PEQUECIES

PEQUECIES
El blog de Educación Infantil del CEIP Illas Cies

lunes, 9 de noviembre de 2020

Nova actividade na aula de 5 anos: Letras ou números? e cumple de Xiana

O luns 9 de novembro foi un día moi especial na nosa aula.
Cando chegamos á aula atopámonos cunha nova proposta do esquío Darío. 
Nesta ocasión tiñamos que facer un xogo de discriminacion visual.

Nun recipiente cheo de area debiamos desenterrar números e letras, como se fosemos paleontólogos. 

Cada vez que atopabamos unha debiamos clasificala en letra ou número. 

Unha vez desenterradas todas as letras e os números, tiñamos que facer unha folla de REXISTRO, colocando as letras e os núneros na súa columna correspondente, facer a súa grafía correcta, fixándonos na súa orientación. 

Como vedes trátase dunha actividade moi completa, onde ademáis tamén traballamos a recta numérica, a formación de palabras, a clasificación, a orientación espacial das letras e números, as grafías, a discriminación fonética...

Pero aínda quedaba una sorpresiña máis: Xiana estaba de aniversario e cumpría 5 anos. 

No hay comentarios:

Publicar un comentario