes seccións.
Logo, entre todos, fomos pensando diferentes tipos de trazos: líneas rectas, espirales, puntiños, cadrados, corazón...  e practicámolos no encerado. 
Agora só tiñamos que decidir que grafismo íamos facer cada un en cada sección.


Unha vez rematada a decoración da landra, a recortamos. 
Noutro folio en branco pegamos un gómets no centro. Aproveitamos para traballar conceptos como centro e esquina. 
Despois tiñamos que dibuxar diferentes líneas de cores dende o centro do folio cara todos os bordes do folio. 

Seguidamente, pegamos a landra e decoramos con gómets e puntiños feitos con rotulador. 
Foi un traballo moi meticuloso pero quedou fenomenal!! 

Con esta actividade traballamos os trazos e a grafomotricidade  dunha maneira moito más orixinal e lúdica, ademáis de traballar outros conceptos como a precisión, orientación, o pulso, a destreza motriz, a imitación o coidado e limpeza no traballos... 



No hay comentarios:

Publicar un comentario